Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 16 de xullo de 2018 Páx. 33629

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 5 de xullo de 2018 pola que se amplía a dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas na Orde do 12 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións dirixidas a entidades locais para a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras de renda de integración social de Galicia (Risga), e se aproba a súa convocatoria para o ano 2018.

A Orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria do 12 de decembro de 2017, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións dirixidas a entidades locais para a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras de renda de integración social de Galicia (Risga), e se procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2018 (Diario Oficial de Galicia núm. 9, do 12 de xaneiro), establece no seu artigo 2.3 que os créditos da orde poderán ser obxecto de modificacións como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de fomento do emprego, coas limitacións que estableza a Conferencia Sectorial de Asuntos Laborais, nos supostos e nas condicións previstas nos artigos 30 e 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Polo tanto, como existe crédito dispoñible na aplicación con cargo a cal se financian as axudas establecidas na citada orde, cómpre ampliar o importe dos créditos destinados ás axudas que poderán ser concedidas ao abeiro da orde que se cita nesta disposición, coa finalidade de facer chegar estas ao maior número de beneficiarios posible.

Por todo o exposto, e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo primeiro

Amplíase o importe total das axudas establecidas na Orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria do 12 de decembro de 2017, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións dirixidas a entidades locais para a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras de renda de integración social de Galicia (Risga), e se procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2018 (Diario Oficial de Galicia núm. 9, do 12 de xaneiro), que se van conceder ao abeiro desta orde de convocatoria, na seguinte contía e aplicación orzamentaria que figura dotada nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018:

Aplicación

Código proxecto

Crédito inicial

Ampliación

Total orde

09.40.322C.460.3

2015 00532

5.698.398,00 €

2.000.000,00 €

7.698.398,00 €

Artigo segundo

Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2018

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria