Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 2 de agosto de 2018 Páx. 35824

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2018 pola que se fai pública a relación de aspirantes declarados/as aptos/as nas probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas, convocadas pola Resolución do 20 de abril de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 85, do 3 de maio).

De acordo coas bases xerais para a convocatoria das probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades, o tribunal fará públicas e elevará á Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública a relación dos/as aspirantes declarados/as aptos/as, que deberá ser publicada no Diario Oficial de Galicia.

Polo exposto, e facendo uso das competencias que me foron concedidas,

RESOLVO:

Primeiro

Facer pública a relación de aspirantes que superaron as probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas, que se xunta como anexo a esta resolución.

Segundo

Os/as aspirantes declarados/as aptos/as nesta resolución deberán presentar, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, solicitude dirixida á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, axustada ao modelo normalizado (código PR473B) que figura na resolución de convocatoria, xunto co xustificante de ter aboada a correspondente taxa, para que lle sexa expedida a habilitación prevista no artigo 6 do Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

O pagamento da taxa poderá facerse en calquera das modalidades previstas na disposición terceira da resolución de convocatoria, e deberánse cubrir os seguintes códigos no modelo de autoliquidación:

Consellería de: Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Código: 04.

Delegación de Servizos Centrais.

Servizo de Interior e Espectáculos Públicos.

Código: 20.

Taxa. Denominación: expedición e renovación da habilitación.

Código: 30.48.02.

Total: 5,98 euros.

Terceiro

Contra a presente resolución, que non esgota á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Estrada, 20 de xullo de 2018

Luis Menor Pérez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Alvarellos Toucedo, Marcos

Casal Vidal, Manuel

Castillo González, Manuel

Castro Núñez, Manuel

Díaz Rifon, Jorge Juan

Escudero Castro, Ricardo

Fernández Llano, Óscar Serafín

Formoso Rodríguez, Víctor

González González, Alejandro

González González, Pablo

González López, Daniel

Junquera Moreso, Virgilio

Lista Arias, José Manuel

López Huerva, Juan Francisco

Lorenzana Bargueiras, Andrés Jesús

Mera Cao, Carlos

Núñez Pol, José Manuel

Rey Domínguez, Daniel

Rodríguez Amaral, Manuel

Rodríguez Castro, Javier

Román López, Yerai

Román Vázquez, José María

Rúa Iturburo, Diego Fabián

Sabio Tojeiro, David

Salvador López, Jesús

Silva Toucedo, José Manuel

Vila González, José Manuel