Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 10 de agosto de 2018 Páx. 37231

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 17 de xullo de 2018 pola que se autoriza, na modalidade a distancia, as ensinanzas de técnico deportivo e técnico deportivo superior en Baloncesto, no centro Manuel Peleteiro, de Santiago de Compostela (A Coruña).

Por Orde do 20 de xullo de 2016 autorízase a apertura e funcionamento do centro de ensinanzas deportivas Manuel Peleteiro, de Santiago de Compostela, para impartir as ensinanzas conducentes a obtención dos títulos de técnico deportivo e técnico deportivo superior en Baloncesto, reguladas polo Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, que establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial no marco da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (LOE), modificada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa (LOMCE).

O representante da titularidade do devandito centro solicita autorización para impartir as mencionadas ensinanzas na modalidade a distancia.

O Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial, no seu artigo 24, sinala a posibilidade de ofertar ensinanzas deportivas de xeito modular ou parcial, ben sexa en réxime presencial ou a distancia.

O Decreto 106/2017, do 28 de setembro, polo que se establece currículo dos ciclos inicial e final de grao medio correspondentes ao título de técnico deportivo en Baloncesto, establece no seu anexo XIV os módulos que poderán ofertarse a distancia.

O Decreto 118/2017, do 5 de outubro, polo que se establece o currículo do ciclo de grao superior correspondente ao título de técnico deportivo superior en Baloncesto, establece no seu anexo XI os módulos que poderán ofertarse a distancia.

O Decreto 410/2003, do 6 de novembro, regula os requisitos e o procedemento para a autorización a centros privados e a centros públicos que non sexan de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para impartir ensinanzas de técnicos deportivos na Comunidade Autónoma de Galicia; norma desenvolvida polas ordes desta consellería do 12 de abril de 2004 e do 23 de abril de 2004, nas que se determinan o procedemento de autorización e os requisitos mínimos dos espazos administrativos e docentes xenéricos cos que deben contar os centros.

Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Autorización de ensinanzas

Autorizar na modalidade a distancia, as ensinanzas de técnico deportivo e técnico deportivo superior en Baloncesto, no centro que se sinala a seguir:

Denominación xenérica: Centro Autorizado de Ensinanzas Deportivas.

Denominación específica: Manuel Peleteiro.

Código do centro: 15033034.

Titular: Herederos de Manuel Peleteiro, S.C.

Domicilio: Vía Monte Redondo, s/n.

Localidade: O Castiñeiriño (Nosa Señora de Fátima).

Concello: 15702 Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Módulos que se autorizan na modalidade a distancia:

Bloque común

Grao medio

Ciclo inicial

Ciclo final

MED-C101. Bases do comportamento deportivo.

MED-C102. Primeiros auxilios.

MED-C103. Actividade física adaptada e discapacidade.

MED-C104. Organización deportiva.

MED-C201. Bases da aprendizaxe deportiva.

MED-C202. Bases do adestramento deportivo.

MED-C203. Deporte adaptado e discapacidade.

MED-C204. Organización e lexislación deportiva.

MED-C205. Xénero e deporte.

Bloque

específico

MED-BCBC102. Formación do/a xogador/a en etapas iniciais.

MED-BCBC103. Dirección de equipos en etapas iniciais.

MED-BCBC104. Ensino do baloncesto.

MED-BCBC105. Táctica de ataque e defensa en etapas iniciais.

MED-BCBC201. Formación do/da xogador/a na etapa de tecnificación.

MED-BCBC202. Dirección de equipos na etapa de tecnificación.

MED-BCBC203. Adestramento en baloncesto.

MED-BCBC204. Táctica de ataque e defensa na etapa de tecnificación.

MED-BCBC205. Iniciación en baloncesto en cadeira de rodas.

Bloque común

Grao superior

MED-C301. Factores fisiolóxicos do alto rendemento.

MED-C302. Factores psicosociais do alto rendemento.

MED-C303. Formación de formadores/as deportivos/as.

MED-C304. Organización e xestión aplicada ao alto rendemento.

Bloque específico

MED-BCBC301. Formación do/da xogador/a na etapa de alto rendemento.

MED-BCBC302. Dirección de equipos na etapa de alto rendemento.

MED-BCBC303. Adestramento de alto rendemento en baloncesto.

MED-BCBC304. Táctica de ataque e defensa na etapa de alto rendemento.

MED-BCBC305. Proxecto.

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación do profesorado que impartirá docencia nos devanditos ciclos, así como o equipamento.

Artigo 3. Inscrición no rexistro de centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando deban modificarse calquera dos datos que sinala esta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo de un mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria