Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 27 de agosto de 2018 Páx. 39358

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 23 de agosto de 2018 pola que se establecen condicións de xustificación e pagamento das axudas concedidas pola Consellería do Medio Rural para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro do ano 2017.

O día 30 de outubro de 2017 publicouse no DOG a Orde conxunta do 27 de outubro de 2017 mediante a cal se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de axudas previstas polo Decreto 102/2017, do 19 de outubro, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro do ano 2017.

Dado que a orde conxunta deriva do Decreto 102/2017, do 19 de outubro, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro de 2017, e que a disposición derradeira primeira do decreto habilita os distintos titulares das consellerías e das entidades do sector público para que, no ámbito das súas competencias, diten as disposicións necesarias para o desenvolvemento dese decreto adoptando as medidas para a súa aplicación, corresponde á conselleira do Medio Rural a aprobación de condicións de xustificación e pagamento das axudas concedidas, establecendo medidas coherentes co resto da orde conxunta.

En consecuencia co anteriormente exposto, no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único. Xustificación e pagamento das axudas concedidas pola Consellería do Medio Rural para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro do ano 2017

As axudas concedidas pola Consellería do Medio Rural para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro do ano 2017 xustificaranse de conformidade co establecido na Orde conxunta do 27 de outubro de 2017 mediante a cal se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de axudas previstas polo Decreto 102/2017, do 19 de outubro, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de outubro do ano 2017.

Se o investimento xustificado for menor á contía solicitada, e sempre que se cumpra coa finalidade para a cal se concedeu a subvención, corresponderá igualmente o pagamento do importe concedido, sempre que a contía xustificada sexa igual ou superior a este.

O prazo de execución e xustificación prorrógase ata o 30 de novembro de 2018.

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2018

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira do Medio Rural