Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 2 de agosto de 2018 Páx. 35841

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (CA 821/2017).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento conta de avogados 821/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Miguel Blanco Pérez contra José Manuel Palazón Sánchez sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Requirir a José Manuel Palazón Sánchez para que pague a cantidade de 261,36 euros nun prazo de dez días ou para que a impugne expondo os motivos que teña para impugnala e achegando, se é o caso, os documentos que teña á súa disposición.

Igualmente, apercibo o requirido de que, se no dito prazo non paga nin impugna a conta de dereitos e adiantos, se procederá contra os seus bens pola vía de constrinximento e se despachará execución pola cantidade a que ascende a conta, máis as custas.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se deberá interpor ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que esta contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a José Manuel Palazón Sánchez, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto das resolucións que sexan autos ou sentenzas ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza