Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 13 de xullo de 2018 Páx. 33419

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2018, da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, pola que se dá publicidade a unha encomenda de xestión ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec).

Actividade. O obxecto da encomenda é a execución do servizo técnico cualificado para a análise e informe das intervencións que se pretendan realizar en bens de interese cultural ou catalogados, así como, de ser o caso, no seu contorno de protección ou na súa zona de amortecemento.

Natureza e alcance da xestión encomendada. Esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao ter a empresa pública Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec) a consideración de medio instrumental da Administración, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

Prazo de vixencia. O prazo de execución é de seis meses e comeza o 18 de xuño de 2018.

Financiamento. Esta encomenda tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018, aplicación orzamentaria 10.21.433A.640.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2018

A directora xeral do Patrimonio Cultural
P.S. (Resolución do 27.6.2018)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria