Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 10 de setembro de 2018 Páx. 40466

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo para o desenvolvemento dunha campaña de difusión institucional das políticas sociais da Xunta de Galicia destinadas ás persoas maiores no ano 2018 (expediente 5/2018).

En cumprimento do artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do contrato que se relaciona a seguir:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 5/2018.

d) Enderezo na internet do perfil do contratante:

https://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=259289

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: realización dunha campaña de promoción da imaxe do colectivo de persoas maiores como Os maiores activos de Galicia e a difusión dos programas, servizos, recursos e prestacións que a Xunta de Galicia ten a súa disposición.

c) División por lotes: non.

d) CPV: 79341000 Servizos de publicidade. 79341400 Servizos de campañas de publicidade.

CPA: 731 Servizos de publicidade.

e) Acordo marco: non.

f) Tipo de fondo: orzamentos xerais da Comunidade Autónoma correspondentes á Consellería de Política Social.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, BOE e DOG.

h) Data de publicación do anuncio de licitación: 2.2.2018, 13.2.2018, 19.2.2018.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado: 454.545,45 €.

5. Formalización do contrato:

a) Data de formalización: 31 de xullo de 2018.

b) Contratista: Canal Uno de Comunicación, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 407.146,33 € (sen IVE).

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2018

Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social