Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 7 de maio de 2018 Páx. 23441

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2018, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dispón a inscrición no rexistro do acordo da Comisión paritaria do convenio colectivo autonómico de centros especiais de emprego polo que se actualizan as táboas salariais do ano 2017.

Visto o acordo da Comisión paritaria do convenio colectivo autonómico de centros especiais de emprego (código 82000775012003), polo que se actualizan as táboas salariais do ano 2017, que subscribiron a representación empresarial e as organizacións sindicais CC.OO. e UGT, na xuntanza celebrada o 3 de abril de 2018, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo,

A Secretaría Xeral de Emprego

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (Rexcon).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2018

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

En Santiago de Compostela, ás 11.00 horas do día 3 de abril de 2018, na sede do Consello Galego de Relacións Laborais, sito na rúa Algalia de Abaixo, 24, baixo, reúnese a Comisión paritaria do convenio autonómico de centros especiais de emprego e asisten as persoas a continuación sinaladas:

Representación empresarial:

Ignacio Rodríguez Sáez.

Esther Blanco Araújo.

Naiara Goicoechea Montero.

Representación sindical:

Beatriz Meilán del Río (UGT-Galicia).

Juan Manuel Loureiro Taibo (UGT-Galicia).

Ángel Iglesias Fernández (UGT-Galicia).

Jesús Pereira Gil (SN de CC.OO. de Galicia).

Logo do debate e exposición das distintas cuestións obxecto desta xuntanza, procede reflectir na acta os seguintes aspectos:

Primeiro. Táboas salariais. Acórdase unha actualización para o ano 2017 do 1,1 % en todas as categorías, excepto naquelas que estaban por debaixo do SMI, categorías en que pasa a aboarse o SMI do ano 2018. Os incrementos que se aplicarán para cada categoría figuran no cadro do anexo I.

Segundo. Todas as partes presentes nesta comisión paritaria propoñen iniciar un proceso negociador, en concreto a negociación das táboas salariais con efectos desde o 1 de xaneiro de 2018.

Terceiro. A representación empresarial, de acordo co resto de partes presentes nesta comisión, propón solicitar a través do Consello Galego de Relacións Laborais unha xuntanza coa Secretaría Xeral de Emprego co obxecto de que traslade a esta comisión a situación actual dos centros especiais de emprego en Galicia.

Cuarto. Respecto á consulta presentada por Cegasal ante esta comisión paritaria, relativa ao convenio colectivo de aplicación na empresa Grafinco, esta comisión, unha vez revisada a documentación económica e o rexistro administrativo presentados, resolve que o convenio de aplicación é o do sector de centros especiais de emprego sen ánimo de lucro de Galicia.

Quinto. Introdución dun artigo sobre sucesión de empresas. As partes acordan pospoñer a súa redacción á apertura dun novo proceso negociador.

Sexto. Valoración da estrutura salarial de Trameve, S.L. respecto ao artigo 4 do convenio colectivo do sector. Acórdase que se retrotraerán as nóminas á situación desde o ano 2011 para separar o complemento persoal, tal e como indica o citado artigo e, a partir disto, aplicaranse as subas e os atrasos correspondentes ao ano 2017, así como a actualización que corresponda para o ano 2018.

Sétimo. Delegar no funcionario do Consello Galego de Relacións Laborais, Ignacio Bouzada Gil, a realización dos trámites de rexistro, depósito e publicación do presente acordo ante a autoridade laboral competente.

E, non tendo máis asuntos que tratar, remata a xuntanza ás 13.30 horas e as partes asinan esta acta en proba de conformidade.

ANEXO I

CEE sen ánimo de lucro

Categoría

Nivel

Nomes

Salario

mensual 2016

Incremento

Salario

mensual 2017

Salario anual 2017

1

N1

Técnico superior nivel 1

1.216,74 €

13,38 €

1.230,12 €

17.221,74 €

 

N2

Técnico superior nivel 2

1.149,12 €

12,64 €

1.161,76 €

16.264,64 €

2

N1

Técnico medio nivel 1

1.081,39 €

11,90 €

1.093,29 €

15.305,99 €

 

N2

Técnico medio nivel 2

1.013,99 €

11,15 €

1.025,14 €

14.352,01 €

3

 

Mando intermedio

912,56 €

10,04 €

922,60 €

12.916,37 €

4

 

Técnico axudante

878,64 €

9,67 €

888,31 €

12.436,27 €

5

N1

Administrativo nivel 1

858,47 €

9,44 €

867,91 €

12.150,78 €

 

N2

Administrativo nivel 2

716,16 €

19,74 €

735,90 €

10.302,60 €

6

N1

Técnico non cualificado nivel 1

713,85 €

22,05 €

735,90 €

10.302,60 €

 

N2

Técnico non cualificado nivel 2

707,70 €

28,20 €

735,90 €

10.302,60 €

7

 

Operario

707,70 €

28,20 €

735,90 €

10.302,60 €

CEE con ánimo de lucro

Categoría

Nivel

Nomes

Salario

mensual 2016

Incremento

Salario mensual 2017

Salario anual 2017

1

N1

Técnico superior nivel 1

1.770,70 €

19,48 €

1.790,18 €

25.062,49 €

 

N2

Técnico superior nivel 2

1.386,44 €

15,25 €

1.401,69 €

19.623,67 €

2

N1

Técnico medio nivel 1

1.304,01 €

14,34 €

1.318,35 €

18.456,96 €

 

N2

Técnico medio nivel 2

1.223,37 €

13,46 €

1.236,83 €

17.315,58 €

3

 

Mando intermedio

1.210,06 €

13,31 €

1.223,37 €

17.127,19 €

4

 

Técnico axudante

1.134,27 €

12,48 €

1.146,75 €

16.054,46 €

5

N1

Administrativo nivel 1

1.035,76 €

11,39 €

1.047,15 €

14.660,15 €

 

N2

Administrativo nivel 2

835,29 €

9,19 €

844,48 €

11.822,69 €

6

N1

Técnico non cualificado nivel 1

831,22 €

9,14 €

840,36 €

11.765,09 €

 

N2

Técnico non cualificado nivel 2

816,42 €

8,98 €

825,40 €

11.555,61 €

7

 

Operario

808,76 €

8,90 €

817,66 €

11.447,19 €