Mediante a Resolución do 15 de febreiro de 2018 (DOG núm. 41, do 27 de febreiro), establecéronse as bases reguladoras para a concesión dunha bolsa de formación para o programa de traballo do Consello Galego de Consumidores e Usuarios, e procedeuse á súa convocatoria para o ano 2018.
Unha vez concluído o prazo de presentación de instancias e avaliadas as solicitudes presentadas, de acordo cos criterios fixados no artigo 7 das bases reguladoras, a comisión de valoración elevou a persoa proposta para a concesión da bolsa e a lista de reserva para o caso de non aceptación ou renuncia da bolsa concedida.
En virtude do anterior, e de conformidade co establecido no artigo 19.2 das bases reguladoras,
RESOLVO:
Primeiro. Concederlle a bolsa de formación para o programa de traballo do Consello Galego de Consumidores e Usuarios á persoa beneficiaria que se relaciona no anexo I desta resolución.
A bolsa estará dotada con 900 euros brutos por mes.
Segundo. Establecer a lista de reserva, por orde de prelación, que se indica no anexo II desta resolución para o caso de non aceptación ou renuncia da bolsa concedida.
Terceiro. Inadmitir as solicitudes presentadas polas persoas que se relacionan no anexo III desta resolución, por non cumprir cos requisitos exixidos.
Cuarto. Desestimar as demais solicitudes presentadas ao abeiro do establecido nos artigos 6 e 17 das bases reguladoras (anexo IV).
Quinto. Dispoñer gastos mediante a expedición dos correspondentes documentos contables con cargo ás partidas orzamentarias 09.80.613A.481.0, «axudas e convenios para as organizacións de consumidores» e 09.80.613A.484.0, «cotas Seguridade Social bolseiros» dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2018, e que se destinarán ao pagamento da persoa bolseira e das cotas da Seguridade Social.
A contía da bolsa calcúlase desde a data de incorporación da persoa beneficiaria ata o 31 de decembro de 2018.
Sexto. A persoa beneficiaria deberá comunicar a súa aceptación ou renuncia no prazo máximo de cinco días hábiles contados desde o seguinte ao da notificación desta resolución.
Despois de transcorrer o dito prazo, se a persoa beneficiaria non se declara en ningún sentido, entenderase que renuncia á bolsa.
No caso de que a persoa beneficiaria non acepte a bolsa, non se poida incorporar por calquera outro motivo ou renuncie á bolsa, poderá ser substituída polas persoas que figuran na lista de reserva en función da orde de prelación.
Sétimo. A persoa beneficiaria da bolsa terá as obrigas establecidas no artigo 24 das bases reguladoras, «Obrigas da persoa beneficiaria».
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso potestativo de reposición ante o órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses que se contarán desde a mesma data. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.
Notifíqueselles esta resolución ás persoas interesadas.
Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2018
Sol Mª Vázquez Abeal
Directora do Instituto Galego do Consumo e da Competencia
ANEXO I
Persoa beneficiaria da bolsa de formación para o programa de traballo
do Consello Galego de Consumidores e Usuarios
Nº expediente |
Solicitante |
IN118A/18/17 |
López Bustabad, Ignacio Javier |
ANEXO II
Lista de persoas suplentes, por orde de prelación, para cubrir as vacantes
que se poidan producir por non aceptación ou renuncia da bolsa concedida
Nº |
Nº expedente |
Nome |
Apelidos |
1 |
IN118A/18/18 |
Paula |
Lorenzo L. Carballal |
2 |
IN118A/18/6 |
Nidia Esther |
Aquino Aquino |
3 |
IN118A/18/19 |
Ángel |
Rodríguez Escribano |
4 |
IN118A/18/7 |
Sara |
Rodil Davila |
ANEXO III
Lista de solicitudes non admitidas
Nº expediente |
Apelidos |
Nome |
Causa/s non admisión |
IN118A/18/3 |
Santos Pardo |
Iria |
Artigo 5.f) Non ter emprego remunerado nin percibir a prestación por desemprego |
IN118A/18/12 |
Rodríguez Morodo |
María |
Artigo 5.c) Estar en posesión dun título universitario de licenciado/a ou de graduado/a, en Dereito |
IN118A/18/14 |
Cacabelos Torres |
Mar |
Artigo 5.j) Estar ao día no pagamento de obrigas coa AEAT |
IN118A/18/15 |
Álvarez Alcaraz |
Raquel |
Artigo 5.d) Non gozar na actualidade de calquera outra bolsa ou axuda, salvo o subsidio por desemprego |
IN118A/18/21 |
González Brey |
Cristina |
Artigo 5.d) Non gozar na actualidade de calquera outra bolsa ou axuda, salvo o subsidio por desemprego |
ANEXO IV
Lista de solicitudes desestimadas
Nº expediente |
Apelidos |
Nome |
Causa/s de desestimación |
IN118A/18/13 |
Abal Rodríguez |
Beatriz |
Artigos 6 e 17 das bases reguladoras |
IN118A/18/2 |
Barrera Toba |
Carlota |
Artigos 6 e 17 das bases reguladoras |
IN118A/18/20 |
Piñeiro Rodríguez |
Miriam |
Artigos 6 e 17 das bases reguladoras |
IN118A/18/8 |
Seren Reija |
Paula |
Artigos 6 e 17 das bases reguladoras |
IN118A/18/16 |
Fernández Garrido |
Rebeca |
Artigos 6 e 17 das bases reguladoras |
IN118A/18/5 |
García Clemente |
Irene |
Artigos 6 e 17 das bases reguladoras |
IN118A/18/4 |
Dacunha Pazos |
Alberto |
Artigos 6 e 17 das bases reguladoras |
IN118A/18/9 |
Pazos Pérez |
Juan Manuel |
Artigos 6 e 17 das bases reguladoras |
IN118A/18/11 |
Rey Giao |
Catherin |
Artigos 6 e 17 das bases reguladoras |
IN118A/18/1 |
Rodríguez Paredes |
María de las Nieves |
Artigo 17.3 das bases reguladoras |
IN118A/18/10 |
Canabal Cerdeira |
Noemí |
Artigo 17.3 das bases reguladoras |