BDNS (Identif.): 376860.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):
Primeiro. Prazo de presentación de solicitudes
Amplíase ata o 21 de setembro de 2018 o prazo de presentación de solicitudes da liña IG240.2 (axudas), establecido no punto terceiro do resolvo da Resolución do 21 de decembro de 2017 pola que se publicou o acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica que aprobou as bases reguladoras dos obradoiros e das axudas á dixitalización Industria 4.0, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procedeu á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.
Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2018
Pablo Casal Espido
Secretario xeral do Instituto Galego de Promoción Económica