Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 2 de agosto de 2018 Páx. 35840

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (DSP 126/2018).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 126/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Rosende Alvariño contra Hostecarba, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou a sentenza cuxa resolución di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Manuel Rosende Alvariño contra a entidade Hostecarba, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto Manuel Rosende Alvariño con data do 31 de decembro de 2017, e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes, desde a data de efectos do citado despedimento, ao cesar na súa actividade a anterior entidade, e condeno a entidade Hostecarba, S.L. ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 18.727,57 euros.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito perante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación».

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Hostecarba, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza