O artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece a obrigatoriedade de publicación no Diario Oficial de Galicia das axudas concedidas coa indicación da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputan, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade.
Na súa virtude
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 5 de marzo de 2018 (DOG núm. 59, do 23 de marzo), pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de intervencións arqueolóxicas e se procede á súa convocatoria para o ano 2018, con cargo ás aplicacións orzamentarias 10.21.433A.770.0 e 10.21.433A.781.2, segundo o anexo desta resolución.
Segundo. Desestimar o resto das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 5 de marzo de 2018, que se recollen no anexo II desta resolución.
Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2018
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Anexo I
| Solicitante | Actuación | Subvención concedida | Aplicación orzamentaria | 
| Edifa Cabaro, S.L. | Sondaxes arqueolóxicas valorativas para a rehabilitación de edificio na praza da Constitución núm. 11, concello de Vigo | 3.031,05 € | 10.21.433A.770.0 | 
| Santiago Pérez Alonso | Sondaxes mecánicas nun solar en Pedornes, Santa María de Oia, concello de Pontevedra | 441,65 € | 10.21.433A.781.2 | 
| Marta María Porca Vidal | Control arqueolóxico das obras de rehabilitación de edificio na rúa do Castro, núm. 13, concello de Betanzos | 1.118,04 € | 10.21.433A.781.2 | 
| Juan Díaz Bernárdez | Control arqueolóxico das obras vinculadas ao proxecto básico na Casa do Priorato, Surriba, Barbadelo, concello de Sarria | 1.663,75 € | 10.21.433A.781.2 | 
| Eladio Pérez Fernández | Control arqueolóxico e escavación arqueolóxica en área na parcela 53 do SAI, sector A, barrio de Xermaña, Panxón, concello de Nigrán | 6.269,39 € | 10.21.433A.781.2 | 
| María González Misa | Sondaxes mecánicas para a construción dunha vivenda unifamiliar nunha parcela do camiño de Gravín, s/n, Medialdea, Belesar, concello de Baiona | 1.126,34 € | 10.21.433A.781.2 | 
| Marta Ramilo González | Sondaxes arqueolóxicas mecánicas previas á construción dunha vivenda unifamiliar en Camiño, núm. 51, Donas, concello de Gondomar | 1.121,07 € | 10.21.433A.781.2 | 
Anexo II
| Solicitante | Actuación | Causas | 
| Asociación Cultural Villa Petroni | Prospección arqueolóxica con xeo-radar 3D multifunción na paraxe da Barca, concello de Padrón | Incumprimento dos artigos 1.1 e 2.2.d) da Orde do 5 de marzo de 2018. | 

 
					
