Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 18 de xuño de 2018 Páx. 29462

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 6 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á prestación de servizos de asesoramento a persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrícolas ou gandeiras, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018.

O documento de programación de Galicia 2014-2020 establece como liña básica de actuación, entre outras, fomentar a competitividade da agricultura galega mediante a modernización das explotacións agrícolas e gandeiras, a incorporación de agricultores novos en explotacións orientadas ao mercado e con capacidade de diversificación económica.

Un aspecto que caracteriza a actividade agraria en Galicia é a súa estrutura. A gandaría constitúe o alicerce fundamental desta actividade e foise conformando ao redor dunha dobre realidade produtiva.Por unha banda, un grupo principal de explotacións industrializadas con dedicación íntegra á actividade, con rendibilidades condicionadas en certa medida pola dependencia de factores externos, alleos ao control dos produtores e, por outro, un crecente número de produtores de escasa dimensión e dedicación multifuncional a tempo parcial, que comercializan a súa produción a través de mercados locais.

Nos últimos anos o número de explotacións diminuíu de xeito preocupante. A previsión é que esta tendencia se consolide especialmente, as de menor tamaño ou aquelas en que o seu titular está próximo á súa xubilación. Este é un dos motivos polos que o Programa de desenvolvemento rural (en diante, PDR) de Galicia 2014-2020 centra os seus esforzos en mellorar a súa competitividade a través da definición e posta en marcha de diferentes medidas.

O sector primario en Galicia presenta claras oportunidades de crecemento. O desenvolvemento de explotacións menores, tan presentes na comunidade, constitúe unha alternativa ao abandono da actividade agraria favorecendo o mantemento da poboación, aumento do emprego, a economía e a conservación dos recursos naturais. Con todo, é preciso, entre outros aspectos, diversificar a economía destas explotacións para complementar as rendas dos seus titulares, desenvolver produtos de maior valor engadido, de calidade diferenciada e incrementar a produción ecolóxica, cada vez máis demandada polo mercado.

Neste senso, tendo en conta que o nivel de formación dos agricultores se atopan moi por baixo das medias nacional e europea, o desenvolvemento e a mellora da competitividade do sector, non só en materia agronómica senón tamén no ámbito socio laboral e medioambiental debe pasar, indubidablemente, polo asesoramento dos titulares e persoas traballadoras das explotacións agrarias.

As axudas convocadas a través da presente orde ampáranse no Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro do 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1698/2005 do Consello, que establece axudas para apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, o Regulamento (UE) nº 807/2014 da Comisión, do 11 de marzo de 2014, que completa o Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro do 2013, e a Decisión de Execución da Comisión C (2015) 8144 do 18 de novembro de 2015 pola que se aproba o PDR de Galicia 2014-2020.

De conformidade co previsto no artigo 30º.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como no uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

CAPÍTULO I

Bases reguladoras

Artigo 1. Obxecto e finalidade

O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a prestación de servizos de asesoramento no ámbito de actuación da Comunidade Autónoma de Galicia, e convocalas para o ano 2018, no marco do PDR de Galicia 2014-2020 dentro da Medida 2 Servizos de asesoramento, xestión e remuda destinados ás explotacións agrícolas, submedida 2.1 Apoio para contribuír á obtención de servizos de asesoramento (procedemento MR616B).

A medida enlaza esencialmente coa prioridade 1 e, particularmente coas áreas focais 1A (fomentar a innovación, cooperación e o desenvolvemento da base de coñecemento nas zonas rurais). Con todo, dado o seu carácter horizontal, contribúe transversalmente no cumprimento dos obxectivos de todas as prioridades e, en concreto, das áreas focais 2B (facilitar a entrada no sector agrario de agricultores adecuadamente formados e, en particular, a remuda xeracional), 3A (mellorar a competitividade dos produtores primarios integrándoos mellor na cadea agroalimentaria a través de réximes de calidade, engadir valor aos produtos agrícolas, promoción en mercados locais e en circuítos de distribución curtos, agrupacións e organizacións de produtores e organizacións interprofesionais), 4A (restaurar, preservar e mellorar a biodiversidade (incluído nas zonas Natura 2000 e nas zonas con limitacións naturais ou outras limitacións específicas), os sistemas agrarios de alto valor natural, así como o estado das paisaxes europeas), 4B (mellorar a xestión da auga, incluíndo a xestión dos fertilizantes e dos praguicidas), 4C (previr a erosión dos solos e mellorar a súa xestión), 5B (lograr un uso máis eficiente da enerxía na agricultura e na transformación de alimentos), 5C (facilitar a subministración e o uso de fontes renovables de enerxía, subprodutos, refugallos e residuos e demais materia prima non alimentaria para impulsar o desenvolvemento da bioeconomía), 5D (reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro e de amoníaco de procedentes da agricultura), 5E (fomentar a conservación e captura de carbono nos sectores agrícola e forestal), 6A (facilitar a diversificación, a creación e o desenvolvemento de pequenas empresas e a creación de emprego) e 6B (promover o desenvolvemento local nas zonas rurais).

Artigo 2. Definicións

Ademais das definicións establecidas na normativa comunitaria e estatal de aplicación, para os efectos desta orde, enténdese por:

1. Actividade agraria, o conxunto de traballos que se require para a obtención de produtos agrícolas e/ou gandeiros. Así mesmo, considerarase como actividade agraria a venda directa por parte da persoa dedicada á agricultura da produción propia sen transformación, dentro dos elementos que integren a explotación, en mercados municipais ou en lugares que non sexan establecementos comerciais permanentes.

2. Explotación agraria, o conxunto de bens e dereitos organizados empresarialmente pola persoa titular deles no exercicio da actividade agraria, primordialmente con fins de mercado, e que constitúe en si mesma unha unidade técnico-económica.

3. Titular da explotación: a persoa física, xa sexa en réxime de titularidade única, xa sexa en réxime de titularidade compartida inscrita no rexistro correspondente, ou a persoa xurídica, que exerce a actividade agraria organizando os bens e dereitos integrantes da explotación con criterios empresariais e asumindo os riscos e responsabilidades civil, social e fiscal que poidan derivar da xestión da explotación.

4. Servizo de asesoramento básico, intermedio ou integral: conxunto de actuacións levadas a cabo no período máximo dun ano, sen superar o 15 de novembro de 2019, nunha explotación agraria por unha entidade de asesoramento, designada ou recoñecida como entidade prestadora do servizo no ámbito da comunidade autónoma de Galicia. O alcance e contido de cada modalidade de asesoramento defínese no anexo II da presente orde.

Artigo 3. Beneficiarios

1. Poderán ser beneficiarias as entidades privadas recoñecidas ou autorizadas como entidades prestadoras de servizos de asesoramento inscritas no Rexistro de entidades con servizos de asesoramento ou xestión de Galicia e que presten servizos a titulares de explotacións agrarias que estean inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (en diante, Reaga), para a mellora dos resultados económicos, ambientais e da capacidade de adaptación ao cambio climático da explotación.

2. Os destinatarios finais das axudas para os efectos desta orde serán as explotacións inscritas no Reaga. A súa priorización e selección efectuarase mediante a aplicación dos criterios descritos no artigo 24, de conformidade co artigo 14 do Regulamento 1306/2013 onde se establece que os Estados membros poderán determinar, seguindo criterios obxectivos, as categorías de beneficiarios que teñen acceso prioritario ao sistema de asesoramento ás explotacións, debendo garantir que se dea prioridade a aqueles agricultores cuxo acceso a un servizo de asesoramento distinto do sistema de asesoramento ás explotacións sexa máis limitado.

Artigo 4. Requisitos xerais dos beneficiarios

Poderán acollerse ás axudas obxecto desta orde as entidades privadas que cumpran os seguintes requisitos:

1. Estar recoñecidas, pola autoridade competente e segundo o procedemento legalmente establecido, como prestadoras de servizos de asesoramento ás explotacións agrarias situadas na Comunidade autónoma de Galicia. As entidades deberán estar inscritas no rexistro correspondente, con carácter previo á data de solicitude da axuda e cumprir coas obrigas e requisitos necesarios para garantir a súa permanencia.

2. Dispoñer dunha contabilidade específica Feader ou dun código contable específico, no cal deben de estar incluídos os gastos declarados para esta axuda.

3. Ademais, con carácter xeral, e de conformidade co establecido no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e polo artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, non poderán obter a condición de beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as entidades en que concorra algunha das circunstancias seguintes:

a) Ser condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.

b) Solicitar a declaración de concurso, ter sido declaradas insolventes en calquera procedemento, acharse declaradas en concurso, salvo que neste adquirise a eficacia un convenio, estar suxeitas á intervención xudicial ou ter sido inhabilitadas conforme a Lei concursal sen que concluíse o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.

c) Ter dado lugar, por causa da que fosen declaradas culpables, á resolución firme de calquera contrato asinado coa Administración.

d) Estar incursos os administradores das sociedades mercantís ou aqueles que teñan a representación legal doutras persoas xurídicas, nalgún dos supostos de incompatibilidades que estableza a normativa vixente.

e) Non estar ao día no cumprimento das obrigacións tributarias ou fronte á Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. Tampouco poderán obter a condición de beneficiarios destas axudas aqueles que teñan débedas en período executivo de calquera outro ingreso de dereito público da Comunidade Autónoma de Galicia.

f) Ter a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.

g) Non estar ao día no pagamento de obrigacións por reintegro de subvencións nos termos que regulamentariamente se determinen.

h) Ser sancionada mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo a Lei xeral de subvencións ou a Lei xeral tributaria.

Artigo 5. Requisitos específicos dos beneficiarios

As entidades deberán, ademais:

1. Prestar o servizo de asesoramento co alcance definido para cada unha das modalidades establecidas e descritas no anexo II e conforme as condicións estipuladas no anexo III desta orde.

2. Elaborar para cada unha das explotacións asesoradas nas modalidades intermedia e integral, un plan estratéxico, conforme o contido mínimo que se recolle no anexo IV, onde se estableza a metodoloxía que se vai desenvolver en cada explotación, segundo a modalidade de asesoramento elixida, por cada un dos seus titulares, co obxecto de lograr a mellora do rendemento actual da explotación.

3. Habilitar, como mínimo, unha oficina en horario compatible coa actividade agraria para permitir unha atención axeitada ao usuario, tanto presencial coma telefónica, sen prexuízo das visitas obrigadas polos técnicos das entidades ás explotacións.

4. Dispoñer dun equipo capaz de ofrecer un servizo técnico especializado de calidade. O número de titulados/as por explotación e a súa especialidade por oficina será acorde coa dimensión, número e tipoloxía das explotacións ás cales se pretende prestar o servizo. Admítense como válidas, para os efectos desta orde, aquelas a que fai referencia o Decreto 235/2007, do 29 de novembro, polo que se regulan os servizos de aconsellamento e de xestión das explotacións agrarias.

No formulario de solicitude de axuda as entidades deberán atribuír a cada un dos seus técnicos as explotacións ás cales prevén prestar o servizo de asesoramento.

Como norma xeral, establécese o seguinte persoal mínimo que poderá contratar a entidade:

Tipoloxía da explotación

Equipo técnico mínimo

Nº máximo de explotacións

Básico

Intermedio

Integral

Agrícola

1 titulado universitario

75

55

45

Gandeira

1 titulado universitario

60

45

40

Computaranse, para estes efectos, as persoas traballadoras que formen parte do cadro de persoal da entidade, así como aqueles que teñan asinado un contrato de prestación de servizos con esta.

O número de titulados mínimos exixidos por entidade incrementarase de xeito proporcional en función do número de explotacións ás cales se presta o servizo e a modalidade de asesoramento seleccionada.

Os límites máximos establecidos no cadro anterior están calculados tendo en conta a xornada laboral a tempo completo. En consecuencia, cando se trate de contratos laborais a tempo parcial, os límites anteriores relativos ao número de explotacións máximo reduciranse á metade.

No caso de que un técnico preste os seus servizos en varias entidades de asesoramento, este non poderá superar, no seu conxunto, o límite máximo de explotacións establecido no cadro anterior, para cada modalidade de asesoramento.

Para determinar se unha entidade cumpre cos requisitos exixidos en relación co persoal mínimo, referenciaranse o número total de explotacións ás cales esta presta servizo, a unidade básica entendendo como tal, a prestación do servizo de asesoramento na súa modalidade básica e a explotación con tipoloxía agrícola.

En consecuencia, os coeficientes que serán de aplicación, para efectuar o cálculo de técnicos mínimos por entidade, son os seguintes:

Coeficiente de equivalencia: modalidade básica de asesoramento

Modalidade orixe

Expl. agrícolas

Expl. gandeiras

Modalidade equivalente

Integral

1,67

1,50

Básica

Intermedia

1,36

1,33

Básica

Coeficiente de equivalencia: tipoloxía explotación

Tipoloxía orixe

Coeficiente

Tipoloxía equivalente

Gandeira

1,25

Agrícola

5. O beneficiario deberá designar unha persoa responsable na entidade co obxectivo de dirixir a prestación dos servizos e servir de interlocutor ante a Administración. Entre as súas funcións atópase o intercambio de información e documentación adecuado e ordenado coa Administración, así como a coordinación das actuacións derivadas da realización de inspeccións e demais actuacións relacionadas coa supervisión e control.

6. Disporán dun sistema de rexistro informatizado (definido no anexo III da presente orde), en formato .ods (Calc do libre Office), onde se relacionen as explotacións que anualmente reciben o asesoramento (data de alta e de baixa no servizo, se for o caso), os datos da persoa demandante do servizo, datos relativos á explotación, tipoloxía do servizo (básico, intermedio ou integral), visitas realizadas, data da súa realización, e duración da prestación do servizo (horas dedicadas ao asesoramento de cada explotación tanto presenciais e non presenciais). O arquivo tamén deberá recoller a información relativa ao persoal contratado (NIF, número de oficina en que presta o servizo, titulación académica, data de inicio e data de fin da relación laboral, se e o caso) así como a información relativa ao sistema de queixas e suxestións relativo á avaliación da calidade do servizo prestado.

7. As entidades facilitarán a asistencia dos seus asesores ás actividades formativas promovidas desde a Administración, e a asistencia ás ditas actividades será de carácter obrigatorio.

8. Cando se produza a rescisión dun determinado contrato ou a baixa dunha persoa traballadora, xa sexa temporal ou definitiva, este deberá ser substituído no prazo máximo dun mes. A contratación será comunicada á Administración no prazo máximo de 10 días desde que este feito aconteza. O beneficiario deberá presentar, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, a documentación que se recolle na letra b), do punto 1 do artigo 22 da presente orde, relativa á nova persoa traballadora.

9. Dispor dun sistema de avaliación continua da calidade relativa á prestación do servizo de asesoramento debendo identificar e reunir datos relativos ás actividades específicas. O sistema deberá permitir, establecendo os criterios adecuados, valorar o éxito e determinar o grao ata onde o servizo cumpre os fins e obxectivos formulados. Ademais, deberá determinar as medidas correctivas necesarias co obxectivo de evitar que as non conformidades derivadas do proceso de avaliación se repitan no futuro, logrando a mellora continua na prestación do servizo de asesoramento.

10. Pór en marcha un sistema de rexistro de queixas e suxestións coa estrutura descrita no anexo V da presente orde, que sirva de instrumento para a avaliación da calidade da prestación do servizo. A entidade deberá informar debidamente o usuario da posta á súa disposición deste sistema e deberá quedar reflectido en todas as actas derivadas das visitas ás explotacións.

Artigo 6. Forma e lugar de presentación das solicitudes

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Artigo 7. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 8. Importe da axuda

1. A axuda concederase pola prestación do servizo de asesoramento que poderá iniciarse desde o día seguinte da solicitude da axuda ata, como máximo, un mes despois da data de resolución de concesión da axuda.

2. O servizo de asesoramento, para os efectos desta orde, realizarase no período máximo dun ano, sen superar o 15 de novembro de 2019, contado desde a primeira visita realizada pola entidade a calquera das explotacións obxecto de asesoramento subvencionado, relacionadas na resolución de concesión de axudas. Para a determinación do inicio do servizo terase en conta a data reflectida na acta da primeira visita realizada pola entidade.

3. O importe máximo da axuda prevista no número anterior establécese en función da modalidade de asesoramento previsto, segundo o alcance definido para a prestación do servizo recollido no anexo II da presente orde, e a orientación produtiva principal que conste no Reaga.

Modalidade

Prezo do servizo (€)

Explotacións agrícolas

Explotacións gandeiras

Básico

460

670

Intermedio

670

850

Integral

850

1.000

4. A axuda estará supeditada á xustificación posterior, tal e como se sinala no artigo 25.

5. Se, como resultado da realización da análise inicial dunha determinada explotación, segundo se especifica no anexo II, non se deriven liñas prioritarias de actuación para a mellora da súa competitividade e, en consecuencia, non for preciso o establecemento dun plan de acción dirixido á súa consecución, considerarase que o servizo de asesoramento é prestado na modalidade básica, correspondéndolle o importe de axuda indicado para esta tipoloxía no cadro anterior. Este feito traerá como consecuencia unha modificación da resolución de concesión da axuda inicialmente aprobada.

Artigo 9. Tramitación e resolución das axudas

1. Cada xefatura territorial da Consellería do Medio Rural instruirá os expedientes correspondentes ao seu ámbito xeográfico, realizando de oficio cantas actuacións considere necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales informará o órgano colexiado da admisibilidade dos expedientes.

2. Se a solicitude de axuda non reúne os requisitos previstos, ou non se presenta cos documentos preceptivos, requirirase para que, no prazo de dez días, emende a falta ou xunte os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fai, considerarase que desiste da súa petición, logo da correspondente resolución, de conformidade co disposto nos artigos 68.1 e 21.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. Verificado o cumprimento dos requisitos para a concesión da axuda, o órgano colexiado aplicará os criterios de prioridade para que a persoa titular da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentaria realice a proposta de resolución. Este órgano estará presidido polo subdirector xeral de Explotacións Agrarias, e integrado por tres funcionarios desa mesma subdirección xeral con categoría non inferior a xefe de negociado, un dos cales actuará como secretario.

4. A persoa titular desta consellería ou en quen delegue, vista a proposta, ditará a correspondente resolución de concesión da subvención e o seu importe previsto, segundo as normas e criterios establecidos nesta orde, no prazo de cinco meses contados a partir da data de remate do prazo de solicitude. Transcorrido o dito prazo sen que se dite e notifique a correspondente resolución, o interesado poderá entender desestimada a súa solicitude.

Artigo 10. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. Neste caso as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral poderá, de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 11. Publicación dos actos

Publicaranse no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, as resolucións de concesión ou denegación da axuda.

Así mesmo, serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Consellería do Medio Rural, www.mediorural.xunta.gal.

Artigo 12. Modificacións da resolución de concesión

1. Toda alteración das condicións iniciais para a concesión das axudas previstas nesta orde e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. A consellería poderá rectificar, de oficio, a resolución cando dos elementos que figuren nela se deduza a existencia dun erro material, de feito ou aritmético.

3. Os cambios que se produzan na titularidade das explotacións no transcurso do ano desde o inicio do servizo de asesoramento deberán ser comunicados á xefatura territorial que corresponda dentro desta consellería, non considerándose unha modificación da resolución. A modificación do titular dunha explotación pode supoñer un cambio na puntuación derivada da aplicación dos criterios de prioridade, tidos en conta na concesión das axudas obxecto da presente orde. A nova prelación de explotacións, realizada unha vez que se reciban as solicitudes de pagamento, podería implicar a non subvencionalidade do servizo de asesoramento por non alcanzar a puntuación necesaria establecida para a súa concesión.

4. Non serán admisibles as modificacións relacionadas coa modalidade de prestación do servizo de asesoramento. En consecuencia, na solicitude de pagamento presentada polo beneficiario deberá constar a modalidade obxecto de subvención, que será coincidente coa que conste na resolución das axudas reguladas por esta orde.

Artigo 13. Recursos administrativos

As resolucións de subvención ditadas ao abeiro desta orde, así como a desestimación presunta de solicitudes, poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as entidades interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que venza o prazo para resolver previsto no artigo 9.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou de seis meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 14. Incompatibilidade das axudas

1. Estas axudas son incompatibles con calquera outra axuda para a mesma finalidade.

2. As entidades solicitantes das axudas previstas nesta orde deberán declarar todas as solicitudes de axuda efectuadas ou concedidas para a mesma finalidade polas distintas administracións públicas.

3. Así mesmo, coa solicitude de pagamento e xustificación para o cobramento da axuda e, en todo caso, antes do pagamento final, presentarán unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución, para a mesma finalidade, das distintas administracións públicas competentes ou de calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

Artigo 15. Reintegro da axuda

1. Procederá o reintegro total ou parcial do importe da axuda máis os xuros de demora correspondentes, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e, en todo caso, nos supostos previstos na Lei 9/2007, do 13 de xuño no Decreto 11/2009 que a desenvolve, tendo en conta as excepcións contidas.

2. No caso dun pagamento indebido, atendendo ao disposto no artigo 7 do Regulamento de execución (UE) 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, o beneficiario quedará obrigado a reembolsar o importe en cuestión, ao cal se engadirán, se é o caso, os xuros, que se calcularán en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para o beneficiario indicado na orde de recuperación, que non poderá fixarse en máis de 60 días, e a data de reembolso ou dedución.

3. Non procederá o reintegro das axudas percibidas cando o incumprimento dalgún dos requisitos exixidos ao beneficiario sexa debido a algunha das seguintes causas de forza maior:

a) Falecemento do beneficiario.

b) Incapacidade laboral de longa duración do beneficiario.

c) Catástrofe natural grave que afecte considerablemente a entidade.

d) Destrución accidental dos edificios da entidade.

e) Expropiación da totalidade o dunha parte importante da entidade, se esta expropiación non era previsible o día en que presentou a solicitude.

4. Tampouco se producirá o reintegro cando, durante o período de compromiso contraído como condición para a concesión dunha axuda, a persoa beneficiaria transfira a súa entidade a outra persoa que cumpra os requisitos exixidos, e esta asuma os compromisos e obrigas, durante a parte restante do devandito período. De non asumirse o compromiso, a persoa beneficiaria estará obrigada a reembolsar as axudas percibidas.

Artigo 16. Controis, reducións, exclusións e sancións

1. A Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias será a responsable de efectuar os controis en aplicación do Regulamento (UE) 640/2014 da Comisión, do 11 de marzo de 2014, polo que se completa o Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que respecta ao sistema integrado de xestión e control e ás condicións sobre a denegación ou retirada dos pagamentos e sobre as sancións administrativas aplicables aos pagamentos directos, á axuda ao desenvolvemento rural e á condicionalidade, e o Regulamento (UE) 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que se refire ao sistema integrado de xestión e control, ás medidas de desenvolvemento rural e á condicionalidade, e á modificación realizada a este, polo Regulamento de execución (UE) 2017/1242 da Comisión do 10 de xullo de 2017.

En todo caso, os controis levaranse a cabo tendo en conta o Plan galego de controis Feader das medidas non establecidas no ámbito do sistema integrado para o período 2014-2020.

2. Os incumprimentos poderán derivar nos seguintes tipos de penalizacións:

a) Redución: diferenza entre o importe da solicitude de pagamento e o importe determinado ou admisible tras os controis.

b) Sanción: penalización que se aplica ao importe determinado ou admisible tras os controis.

c) Exclusión da axuda e, en determinados casos, do dereito a participar na mesma medida ou liña de axudas.

Os pagamentos calcúlanse sobre a base do que se considera elixible durante os controis administrativos. Cada unidade xestora determinará:

a) O importe que se pode conceder ao beneficiario en función da solicitude de pagamento e a decisión de concesión. Para tal efecto, tomarase en consideración a suma dos importes de gastos que o beneficiario presenta como xustificación da operación aprobada. No caso de que o importe da solicitude de pagamento sexa superior ao aprobado, axustarase ao límite concedido.

b) O importe que se pode conceder ao beneficiario logo de controlar a elixibilidade dos gastos que o beneficiario presenta como xustificación da operación aprobada, mediante control administrativo ou sobre o terreo.

A cantidade que se lle pagará ao beneficiario será a definida no importe b). Cando o importe a) supera o importe b) en máis dun 10 %, a cantidade que se pagará é igual ao importe b) menos a diferenza entre os dous importes; non obstante, nunca irá máis alá do importe solicitado.

As reducións prescritas aplicarase, mutatis mutandis, aos gastos non elixibles detectados durante os controis sobre o terreo.

3. Terán consideración de incumprimento e, en consecuencia, non será subvencionable a prestación do servizo de asesoramento ás explotacións en que se detecten, como consecuencia da realización do control administrativo sobre a solicitude de pagamento, as seguintes deficiencias:

a) Entrega de documentación parcial exixida no punto 3 do artigo 25 fóra dos prazos establecidos nesta orde.

b) Realización das visitas ás explotacións fóra dos prazos estipulados na presente orde.

c) Presentación de actas de visita non coincidentes coas remitidas coa solicitude de axudas por parte do beneficiario e que, polo tanto non validadas por esta consellería.

d) Ausencia nas actas de visita dos datos identificativos da explotación, técnico responsable, data, hora e lugar de realización e sinatura deste último e do titular da explotación.

e) As incidencias derivadas do incumprimento das normas de condicionalidade que deben asumir os beneficiarios que reciban pagamentos directos, determinadas primas anuais de desenvolvemento rural, ou pagamentos en virtude de determinados programas de apoio ao sector vitivinícola. A comunicación por parte dos organismos responsables da verificación das normas de condicionalidade, da realización de actuacións na explotación contrarias ao seu cumprimento que se poidan relacionar á deficiente prestación do servizo de asesoramento terán a condición de incumprimento para os efectos da presente orde.

4. Non se aplicará ningunha redución, sanción ou exclusión nos seguintes supostos:

a) Cando o incumprimento obedeza a causas de forza maior.

b) Cando o incumprimento obedeza a erros obvios.

c) Cando o incumprimento obedeza a un erro da autoridade competente ou doutra autoridade, e se á persoa afectada por sanción administrativa non lle fose posible detectar o erro.

d) Cando o interesado poida demostrar de forma satisfactoria para a autoridade competente que non é responsable do incumprimento das súas obrigas ou se a autoridade competente adquire doutro modo a convicción de que o interesado non é responsable.

e) Cando o incumprimento sexa de carácter menor, segundo defina a Comisión.

f) Outros casos en que a imposición dunha sanción non sexa axeitada, segundo defina a Comisión.

5. Antes do pagamento das axudas, as persoas beneficiarias deberán acreditar de novo a xustificación de estaren ao día nas súas obrigas fiscais e coa Seguridade Social e de non teren ningunha débeda pendente de pagamento coa Administración da Comunidade Autónoma.

6. No caso que se determine a intencionalidade na presentación dunha declaración falsa, revogarase a axuda concedida debendo reintegrar, se é o caso, as contías percibidas xunto cos xuros de demora producidos desde o seu pagamento. Ademais, quedarán excluídas das axudas reguladas nesta orde nas dúas convocatorias seguintes.

7. Sen prexuízo do establecido no parágrafo anterior, aos beneficiarios destas axudas seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei xeral de subvencións e nos artigos 50 a 68 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Artigo 17. Obriga de facilitar información

1. Ademais da documentación complementaria que durante a tramitación do procedemento lles poidan exixir os órganos competentes da Consellería do Medio Rural, os beneficiarios das axudas teñen a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas públicas, así como a que lles sexa solicitada por calquera órgano de inspección ou control do Estado ou da Unión Europea.

2. A presentación da solicitude de concesión da subvención por parte do interesado comportará a autorización á Autoridade de Xestión, aos avaliadores designados ou a outros organismos en que a dita autoridade delegue para consultar a información necesaria para poder realizar o seguimento e avaliación do programa, en particular, en relación co cumprimento dos obxectivos e prioridades, de conformidade co disposto no artigo 71 do Regulamento (UE) 1305/2013.

Artigo 18. Publicidade das axudas cofinanciadas polo Feader

1. Nos instrumentos de información e difusión que utilice a Consellería do Medio Rural farase constar que estas axudas están cofinanciadas nun 7,50 % pola Administración xeral do Estado, nun 17,50 % pola Xunta de Galicia e nun 75 % polo fondo Feader.

A notificación da concesión da axuda informará os beneficiarios de que a medida se subvenciona en virtude dun programa cofinanciado polo Feader, na medida 2, Servizos de asesoramento, xestión e remuda destinados ás explotacións agrícolas, submedida 2.1, Apoio para contribuír á obtención de servizos de asesoramento e que a medida enlaza esencialmente coa prioridade 1 e, particularmente, coa área focal 1A (fomentar a innovación, cooperación e o desenvolvemento da base de coñecemento nas zonas rurais).

2. Conforme o establecido no Regulamento de execución (UE) nº 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, pola que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, e a súa posterior modificación mediante o Regulamento de execución (UE) nº 669/2016, da Comisión do 28 de abril de 2016, e co disposto na «Estratexia de información e publicidade» do PDR 2014-2020 de Galicia, o beneficiario das axudas deberá cumprir coa normativa sobre información e publicidade das axudas do Feader indicadas no anexo III do referido regulamento. Así:

a) En todas as actividades de información e comunicación que se desenvolvan, o beneficiario deberá recoñecer o apoio do Feader mostrando:

1. O emblema da Unión.

2. Unha referencia á axuda do Feader.

b) Durante a realización da operación, o beneficiario informará o público da axuda obtida do Feader, da seguinte forma:

Presentando no sitio web do beneficiario para uso profesional, no caso de que exista tal sitio, unha breve descrición da operación cando poida establecerse un vínculo entre o obxecto do sitio web, e a axuda prestada pola operación, en proporción ao nivel de axuda cos seus obxectivos e resultados e destacando a axuda financeira da Unión.

No caso de operacións que reciban unha axuda pública total superior a 50.000 euros, colocando ao menos un panel ou unha placa con información sobre o proxecto e cos requisitos especificados no anexo III, onde se destaque a axuda financeira recibida da Unión, nun lugar ben visible para o público, así como a bandeira europea e o lema Feader: Europa inviste no rural, nun lugar ben visible para o público.

No caso de que a persoa solicitante se beneficie dunha axuda pública total superior a 500.000 euros, deberá colocar, nun lugar visible para o público, un cartel temporal de tamaño significativo relativo ás operacións financiadas, cos requisitos especificados no anexo III. Posteriormente, o beneficiario colocará, nun lugar ben visible para o público, un cartel ou placa permanente, cos requisitos especificados no anexo III de tamaño significativo no prazo de tres meses a partir da conclusión da operación financiada.

Os carteis, paneis, placas e sitios web levarán unha descrición do proxecto ou da operación, e os elementos (bandeira europea e lema Feader) ocuparán como mínimo o 25 % do cartel, placa ou páxina web tal e como se reflicte no anexo VI desta orde.

Artigo 19. Transparencia e bo goberno

1. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, a consellería responsable da iniciativa publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puideren impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 á que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

3. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

CAPÍTULO II

Convocatoria

Artigo 20. Convocatoria

Convócanse para o exercicio orzamentario 2018, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas destinadas á prestación de servizos de asesoramento a persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrícolas ou gandeiras, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, de acordo coas bases reguladoras establecidas no capítulo I desta orde.

Artigo 21. Prazo de solicitude da axuda

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Artigo 22. Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación.

a) Acreditación da persoa representante legal da súa representación (se for o caso).

b) Contrato/s de prestación de servizos entre a entidade e a persoa traballadora que se trate.

c) Documento asinado polo titular da explotación e polo representante legal da entidade solicitante, onde se acorde a modalidade de asesoramento e o prezo do servizo. O documento deberá recoller o alcance do asesoramento, conforme o contido especificado no anexo II, para cada unha das modalidades definidas e, así mesmo, deberá indicar que a prestación do servizo estará cofinanciada a través dos fondos Feader ata os importes indicados no punto 3 do artigo 8 da presente orde.

d) Modelos de acta que empregará o beneficiario na primeira, segunda e terceira visita á explotación segundo tipoloxía, orientación e modalidade de asesoramento ao obxecto de ser validadas pola Administración:

Acta nº 1: deberá integrar o contido suficiente que permita verificar que a entidade realiza a avaliación dos indicadores agronómicos, ambientais, económicos e/ou sociolaborais, enumerados no anexo II da presente orde, segundo a modalidade que se trate.

Acta nº 2: deberá recoller as materias de asesoramento que, segundo a modalidade seleccionada, o beneficiario está obrigado a realizar, así como un espazo que permita recoller as recomendacións realizadas. Ademais, deberá conter as liñas prioritarias de actuación e as recomendacións derivadas do plan de acción establecido para cada unha delas no correspondente plan estratéxico.

Acta nº 3: o seu contido deberá permitir medir o grao de cumprimento das recomendacións realizadas para as diferentes materias en que se centrou o asesoramento, así como recoller aqueles indicadores que permitan verificar o nivel de cumprimento das accións previstas no plan estratéxico.

As actas de visita deberán reflectir, como mínimo, os datos relativos á explotación (NIF e titularidade), a data, a hora e o lugar de realización e datos identificativos do técnico asesor responsable da súa realización (NIF, apelidos e nome). Así mesmo, todas as actas deberán informar da existencia dun sistema de queixas e suxestións á disposición dos titulares das explotacións.

e) Anexo VII, comprobación de datos do persoal técnico que presta os servizos de asesoramento.

2. Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 23. Comprobación de datos

Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) Certificado de estar ao día de pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

d) Certificado de estar ao día de pagamento coa Seguridade Social.

e) Certificado de estar ao día de pagamento coa Xunta de Galicia.

f) Informe de vida laboral de empresa.

g) DNI ou NIE das persoas do equipo técnico.

h) Títulos oficiais universitarios das persoas do equipo técnico.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os devanditos documentos.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 24. Criterios de prioridade

1. Ordenaranse as solicitudes presentadas de maior a menor puntuación de acordo cos criterios de prioridade indicados neste artigo. As axudas estarán supeditadas á existencia de crédito adecuado e suficiente na correspondente partida orzamentaria.

2. Establécense os seguintes criterios de prioridade para efectuar a selección das explotacións que terán acceso ao servizo de asesoramento, consideradas como destinatarias finais das axudas reguladas na presente orde:

a) Explotación agraria á cal lle presta servizo unha entidade de asesoramento que incrementa o equipo técnico mínimo: valorarase o incremento de cada técnico asesor contratado por enriba do mínimo previsto para a prestación do servizo no punto 4 do artigo 5 da presente orde, sempre e cando cumpra as exixencias establecidas en canto á titulación académica e tipoloxía de contratación se refire:

1 técnico: 2 puntos.

2 técnicos: 3 puntos.

3 técnicos ou máis: 5 puntos.

b) Asesoramento integral. Explotación agraria á cal lle presta servizo de asesoramento unha entidade na que:

≥15 % e <25 % das explotacións son asesoradas na modalidade integral: 1 punto.

≥25 % e <50 % das explotacións son asesoradas na modalidade integral: 3 puntos.

≥50 % das explotacións son asesoradas na modalidade integral: 5 puntos.

c) Persoa titular dunha explotación que sexa beneficiaria dunha axuda á incorporación de persoas mozas á actividade agraria nos últimos 5 anos: 4 puntos.

d) Localización da explotación nunha zona de montaña tal e como se definen na medida 13 do PDR de Galicia 2014-2020: 2 puntos.

e) Explotación agraria inscrita na sección de explotacións agrarias prioritarias do Reaga: 2 puntos.

f) Muller titular da explotación ou, no caso de explotacións de titularidade persoa xurídica, polo menos o 50 % das persoas socias que a integran o sexan: 2 puntos.

g) Persoa titular dunha explotación que sexa beneficiaria dunha axuda á modernización de explotacións agrarias nos últimos 5 anos, 2 puntos.

3. En caso de igualdade na aplicación do baremo terá prioridade a explotación cuxo titular sexa beneficiario dunha axuda á incorporación de persoas mozas á actividade agraria nos últimos 5 anos. Se aínda persiste o empate, priorizarase segundo a orde indicada nos criterios de selección e, finalmente, pola antigüidade da explotación.

4. Para ser admisibles, as solicitudes deberán alcanzar unha puntuación mínima de 6 puntos e, polo menos, deberán obter puntuación en dous dos criterios anteriormente indicados.

5. A aplicación dos criterios de prioridade realizarase tendo en conta o momento de finalización do prazo de presentación da solicitude de axuda.

Artigo 25. Xustificación e pagamento da axuda

1. Serán subvencionables os servizos de asesoramento ás explotacións relacionadas na resolución aprobatoria das axudas segundo a orientación produtiva e a modalidade de asesoramento indicado na citada resolución que fosen seleccionadas conforme os criterios de prioridade establecidos na presente orde.

2. A prestación do servizo deberá adecuarse ao alcance establecido no anexo II, segundo a modalidade indicada para cada explotación na resolución das axudas e conforme o estipulado no anexo III, relativo ás condicións en que se deberá executar o servizo de asesoramento.

3. Durante o transcurso da prestación do servizo a entidade beneficiaria deberá achegar documentación que xustifique a realización continuada do asesoramento:

a) Comunicación da data de inicio do servizo de asesoramento acompañado da copia da primeira acta de visita realizada pola entidade a calquera das explotacións obxecto de asesoramento subvencionado, no prazo máximo dun mes desde a data de resolución das axudas.

b) Análise das debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades (en diante, DAFO) e copia da primeira acta de visita a cada explotación cando resten, como máximo, 5 meses para a finalización da prestación do servizo de asesoramento.

c) Segunda acta de visita e, se procede por modalidade, o Plan estratéxico de asesoramento de cada explotación onde se reflictan as liñas prioritarias de actuación, o Plan de acción para cada unha delas, así como o Plan de seguimento establecido para cada explotación co contido mínimo e alcance segundo a modalidade de asesoramento seleccionada, especificados nos anexos II e III correspondentes. A súa achega deberá realizarse cando resten, como máximo, 15 días para a finalización da prestación do servizo de asesoramento.

d) Terceira acta de visita: xunto coa solicitude de pagamento.

4. A entidade beneficiaria deberá comunicar por escrito, nunha solicitude de pagamento no prazo dun mes desde á data de finalización do servizo de asesoramento, a relación das explotacións ás que efectivamente prestou o asesoramento, de conformidade coas exixencias establecidas na presente orde.

5. A solicitude de pagamento da axuda deberá acompañarse dos seguintes documentos:

a) Con respecto á entidade, o beneficiario deberá presentar a documentación seguinte, que deberá ser conforme coas especificacións e contidos recollidos nos anexos II, III e IV, da presente orde:

1. Rexistro informatizado, en formato .ods indicada no anexo III (Calc do libre Office).

2. Declaración xurada asinada polo beneficiario e a persoa traballadora onde se constate que este último continua a prestar os servizos á entidade.

3. Se é o caso, relación das altas e baixas das persoas traballadoras. Achega dos novos contratos de prestación de servizos e/ou, no caso de non dar autorización á consulta do informe de vida laboral na solicitude de axudas, dos novos contratos laborais.

4. Relación de queixas e suxestións recibidas na entidade, desde a data de inicio de solicitude da axuda ata a data de presentación da solicitude de pagamento, incluíndo a información relativa ao seu rexistro e resolución.

5. Documento onde se reflictan as incidencias e medidas correctoras adoptadas como consecuencia da implantación do sistema avaliación continua da calidade do servizo, definido no punto 9 do artigo 5 presente orde.

6. Memoria resumo de actuacións segundo se describe no anexo III.

b) Con respecto á explotación:

1. Declaración de conformidade co servizo recibido por parte do titular da explotación segundo o modelo especificado no anexo VIII, debidamente asinado por este e polo responsable da entidade.

2. Acta de visita nº 3 especificada no anexo III da presente orde. A acta deberá estar convenientemente asinada polo asesor e polo titular da explotación, debendo quedar constancia da recepción directa e da conformidade coa prestación do servizo, por parte deste último.

6. Transcorrido o prazo establecido de xustificación sen se ter presentado a solicitude de pagamento, requirirase o beneficiario para que a presente no prazo improrrogable de dez días. A falta de presentación da solicitude no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención e poderá supor a apertura dun expediente sancionador segundo se establece na Lei de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no prazo adicional establecido neste parágrafo non eximirá o beneficiario das sancións que, conforme a lei, correspondan.

7. A presentación da solicitude de pagamento traerá como consecuencia a realización dunha nova prelación, co obxecto de comprobar que os beneficiarios e a relación de explotacións asesoradas acadan a puntuación mínima establecida e que, polo tanto, seguen reunindo as condicións que se tiveron en conta para a concesión das axudas.

8. Conforme o punto 1 do artigo 62 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, a presente orde reguladora de axudas recolle a posibilidade de realización de pagamentos á conta en función do ritmo de execución da acción subvencionada indicado no punto 3.a).

A porcentaxe máxima que se pode solicitar será de 1/3 da axuda concedida, sendo obrigatorio constituír unha garantía que deberá cubrir o 11 % do importe da cantidade á aboar á conta, excepto que o dito pagamento non supere os 18.000 euros.

A garantía constituirase mediante seguro de caución prestado por entidade aseguradora ou mediante aval solidario de entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca que deberá alcanzar e do prazo de xustificación previsto nas bases reguladoras.

Artigo 26. Financiamento das axudas

1. O financiamento das axudas recollidas na presente orde, cofinanciadas con fondos Feader nunha porcentaxe do 75 %, efectuarase con cargo á aplicación orzamentaria dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia 13.03.712B.772.4 (CP 2016 00187), cun importe para o ano 2018, de trescentos mil euros (300.000) e para o ano 2019, de dous millóns setecentos mil euros (2.700.000). Para un total de tres millóns de euros (3.000.000).

2. A dita aplicación orzamentaria poderá incrementarse, segundo se establece no artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, no caso de xerar, ampliar ou incorporar crédito, ou coa existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito incluído no mesmo programa.

Disposición adicional primeira. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación deste procedemento, cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado Relacións administrativas coa cidadanía e entidades co obxecto de xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre a súa tramitación. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela ou a través dun correo electrónico a sxt.medio-rural@xunta.gal

Así mesmo, serán incluídos no ficheiro denominado Xestión, seguimento e control de proxectos e fondos europeos. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos da Consellería de Facenda a través de correo electrónico dirixido a dx.politica.financeira.tesouro.fondos.europeos.facenda@xunta.gal

Disposición transitoria. Cláusula suspensiva

As axudas reguladas na presente orde están condicionadas á aprobación pola Comisión Europea da modificación do PDR de Galicia 2014-2020. Como consecuencia:

1. As resolucións de concesión de subvención que se adopten quedarán suxeitas á condición suspensiva en tanto se produza a referida aprobación.

2. Os beneficiarios da axuda estarán obrigados ao cumprimento do previsto no PDR de Galicia 2014-2020, aínda cando os termos finais en que sexa aprobada a modificación recollan obrigacións, condicións ou requisitos non previstos nestas bases reguladoras.

3. Nos supostos de diverxencias cos termos finais do PDR de Galicia 2014-2020, a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, logo de audiencia do interesado, resolverá a modificación das concesións de subvención afectadas, as cales poderán ser deixadas total ou parcialmente sen efecto, ou introducirse nas mesmas novas condicións.

4. No caso de que unha axuda resolta ao abeiro destas bases reguladoras sexa deixada sen efecto como consecuencia dos termos en que finalmente sexa aprobada a modificación do PDR de Galicia 2014-2020, tal circunstancia non xera dereito ningún sobre o seu beneficiario.

5. As resolucións de concesión de subvención que, se é o caso, se adopten en aplicación da presente disposición deberán informar os seus beneficiarios dos termos da suspensión.

Disposición derradeira primeira. Execución

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias para que dite os actos necesarios para a execución da presente orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2018

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira do Medio Rural

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO II

Modalidades de asesoramento

O servizo de asesoramento deberá ter como obxectivo prioritario a mellora do rendemento actual da explotación. Esta actuación comprende unha análise da situación actual de cada explotación, así como a adopción de medidas encamiñadas á mellora da súa competitividade. O técnico deberá realizar unha diagnose inicial que avalíe, de xeito pormenorizado, a situación de cada explotación en relación ao cumprimento das exixencias relativas ás materias sobre as que verse o asesoramento, segundo a modalidade que se trate.

Establécense as seguintes modalidades de asesoramento:

Asesoramento básico:

O alcance do servizo na súa modalidade básica comprende as seguintes materias:

1. Obrigas derivadas dos requisitos legais de xestión (en diante, RLX) e boas condicións agrarias e ambientais (en diante, BCAM).

2. Asesoramento específico para agricultores que se instalen por primeira vez, incluíndo un servizo de titoración na elaboración e posta en práctica do plan empresarial.

Asesoramento intermedio.

As materias sobre as que debe versar o asesoramento, na súa modalidade intermedia, son as seguintes:

1. Obrigas derivadas dos RLX e BCAM.

2. Modernización das explotacións, consolidación da competitividade, integración sectorial, innovación e orientación ao mercado, así como a iniciativa empresarial.

3. Asesoramento específico para agricultores que se instalen por primeira vez, incluíndo un servizo de titoración na elaboración e posta en práctica do plan empresarial.

4. Asesoramento vinculado á Medida 10 Agroambiente e clima e/ou Medida 11 Agricultura ecolóxica do PDR de Galicia 2014-2020, no caso de que a explotación sexa beneficiaria destas axudas. Ambas as medidas exixen como condicionante de admisibilidade que a explotación debe recibir o servizo de asesoramento específico, dunha entidade autorizada.

5. Mellora do rendemento global da explotación mediante a elaboración, posta en práctica e seguimento dun Plan estratéxico de asesoramento coa estrutura e contido definidos no anexo IV desta orde. Como punto de partida, o asesor deberá realizar unha análise DAFO segundo o contido e alcance especificado na modalidade integral para a análise dos indicadores agronómicos, ambientais, económicos e os relacionados coa fiscalidade, contabilidade e contratación laboral da explotación.

Asesoramento integral.

A prestación do servizo de asesoramento nesta modalidade comprende as seguintes materias:

1. As obrigas derivadas dos RLX e das BCAM, segundo o disposto no título VI, capítulo I do Regulamento (UE) nº 1306/2013, o Regulamento delegado (UE) 649/2014, da Comisión, o Regulamento de execución 809/2014 da Comisión, así como o resto de normativa comunitaria, nacional e rexional. A normativa nacional relativa as obrigas indicadas recóllese no Real decreto 1078/2014, do 19 de decembro, polo que se establecen as normas da condicionalidade que deben cumprir os beneficiarios que reciban pagamentos directos, determinadas primas anuais de desenvolvemento rural, ou pagamentos en virtude de determinados programas de apoio ao sector vitivinícola.

2. Prácticas agrícolas beneficiosas para o clima e o ambiente establecidas no título III, capítulo 3 do Regulamento (UE) nº 1307/2013 e o mantemento das zonas agrarias; conservación da biodiversidade, uso eficiente da auga e protección do solo segundo se recolle no artigo 4, punto 1, letra c) do Regulamento (UE) nº 1307/2013.

3. Modernización das explotacións, consolidación da competitividade, integración sectorial, innovación e orientación ao mercado, así como a iniciativa empresarial.

4. Requisitos en materia da Directiva marco da auga (para dar aplicación ao artigo 11, apartado 3).

5. Requisitos a escala dos beneficiarios, establecidos polos Estados membros para a aplicación do artigo 55 do Regulamento (CE) Nº 1107/2009, en particular o requisito a que se refire o artigo 14 da Directiva 2009/128/CE, relativo á comercialización de produtos fitosanitarios.

6. Seguridade laboral ou as normas de seguridade relacionadas coa seguridade agraria.

7. Asesoramento específico para agricultores que se instalen por primeira vez, incluíndo un servizo de titoración na elaboración e posta en práctica do plan empresarial.

8. Asesoramento vinculado á Medida 10 Agroambiente e clima e/ou Medida 11 Agricultura ecolóxica do PDR de Galicia 2014-2020, no caso de que a explotación sexa beneficiaria destas axudas. Ambas as medidas exixen como condicionante de admisibilidade que a explotación debe recibir o servizo asesoramento específico, dunha entidade autorizada.

9. Fomento das conversións de explotacións e a diversificación actividade económica

10. Xestión do risco e medidas preventivas de desastres naturais, os acontecementos catastróficos e as enfermidades animais e vexetais.

11. Mitigación do cambio climático, adaptación aos seus efectos, a biodiversidade e a protección da auga.

O asesoramento nesta modalidade pretende ofrecer ao titular da explotación un servizo máis completo de asesoramento dirixido á mellora do rendemento global da súa explotación mediante a elaboración, posta en práctica e seguimento dun plan estratéxico de asesoramento coa estrutura e contido definidos no anexo IV desta orde. Como punto de partida, o asesor deberá realizar unha análise DAFO máis ampla, onde se avaliarán, ademais dos aspectos relacionados coas materias propias do asesoramento nesta modalidade, os seguintes:

1. En relación cos indicadores agronómicos: identificación e idoneidade da orientación produtiva da explotación e dos sistemas e modelos de produción actuais (ecolóxico, integrado, convencional).

a) Nas explotacións agrícolas: análise da situación actual en relación coa organización e xestión da explotación e, en concreto, manexo de cultivos e técnicas de produción utilizadas na actualidade. Entre outros:

1º. Aspectos que xustifican a selección por parte do agricultor do cultivo actual, utilización de material vexetal resistente a virose, pragas e enfermidades, actuacións relativas á preparación do terreo, métodos de sementa e implantación de cultivos, densidade e cálculo de semente por hectárea, época de plantación, accións levadas a cabo na actualidade para a previr a erosión, drenar o terreo, etc.

2º. Fertilización orgánica e/ou mineral e emendas: realización ou non de emendas para modificar ou mellorar as propiedades físicas, químicas ou biolóxicas do solo, métodos empregados para a análise das deficiencias nutricionais existentes (diagnóstico vía análise do solo ou mediante sintomatoloxía visual de deficiencias nutricionais), métodos actuais de selección do tipo de fertilizante (con base na súa dispoñibilidade, manexabilidade, custo, etc.), técnicas de formulación e dose utilizadas, modo de emprego (localizado ou non localizado), forma de aplicación actual (edáfica, á auga de rega e/ou aplicación foliar), momento de aplicación (antes, durante ou despois de sementar), equipos utilizados, normativa reguladora aplicada, etc.

3º. Protección fitosanitaria e contra as malas herbas: identificación dos axentes causantes de danos e clasificación das malas herbas máis habituais na explotación e, en consecuencia, determinación da idoneidade dos procedementos de protección utilizados en cada caso, en función do modelo de produción existente (físico, químico, biolóxico ou loita integrada). Se levan a cabo actuacións de protección físicas, identificación dos procedementos de desinfección do solo utilizados e de medidas que eviten o contacto directo entre plantas e patóxenos. En caso de utilización de herbicidas e/ou fitosanitarios, identificación dos métodos de preparación, mestura e aplicación actual do produto, cálculo da dose e volumes de aplicación, equipos de aplicación empregados, limpeza, regulación e calibración dos equipamentos, cumprimento da normativa relativa á utilización de produtos fitosanitarios, análise dos riscos derivados do uso, etc. No caso de utilizar a loita biolóxica, emprego de fauna auxiliar autóctona e/ou produtos biolóxicos formulados, analizando a idoneidade da dose empregada e a época de utilización. Utilización na explotación da loita integrada que combine medidas directas e indirectas que proporcionen o control dos axentes causantes do dano, ao custo máis efectivo e da forma ambiental e social máis aceptable, etc.

4º. Análise da situación actual en materia de hixiene e sanidade alimentaria: adecuación do produto aos estándares de calidade exixidos polo mercado, en condicións de seguridade e hixiene, respectando e conservando o medio produtivo.

5º. Operacións de mantemento actual das máquinas, equipamentos e materiais necesarios e actuacións para a mellora da eficiencia de procesos.

6º. Análises do grao de coñecemento da normativa vixente por parte do titular da explotación e as súas persoas traballadoras, en materia de prevención de riscos laborais, seguridade alimentaria, seguridade e hixiene nas operacións de produción, así como na manipulación de produtos.

b) Nas explotacións gandeiras: análise da situación actual en relación coa organización e xestión da explotación gandeira. Entre outros:

1º. Identificación e idoneidade da orientación produtiva e diversificación da produción.

2º. Manexo racional de lotes: sistemas de marcación e/ou identificación dos animais, métodos de mellora xenética, reposición, cría e refugo utilizados. Identificación, se é o caso, dos coidados actuais sobre os animais de reposición para obter a súa adaptación á explotación e a súa adecuación como reprodutores.

3º. Alimentación animal: planificación adecuada de pastos na explotación, implantación correcta de pradarías e cultivos forraxeiros (fertilización e protección fitosanitaria), técnicas de ensilado utilizadas e sistemas empregados para a conservación de alimentos. Adicionalmente, métodos de compra de alimentos, formulación de pensos, preparación e distribución das racións (volumétricos e concentrados), análises dos cocientes ración/produción leiteira, ración /produción de carne, segundo a orientación produtiva que se trate, sistemas de conservación de materias primas etc.

4º. Análise da situación actual en materia de hixiene e sanidade dos animais destinados á obtención de produtos gandeiros, adecuación do produto aos estándares de calidade exixidos polo mercado, en condicións de seguridade e hixiene, e respectando e conservando o medio produtivo.

5º. Manexo e operacións de mantemento actual das instalacións, máquinas, equipamentos e materiais necesarios e actuacións para a mellora da eficiencia de procesos. Idoneidade das instalacións existentes na actualidade (peche perimetral con arame, cercos, comedeiros, bebedoiros, iluminación, equipamento para a alimentación, etc.).

6º. Métodos actuais de obtención, transporte, almacenamento e conservación, da produción da explotación gandeira (animais para venda, produtos ou subprodutos).

7º. Análise do grao de coñecemento da normativa vixente por parte do titular da explotación e as súas persoas traballadoras, en materia de prevención de riscos laborais, benestar animal, seguridade alimentaria, seguridade e hixiene nas operacións de produción gandeira así como na manipulación de produtos.

8º. Sistemas de control levados a cabo na explotación en relación co estado de benestar xeral e de saúde dos animais, sistemas de detección empregados (control ambiental, control da alimentación, observación de signos característicos nos animais).

9º. Identificación das operacións básicas realizadas nas explotacións relativas ao control de animais enfermos, tendo en conta a normativa. Protocolos establecidos ante a aparición de enfermidades que poñan en risco a saúde humana.

2. Indicadores ambientais: o asesor deberá realizar unha análise pormenorizada das principais afeccións e impactos que a actividade normal da explotación agrícola ou gandeira exerce sobre o medioambiente. En concreto, o seu efecto sobre a atmosfera, a auga, o solo, a vexetación, a fauna, a paisaxe e o medio socioeconómico. Indicadores como o estado de erosión do solo e arrastre de produtos fitosanitarios a augas superficiais e subterráneas, malos cheiros como consecuencia da putrefacción de restos orgánicos, dispersión de materiais plásticos pola acción do vento, envases de pesticidas e restos orgánicos, xeración de focos de infección como consecuencia de acúmulos de materia orgánica, afeccións graves sobre a paisaxe, acentuado non só pola construción de invernadoiros, senón pola vertedura indiscriminada de residuos sólidos agrícolas, son algúns dos indicadores que poderían terse en conta á hora de avaliar o impacto da actividade agrogandeira sobre o medio. Realizada a análise, deberanse establecer liñas estratéxicas prioritarias en materia ambiental, e plans de acción que recollan aquelas medidas correctoras que minimicen ou eliminen os devanditos impactos. Igualmente, deberanse incluír de forma explícita aspectos relacionados coa mitigación e adaptación ao cambio climático. En concreto, e dependendo do tipo de explotación, deberanse abordar aspectos como a protección do solo, captura de carbono, prácticas de pastoreo, xestión de xurros, cultivos de coberto, alimentación de gando, uso eficiente da auga, emisións de gases efecto invernadoiro, amoníaco e partículas PM, xestión de pragas, etc. Por outra banda, incluiranse medidas específicas para os titulares de explotacións situadas en Rede Natura 2000 (información, formación) sobre o cumprimento da Directiva de conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres (Directiva 92/43/CEE) e a Directiva de conservación de aves silvestres (Directiva 79/409/CEE).

3. Indicadores económicos: será preciso realizar un estudo da situación da explotación desde un punto de vista económico, comprobando a súa viabilidade, establecendo aquelas liñas estratéxicas que se consideren prioritarias e poñendo en marcha medidas de actuación que permitan incrementar a súa rendibilidade. Entre outros, deberanse analizar:

a) Custos actuais de produción:

1º. Custos directos: explotacións agrícolas (sementes e plantas, fertilizantes, produtos fitosanitarios, outras subministracións), explotacións gandeiras (custo de sementes para a implantación de pradarías, fertilizantes, produtos fitosanitarios, forraxes e subprodutos, concentrados, produtos zoosanitarios, compra de animais, etc), maquinaria, man de obra asalariada.

2º. Custos indirectos: cargas sociais, seguros de capitais propios, xuros e gastos financeiros, canon de arrendamento, contribucións e impostos, conservación de edificios e melloras, outros gastos xerais.

b) Amortizacións.

c) Ingresos actuais da explotación: venda de produtos e subprodutos (leite, carne, produtos agrícolas, etc), subvencións.

d) Determinación de resultados: marxe bruta, renda dispoñible, marxe neta, beneficio neto.

4. Indicadores relativos á fiscalidade, contabilidade e contratación laboral da explotación:

a) Idoneidade da clasificación da explotación atendendo á súa forma xurídica (persoa física ou persoa xurídica).

b) Adecuación tributaria: réxime xeral ou especial.

c) Determinación do grao de coñecemento do titular da explotación en materia de sociedades e asociacións agrarias (asociacionismo agrario, cooperativas, sociedades agrarias de transformación, etc), beneficios fiscais aos que está suxeita a explotación así como as obrigacións contables derivadas da actividade, contratación de persoas traballadoras e o seu réxime na Seguridade Social, etc.

ANEXO III

Prestación do servizo de asesoramento

O servizo prestarase a todos aqueles usuarios que así o soliciten, sen discriminación por localización ou tipoloxía da explotación. A modalidade de acceso aos servizos de asesoramento poderá ser por temas concretos ou baixo o asesoramento periódico concertado, sendo de libre decisión dos agricultores a elección do tipo de modalidade.

O servizo de asesoramento consistirá nunha prestación continuada de forma presencial en oficina e/ou ben, vía telefónica, sen prexuízo das visitas obrigatorias á explotación.

Para a correcta prestación do servizo, a entidade deberá realizar de xeito obrigatorio e, como mínimo, tres visitas por explotación, desde a data de inicio da prestación do servizo de asesoramento ao titular dunha explotación.

Por unha banda, estas terán por obxecto a prestación do servizo de asesoramento en relación coas materias recollidas no anexo II, segundo a modalidade de asesoramento seleccionada para cada explotación, e por outra, a elaboración, posta en marcha e seguimento dun plan estratéxico de asesoramento, co contido definido no anexo IV, para cada una das explotacións nos casos en que a prestación do servizo se efectúe na modalidade Intermedia ou Integral, non será exixible a súa realización na modalidade Básica:

a) Visita nº 1: diagnose inicial da explotación. Ten por obxecto a recollida de todos aqueles parámetros que permitan coñecer o estado actual da explotación desde un punto de vista agronómico, económico, ambiental e/ou socio laboral e coa extensión que exixa, en función da modalidade de asesoramento escollida. No caso da modalidade básica, unicamente será preciso avaliar os aspectos agronómicos e ambientais. Como resultado da visita o asesor agrario deberá:

1º. Realizar unha análise DAFO que sirva de punto de partida para poder definir unha estratexia de futuro que leve a potenciar as fortalezas, superar as debilidades, controlar as ameazas e beneficiarse das oportunidades co obxecto de mellorar a competitividade da explotación desde o respecto ao ambiente.

2º. Determinar cales son os aspectos concretos en que se debe centrar o asesoramento dentro de cada materia (RLX, BCAM, DM auga, seguridade laboral, etc.), segundo a modalidade escollida para cada explotación.

3º. Elaborar no caso das modalidades intermedia e integral, a partir da análise anterior un Plan estratéxico (co contido e alcance recollido no anexo IV) onde se recollan aquelas liñas de actuación que se consideren prioritarias para a mellora da competitividade da explotación, desde un punto de vista técnico, económico, ambiental e socio laboral. Se establecerá para cada unha de elas un plan de acción que poderá conter diversas actuacións dirixidas á consecución dos obxectivos formulados, en cada unha das liñas estratéxicas previamente definidas. Recoméndase a posta á disposición do titular do plan estratéxico de xeito previo á realización da segunda visita á explotación por parte do asesor.

b) Visita nº 2: a entidade deberá prestar o servizo de asesoramento ao titular nas materias concretas que sexan esixibles segundo a modalidade seleccionada para cada explotación (básica, intermedia ou integral). Así mesmo, esta visita ten por obxecto a execución do plan estratéxico, nas modalidades intermedia e integral, debendo o asesor informar o titular da explotación acerca de cales serán as liñas prioritarias sobre as que se debe actuar para incrementar a competitividade da súa explotación. Igualmente, deberá orientar e realizar as recomendacións oportunas para facilitarlle a posta en marcha das actuacións previstas no plan.

c) Visita nº 3: a entidade debe realizar durante esta visita o seguimento das recomendacións que efectuou en relación coas materias concretas que abarque o asesoramento, segundo a modalidade seleccionada para cada explotación (básico, intermedio ou integral). Así mesmo, terá por obxecto a realización do seguimento da execución do plan estratéxico nas modalidades intermedia ou integral e avaliación do cumprimento das actuacións definidas. O plan descrito no punto anterior deberá conter, entre outros aspectos, a data aproximada para a realización das visitas de seguimento, así como establecer os indicadores que permitan medir o grao de cumprimento das accións previstas.

Cada entidade deberá prestar o servizo de acordo coa seguinte planificación temporal:

a) Primeira visita a cada explotación, desde o día seguinte da solicitude da axuda ata, como máximo, un mes despois da data de resolución de concesión da axuda.

b) Segunda visita á explotación, a visita deberá realizarse antes de que se cumpran 5 meses para a finalización do prazo para a prestación do servizo de asesoramento.

c) Terceira visita á explotación, como máximo deberá realizarse quince días antes de que finalice o prazo establecido para a prestación de servizos de asesoramento.

A entidade deberé dispor dun arquivo en formato .ods (Calc do libre office) onde se relacionen as explotacións que anualmente reciben os servizos de asesoramento, os datos da persoa demandante do servizo, datos relativos á explotación, tipoloxía do servizo (básico, intermedio ou integral), visitas realizadas, data da súa realización, duración da prestación do servizo (horas dedicadas ao asesoramento de cada explotación (presenciais e non presenciais), medios persoais da entidade, etc. En concreto, o arquivo deberá conter a información seguinte:

Folla

Campo

Descrición

Datos entidade

NIF entidade

Nº oficinas

Enderezo

CP

Localidade

Concello

Provincia

Teléfono

Correo electrónico

NIF responsable da entidade

Responsable

Apelido 1 Apelido 2, Nome

Data de inicio do servizo

DD/MM/AA

Folla

Campo

Descrición

Oficinas

NIF entidade

Oficina nº

1, 2, 3, 4...

Enderezo

CP

Localidade

Concello

Provincia

Teléfono

Correo electrónico

NIF responsable da oficina

Responsable

Horario atención ao público (L-V)

00.00-00.00; 00.00-00.00

Folla

Campo

Descrición

Medios persoais

NIF entidade

Oficina nº

1, 2, 3, 4... (oficina a que está adscrito a persoa traballadora)

Persoa traballadora

Apelido 1 Apelido 2, Nome

NIF persoa traballadora

Formación

Enxeñeiro agrónomo ou equivalente, enxeñeiro técnico agrícola ou equivalente, licenciado en Veterinaria ou equivalente, licenciado en Económicas/Empresariais ou equivalente, outros

Relación laboral

Contrato laboral/Prestación servizos

Data inicio da relación laboral

DD/MM/AA

Data fin relación laboral

DD/MM/AA

Folla

Campo

Descrición

Datos xerais explotacións

NIF entidade

NIF explotación

Titular da explotación

(Razón social; Apelido1 Apelido 2, Nome

Concello

Provincia

Teléfono

Modalidade asesoramento

Básico, intermedio, integral

Prestación total do servizo (horas)

Folla

Campo

Descrición

Servizo de asesoramento (I). Ámbitos de asesoramento

NIF entidade

NIF explotación

Modalidade asesoramento

Básico, intermedio, integral

NIF técnico/a asesor/a

Apelido 1 Apelido 2, Nome

Data asesoramento (visita, in situ, atención telefónica, etc.)

DD/MM/AA

Hora

00.00

Duración

00.00

Tipoloxía da consulta

Na explotación, fóra da explotación, telefónica, en pequenos grupos na explotación, en pequenos grupos fóra da explotación, vía correo electrónico, outras

Ámbitos de asesoramento relacionados coa condicionalidade

Ambiente, cambio climático, boa condición agrícola da terra

Auga

RLX 1

Directiva 91/676/CEE do Consello, do 12 de decembro de 1991, relativa á protección das augas contra a contaminación producida por nitratos procedentes de fontes agrarias (DO L 375, de 31.12.1991, p. 1)

Indicar a materia concreta do asesoramento

BCAM 1

Creación de franxas de protección nas marxes dos ríos

Indicar a materia concreta do asesoramento

BCAM 2

Cando o uso de auga para a rega precise autorización, cumprimento dos procedementos de autorización

Indicar a materia concreta do asesoramento

BCAM 3

Protección das augas subterráneas contra a contaminación: prohibición de verteduras directas nas augas subterráneas e medidas para previr a contaminación indirecta das augas subterráneas mediante a vertedura sobre o terreo e a filtración a través do solo de substancias perigosas, tal como se enumeran no anexo da Directiva 80/68/CEE na súa versión en vigor no seu último día de vixencia, na medida en que teña relación coa actividade agrícola

Indicar a materia concreta do asesoramento

Folla

Campo

Descrición

Servizo de asesoramento (I). Ámbitos de asesoramento

Ámbitos de asesoramento relacionados coa condicionalidade

Ambiente, cambio climático, boa condición agrícola da terra

Solo e reserva de carbono

BCAM 4

Cobertura mínima do solo

Indicar a materia concreta do asesoramento

BCAM 5

Xestión mínima das terras que reflicta as condicións específicas locais para limitar a erosión

Indicar a materia concreta do asesoramento

BCAM 6

Mantemento do nivel de materia orgánica no solo mediante prácticas adecuadas, incluída a prohibición de queimar os restrollos, excepto por razóns fitosanitarias 2.con especial atención á modificación do Real decreto 1078/2014 mediante o Real decreto 980/2017, en materia de xurros

Indicar a materia concreta do asesoramento

Biodiversidade

RLX 2

Directiva 2009/147/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 30 de novembro de 2009, relativa á conservación das aves silvestres (DO L 20, do 26.1.2010, p. 7). Artigo 3, punto 1, artigo 3, punto 2, letra b), e artigo 4, puntos 1, 2 e 4

Indicar a materia concreta do asesoramento

RLX 3

Directiva 92/43/CEE do Consello, do 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres (DO L 206, do 22.7.1992, p. 7). Puntos 1 e 2 do artigo 6

Indicar a materia concreta do asesoramento

Paisaxe, nivel mínimo de mantemento

BCAM 7

Mantemento das particularidades topográficas, incluídos, cando cumpra, sebes, estanques, gabias e árbores en ringleira, en grupo ou illados, lindes e terrazas, incluída a prohibición de cortar sebes e árbores durante a tempada de cría e reprodución das aves e, de maneira opcional, medidas para evitar as especies de plantas invasoras

Indicar a materia concreta do asesoramento

Saúde pública, sanidade animal e fitosanidade

Seguridade alimentaria

RLX 4

Regulamento (CE) nº 178/2002 do Parlamento Europeo e do Consello, do 28 de xaneiro de 2002, polo que se establecen os principios e os requisitos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria (DO L 31, do 1.2.2002, p. 1). Artigos 14 e 15, artigo 17, punto 1 (3), e artigos 18, 19 e 20

Indicar a materia concreta do asesoramento

Folla

Campo

Descrición

Servizo de asesoramento (I).

Ámbitos de asesoramento

Ámbitos de asesoramento relacionados coa condicionalidade

Saúde pública, sanidade animal e fitosanidade

RLX 5

Directiva 96/22/CE do Consello, do 29 de abril de 1996, pola que se prohibe utilizar determinadas substancias de efecto hormonal e tireostático e substancias β-agonistas na cría de gando e se derrogan as directivas 81/602/CEE, 88/146/CEE e 88/299/CEE (DO L 125, do 23.5.1996, p.3). Artigo 3, letras a), b), d) e e) e artigos 4, 5 e 7

Indicar a materia concreta do asesoramento

Identificación e rexistro de animais

RLX 6

Directiva 2008/71/CE do Consello, do 15 de xullo de 2008, relativa á identificación e ao rexistro de porcos (DO L 213, do 8.8.2005, p. 31). Artigos 3, 4 e 5

Indicar a materia concreta do asesoramento

RLX 7

Regulamento (CE) nº 1760/2000 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de xullo de 2000, que establece un sistema de identificación e rexistro dos animais da especie bovina e relativo á etiquetaxe da carne de vacún e dos produtos a base de carne de vacún se derroga o Regulamento (CE) nº 820/1997 do Consello (DO L 204, do 11.8.2000, p. 1). Artigos 4 e 7

Indicar a materia concreta do asesoramento

RLX 8

Regulamento (CE) nº 21/2004 do Consello, do 17 de decembro de 2003, polo que se establece un sistema de identificación e rexistro dos animais das especies ovina e cabrúa e se modifican o Regulamento (CE) nº 1782/2003 e as directivas 92/102/CEE e 64/432/CEE, Regulamento horizontal (DO L 5, do 9.1.2004, p. 8). Artigos 3, 4 e 5

Indicar a materia concreta do asesoramento

Enfermidades animais

RLX 9

Regulamento (CE) nº 999/2001 do Parlamento Europeo e do Consello, do 22 de maio de 2001, polo que se establecen disposicións para a prevención, o control e a erradicación de determinadas encefalopatías esponxiformes transmisibles (DO L 147, do 31.5.2001, p. 1). Artigos 7, 11, 12, 13 e 15

Indicar a materia concreta do asesoramento

Folla

Campo

Descrición

Servizo de asesoramento (I). Ámbitos de asesoramento

Ámbitos de asesoramento relacionados coa condicionalidade

Saúde pública, sanidade animal e fitosanidade

Produtos fitosanitarios

RLX 10

Regulamento (CE) nº 1107/2009 do Parlamento Europeo e do Consello, do 21 de outubro de 2009, relativo á comercialización de produtos fitosanitarios e polo que se derrogan as directivas 79/117/CEE e 91/414/CEE do Consello (DO L 309, do 24.11.2009, p. 1). Artigo 55, frases primeira e segunda

Indicar a materia concreta do asesoramento

Benestar dos animais

Benestar dos animais

RLX 11

Directiva 2008/119/CE do Consello, do 18 de decembro de 2008, relativa ás normas mínimas para a protección de tenreiros (DO L 10, do 15.1.2009, p. 7). Artigos 3 e 4

Indicar a materia concreta do asesoramento

RLX 12

Directiva 2008/120/CE do Consello, do 18 de decembro de 2008, relativa ás normas mínimas para a protección de porcos (DO L 47, do 18.2.2009, p. 5). Artigos 3 e 4

Indicar a materia concreta do asesoramento

RLX 13

Directiva 98/58/CE do Consello, do 20 de xullo de 1998, relativa á protección dos animais nas explotacións gandeiras (DO L 221, do 8.8.1998, p. 23). Artigo 4

Indicar a materia concreta do asesoramento

Folla

Campo

Descrición

Servizo de asesoramento (I). Ámbitos de asesoramento

Outros ámbitos de asesoramento

Prácticas beneficiosas MA e clima (Pagamentos verdes) título 3, capítulo 3 do Regulamento (UE) nº 1307/2013, o mantemento da superficie agrícola, segundo o disposto no artigo 4, apartado 1, letra c), do Regulamento (UE) nº 1307/2013

Indicar a materia concreta do asesoramento

Modernización de explotacións, consolidación da competitividade, a integración das explotacións, a consolidación da competitividade, integración sectorial, innovación e orientación ao mercado e promoción da iniciativa empresarial

Indicar a materia concreta do asesoramento

Directiva Marco da Auga. Requisitos establecidos polos Estados membros para a aplicación do artigo 11, apartado 3 da Directiva 2000/60/CE pola que se establece un marco comunitario de actuación no ámbito da política de augas

Indicar a materia concreta do asesoramento

Requisitos a escala dos beneficiarios, establecidos polos Estados membros para a aplicación do artigo 55 do Regulamento (CE) nº 1107/2009, en particular o requisito a que se refire o artigo 14 da Directiva 2009/128/CE

Indicar a materia concreta do asesoramento

Seguridade Laboral

Indicar a materia concreta do asesoramento

Primeira instalación á actividade agraria

Indicar a materia concreta do asesoramento

Agroambiente e clima

Indicar a materia concreta do asesoramento

Agricultura ecolóxica

Indicar a materia concreta do asesoramento

Fomento das conversións de explotacións e a diversificación da súa actividade económica

Indicar a materia concreta do asesoramento

Xestión do risco e a introdución das medidas preventivas oportunas para facer fronte aos desastres naturais, os acontecementos catastróficos e as enfermidades animais e vexetais

Indicar a materia concreta do asesoramento

Información relativa á mitigación do cambio climático e a adaptación aos seus efectos, a biodiversidade e a protección da auga prevista no anexo I do presente regulamento

Indicar a materia concreta do asesoramento

Folla

Campo

Descrición

Servizo de asesoramento plan estratéxico

NIF entidade

NIF explotación

Modalidade asesoramento

Básico, intermedio, integral

Técnico asesor

Apelido 1, apelido 2, nome

Data visita nº 1

DD/MM/AA

Liñas prioritarias de actuación

Numeralas

Data visita nº 2

DD/MM/AA

Accións previstas

Numeralas

Data visita nº 3

DD/MM/AA

Grao de cumprimento das accións propostas

0, 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10

Folla

Campo

Descrición

Queixas e suxestións

NIF entidade

NIF explotación

Interesado

Apelido 1, apelido 2, nome

Data interposición

DD/MM/AA

Tipoloxía

Queixa/suxestión

Resumo do contido

Data contestación

DD/MM/AA

Resumo contestación

Por último, a entidade deberá elaborar unha memoria resumo de actuacións que recolla, polo menos, o seguinte contido:

a) Principais características das explotacións asesoradas: localización, tipoloxía (agrícola, gandeira ou mixta), orientación produtiva, dimensión, sistema de manexo predominante e tipo de servizo prestado (asesoramento básico, intermedio ou integral).

b) Por tipoloxía de explotación e orientación produtiva: principais aspectos en que se centrou o asesoramento dentro das materias previstas para cada modalidade. No caso concreto da prestación do servizo nas modalidades intermedia e integral, identificación das principais liñas de actuación dirixidas á mellora da explotación, establecidas con base na realización da análise DAFO; resumo das accións previstas para a mellora global da explotación e avaliación do cumprimento das actuacións definidas no plan estratéxico no seu conxunto.

ANEXO IV

Plan estratéxico de asesoramento

O servizo de asesoramento ten como obxectivo prioritario a mellora do rendemento actual da explotación. A descrición do plan estratéxico deberá establecer a metodoloxía de asesoramento técnico e seguimento que se vai implantar para cada explotación, segundo a modalidade de asesoramento elixida por cada un dos seus titulares. O contido mínimo é o seguinte:

5.1. Avaliación da situación actual.

Esta actuación comprende a realización dunha análise DAFO que permita coñecer a situación actual para o que será imprescindible realizar una primeira visita a cada explotación. Isto servirá de punto de partida para poder definir unha estratexia de futuro que leve a potenciar as fortalezas, superar as debilidades, controlar as ameazas e beneficiarse das oportunidades co obxecto de mellorar a competitividade da explotación desde o respecto ao ambiente. O alcance e o contido desta análise axustarase ao especificado no anexo II modalidades de asesoramento.

5.2. Liñas prioritarias de actuación.

As entidades deberán establecer, a partir da análise anterior, aquelas liñas de actuación que se consideren prioritarias para a mellora da competitividade de cada explotación, desde un punto de vista técnico, económico, ambiental e socio laboral, sempre enfocado ás materias obxecto de asesoramento, en función da modalidade escollida polo titular agrario.

5.3. Plan de acción.

Establecerase para cada unha das liñas definidas no punto anterior, un plan de acción que poderá conter diversas actuacións dirixidas á consecución dos obxectivos formulados en cada unha das liñas estratéxicas, previamente definidas.

A execución do plan exixirá a realización de, como mínimo, unha nova visita a explotación para a súa posta en marcha.

5.4. Seguimento da execución do plan de acción.

Describiranse as medidas que adoptará a entidade para realizar o seguimento da execución do plan de acción e avaliar o grado de cumprimento das actuacións definidas. Será obrigatorio incluír polo menos unha visita anual a cada explotación co obxecto de verificar o cumprimento do plan de acción.

5.5. Documentación de traballo.

A entidade deberá incorporar neste punto a documentación necesaria que deixe constancia das visitas, seguimento e recomendacións (actas, informes, etc.). A documentación de traballo mínima para prestar o servizo de asesoramento será, polo menos, a seguinte:

a) Análise DAFO, onde se recollan as debilidades, fortalezas, ameazas e oportunidades desde o punto de vista agronómico, económico, medio ambiental e socio laboral, en función da modalidade de asesoramento escollida polo titular de cada explotación. Teranse en conta a avaliación dos aspectos especificados para cada indicador no anexo II.

b) De cada visita deberase deixar constancia a través da acta correspondente. As actas de visita poderán ser checklist que se empreguen durante as visitas co obxecto de elaborar, executar e realizar o seguimento do plan estratéxico así como para verificar o cumprimento de prácticas correctas na explotación. Cada un destes documentos deberá conter información relativa aos diferentes indicadores a avaliar por materia de asesoramento (agronómicos, ambientais, económicos, fiscais e socio laborais), segundo a modalidade de servizo que se trate. Deberán ser asinados polo titular da explotación e o asesor que presta o servizo; quedando constancia de que recibiron de xeito directo o asesoramento e onde manifeste a súa conformidade co servizo. O asesor deberá proporcionar ao titular da explotación unha copia do checklist de control, de execución do plan estratéxico e de seguimento, dependendo da tipoloxía de visita que se trate. Así mesmo, deberá facilitar ao titular o plan estratéxico para poñer en marcha na súa explotación.

ANEXO V

Método de avaliación da calidade do servizo

O sistema de rexistro de queixas e suxestións servirá de instrumento para a avaliación da calidade por parte da Administración, da prestación do servizo. Quedará constancia nas actas de visita ás explotacións de que a entidade informa debidamente ao usuario da posta á súa disposición deste sistema en que deberán quedar perfectamente diferenciadas 3 seccións: rexistro, resposta ao usuario e comunicación, que deberán conter os datos suficientes que permitan identificar a explotación e o seu titular, coñecer as datas en que se produza o feito ou comunicación así como o obxecto e contido da reclamación ou suxestión. O sistema deberá funcionar do seguinte xeito:

a) Rexistro: as queixas e suxestións poderanse interpor:

1º. Persoalmente, en calquera das oficinas que teña habilitada cada entidade. Poranse á disposición dos usuarios formularios que preferentemente estarán en formato dixital, aínda que, de forma alternativa, se disporá dun libro de reclamacións en formato papel con follas numeradas, co obxecto de facilitar o seu acceso a calquera usuario que o requira.

2º. No caso de que a entidade dispoña de páxina web, esta deberá habilitar unha epígrafe denominada «Queixas e suxestións» que permita o acceso a un formulario electrónico onde rexistrar os comentarios pertinentes. Os formularios dixitais ou libros de reclamacións deberán conter os datos suficientes que permitan identificar a explotación e o seu titular, coñecer a data de rexistro, así como o obxecto e contido da reclamación. En ambos os casos, a persoa que interpoña unha queixa ou suxestión deberá recibir unha copia do formulario debidamente selada pola entidade.

b) Resolución: as queixas e suxestións recibidas deberán ser contestadas nun prazo non superior a 1 mes desde a súa recepción, quedando debidamente rexistrada a data de contestación e o seu contido.

c) Comunicación: a entidade deberá remitir ao servizo territorial que corresponda a información contida neste sistema xunto coa solicitude de pagamento de axudas

ANEXO VI

Publicidade Feader: carteis e placas

a) Os modelos de carteis e placas que os beneficiarios de axudas Feader deben utilizar para cumprir coas obrigas recollidas no artigo 18, adaptaranse ao seguinte formato estándar no que o emblema da Unión Europea e a denominación do fondo, conxuntamente co lema, ademais da descrición do proxecto ou operación deberán ocupar, como mínimo, o 25 % do deseño.

missing image file

b) Cores e tipo de letra.

Cor branco fondo

Branco

Cor fondo 1

Gris

Cor fondo 2

Cian 100 %

Cor fondo 3

Negro

Tipo de letra

Rafale

Tipo de letra Feader e lema

News gothic

Cor letra 1

Negro

Cor letra 2

Branco

c) Dimensións.

Axuda pública total

Cartel

Placa

>50.000 €

Dimensión mínima (A)

100 cm

30 cm

Altura mínima

130 cm

-

d) Tanto os carteis como as placas serán de material resistente (ríxido ou semirríxido), non serán admisibles a simple impresión en papel. Colocaranse sempre nun lugar visible ao público.

e) O elemento publicitario debe manterse, polo menos, durante un prazo idéntico ao do compromiso que adquire o beneficiario ao recibir a subvención.

missing image file
missing image file