Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 5 de xuño de 2018 Páx. 27418

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DECRETO 57/2018, do 31 de maio, polo que se nomea reitor magnífico da Universidade de Santiago de Compostela o profesor doutor Antonio López Díaz.

A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, regula no seu artigo 20 a forma de elección do reitor e dispón que será nomeado polo órgano correspondente da comunidade autónoma.

Pola súa banda, os estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro, dispón no seu artigo 83 que o reitor será elixido pola comunidade universitaria, mediante elección directa e sufraxio universal libre e secreto e nomeado polo órgano correspondente da Xunta de Galicia.

En virtude do disposto no artigo 20 da Lei orgánica de universidades e nos estatutos da propia universidade, tivo lugar, o día 23 de abril de 2018, un novo proceso electoral para a elección de reitor.

Na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria recibiuse certificación da secretaria xeral da Universidade de Santiago de Compostela en que consta que o día 7 de maio de 2018 foi proclamado reitor electo o profesor doutor Antonio López Díaz.

Na súa virtude, no uso das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, por instancia da Universidade de Santiago de Compostela, por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do trinta e un de maio de dous mil dezaoito,

DISPOÑO:

Artigo único. Nomear reitor magnífico da Universidade de Santiago de Compostela o profesor doutor Antonio López Díaz.

Santiago de Compostela, trinta e un de maio de dous mil dezaoito

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria