Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 27 de agosto de 2018 Páx. 39360

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 2018 pola que se conceden as axudas da primeira edición do programa Industrias do futuro 4.0, orientado a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras dentro da iniciativa Industrias 4.0-captación de investimentos, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e se abre o prazo de presentación de solicitudes para a segunda edición.

A Resolución do 21 de maio de 2018, da Axencia Galega de Innovación, estableceu as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o programa Industrias do futuro 4.0 (segunda convocatoria) orientado a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras dentro da iniciativa Industrias 4.0-captación de investimentos, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e procedeu á súa convocatoria para o ano 2018 (código do proxecto IN854A) (Diario Oficial de Galicia núm. 105, do 4 de xuño).

Esta convocatoria prevé, no seu artigo 7, dous períodos de presentación de solicitudes. A primeira edición é para as solicitudes presentadas ata o 4 de xuño de 2018.

Todas as solicitudes presentadas na primeira edición cumpren os requisitos que se exixen aos proxectos e aos beneficiarios para poder optar ás axudas, e foron obxecto do proceso de avaliación segundo os criterios de valoración establecidos no artigo 34 das bases reguladoras.

A comisión de selección prevista no artigo 33 das bases reguladoras reuniuse o día 1 de agosto de 2018 e elaborou unha relación, por orde decrecente de puntuación, das solicitudes que cumpren as condicións administrativas e técnicas para adquirir a condición de beneficiario, así como os seus custos subvencionables.

O crédito dispoñible para esta edición é o 50 % do orzamento da convocatoria, segundo o establecido no artigo 8.2 desta, e resulta suficiente para financiar os proxectos seleccionados que superan a puntuación mínima de 60 puntos.

Unha vez realizada a instrución do procedemento e á vista da proposta de resolución e do informe emitido pola comisión de selección para a primeira edición, de acordo co disposto nos artigos 32 e 37 das bases reguladoras,

RESOLVO:

1. Conceder as axudas, respectando a intensidade máxima prevista no artigo 9 das bases reguladoras, ás empresas seleccionadas que figuran no anexo desta resolución para a realización do proxecto que en cada caso se indica.

2. Abrir o prazo de presentación de solicitudes para a segunda edición desta convocatoria, desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata o 28 de setembro, de conformidade co disposto no artigo 7 das bases reguladoras.

As axudas concedidas imputaranse ás aplicacións orzamentarias 09.A3.561A.770.00 e 09.A3.561A.781.0 segundo a natureza da entidade beneficiaria, en que existe crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018.

Estas axudas están cofinanciadas no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 1 «Potenciar a investigación o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación», Prioridade de investimento 1.2 «O fomento do investimento empresarial en I+i, o desenvolvemento de vínculos e sinerxías entre as empresas, os centros de investigación e desenvolvemento e o sector do ensino superior, en particular mediante o fomento do investimento no desenvolvemento de produtos e servizos, a transferencia de tecnoloxía, a innovación social, a innovación ecolóxica, as aplicacións de servizo público, o estímulo da demanda, a interconexión en rede, as agrupacións e a innovación aberta a través dunha especialización intelixente e mediante o apoio á investigación tecnolóxica e aplicada, liñas piloto, accións de validación precoz dos produtos, capacidades de fabricación avanzada e primeira produción, en particular, en tecnoloxías facilitadoras esenciais e difusión de tecnoloxías polivalentes», Obxectivo específico: 1.2.1 «Impulso e promoción de actividades de I+i lideradas por empresas, apoio á creación e consolidación de empresas innovadoras e apoio á compra pública innovadora» e actuación CPSO 1.2.1.6 «Proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras no marco da atracción do investimento privado para a posta en valor da I+D+i en Galicia».

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso de alzada perante o presidente da Axencia Galega de Innovación no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2018

A directora da Axencia Galega de Innovación
P. A. (Resolución do 16.6.2014 da Presidencia
da Axencia; DOG núm. 127, do 7 de xullo)
Benito Fernández Rodríguez
Director da Área de Xestión

ANEXO

Expediente

Título

Acrónimo

Valoración do

proxecto

NIF

Beneficiario

Líder

Orzamento subvencionable

%

Subvención

2018

2019

2020

IN854A 2018/01

Tecnoloxías dixitais para a industria madeireira do futuro

Smart4Wood

77

Participantes

A15005499

Financiera
Maderera, S.A.

4.601.229,77 €

25

1.150.307,44 €

4.166,70 €

598.722,23 €

547.418,51 €

IN854A 2018/03

Transformación integral Industria 4.0 do proceso produtivo da pizarra natural

Cupa 4.0

68,9

4.260.574,92 €

1.704.229,96 €

16.666,66 €

958.002,78 €

729.560,52 €

Participantes

B32347759

Cupa Innovación, S.L.U.

Si

922.583,16 €

40

369.033,26 €

4.166,66 €

198.670,76 €

166.195,84 €

B32225419

Pizarras Valdacal, S.L.

Non

427.245,06 €

40

170.898,02 €

0,00 €

101.906,49 €

68.991,53 €

B32419764

Pizarras del Valle, S.L.

Non

428.042,85 €

40

171.217,14 €

0,00 €

86.755,72 €

84.461,42 €

B32230708

Cupa Ingeniería y Servicios

Non

1.125.874,40 €

40

450.349,76 €

0,00 €

283.855,45 €

166.494,31 €

A32225427

Cupa Pizarras, S.A.U.

Non

606.679,45 €

40

242.671,78 €

0,00 €

142.254,20 €

100.417,58 €

G36871424

Fundación CTAG

Non

750.150,00 €

40

300.060,00 €

12.500,00 €

144.560,16 €

142.999,84 €

IN854A 2018/02

Fábrica intelixente para produtos de interior no sector de automoción

SmartFactoryAuto

65,6

4.482.519,54 €

1.793.007,81 €

29.166,64 €

937.980,45 €

825.860,72 €

Participantes

B36360329

Centro Tecnológico del Grupo Copo, S.L.U.

Si

1.237.249,03 €

40

494.899,61 €

4.166,66 €

241.803,20 €

248.929,75 €

A36321883

Grupo Empresarial Copo, S.A.

Non

450.171,45 €

40

180.068,58 €

4.166,66 €

85.772,13 €

90.129,79 €

B36424869

Copo Galicia, S.L.U.

Non

1.140.712,68 €

40

456.285,07 €

4.166,66 €

291.467,67 €

160.650,74 €

A36121176

Componentes de Vehículos de Galicia, S.A.

Non

978.054,32 €

40

391.221,73 €

4.166,66 €

196.657,31 €

190.397,76 €

G36871424

Fundación CTAG

Non

676.332,06 €

40

270.532,82 €

12.500,00 €

122.280,14 €

135.752,68 €