Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 21 de agosto de 2018 Páx. 38810

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 829/2017).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 829/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Bermúdez Aguiar contra o Fondo de Garantía Salarial, Cocinas Novara, S.L. sobre ordinario, se ditou a seguinte sentenza cuxa parte dispositiva di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por José Manuel Bermúdez Aguiar, contra a entidade Cocinas Novara, S.L., e, en consecuencia, debo condenar e condeno á entidade Cocinas Novara, S.L., a que aboe ao demandante a cantidade de 1.445,90 € como indemnización por despedimento obxectivo de data 26 de outubro de 2016, con imposición das custas do presente procedemento, que incluirán os honorarios do letrado co límite de 600 €.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra esta non cabe interpoñer recurso ningún.

E para que sirva de notificación en legal forma a Cocinas Novara, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza