BDNS (Identif.): 412019.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):
Primeiro. Persoas beneficiarias
Españois ou nacionais dun país membro da Unión Europea ou estranxeiro con permiso de residencia en España no momento de solicitar a bolsa e con dominio dalgunha das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia, que estean en posesión do ciclo formativo de Acuicultura na data de remate do prazo de presentación de solicitudes desta orde de convocatoria. Poden presentarse aqueles/as alumnos/as titulados/as como técnicos/as medios en Operacións de Cultivo Acuícolas/técnicos/as medios en Cultivos Acuícolas,
e/ou técnicos/as superiores en Produción Acuícola/técnicos/as superiores en Acuicultura.
Segundo. Obxecto
Formación en réxime de empresa tutelada de catro persoas tituladas nos ciclos formativos de Acuicultura.
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 3 de agosto de 2018 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria de bolsas de formación en réxime de empresa tutelada para os/as titulados/as en ciclos formativos de Acuicultura e se procede á súa convocatoria.
Cuarto. Contía
O financiamento destas bolsas farase con cargo ás partidas orzamentarias 14 03 422K 480.0 (76.800 euros) e 14 03 422K 484.0 (4.920 euros) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia dos anos 2018-2020, que se destinarán ao pagamento das mensualidades dos bolseiros e das cotas da Seguridade Social, respectivamente.
O importe bruto mensual de cada bolsa será de oitocentos euros (800 euros).
O número de bolsas é de catro (4).
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
Un mes, que contará a partir do día seguinte ao de publicación desta orde no DOG. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2018
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar