Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 21 de agosto de 2018 Páx. 38811

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (DSP 156/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 156/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sandra María Vidal Doldan contra Miva Vicente Vidal, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse sentenza coa seguinte parte dispositiva:

«Que debo estimar e estimo a demanda que, en materia de despedimento, foi interposta por Sandra María Vidal Doldán contra a entidade Miva Vicente Vidal, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento que a demandante foi obxecto con efectos do 13 de xaneiro de 2018, e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes, desde a data do despedimento (13.1.2018), ao cesar na súa actividade a anterior entidade, condenando a entidade Miva Vicente Vidal, S.L., ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 2.100,35 euros.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Miva Vicente Vidal, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza