Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 14 de setembro de 2018 Páx. 42431

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (DSP 70/2018).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 70/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Tania Suárez López contra a empresa New Caro Store, S.L., con intervención procesual do Fogasa, sobre despedimento, ditouse sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva din:

«Sentenza

Na Coruña o vinte e oito de xuño de dous mil dezaoito.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 70/2018, en que son parte, dun lado como demandante Tania Suárez López, asistida polo letrado Alfonso González Pardo, e como demandado New Caro Store, S.L., que non comparece, con intervención procesual do Fogasa, que non comparece, sobre despedimento, pronunciou, en nome do rei, a seguinte sentenza

Decido que, estimando a demanda interposta por Tania Suárez López contra a empresa New Caro Stores, S.L.U., con citación do Fogasa, debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado, e condeno a demandada a que, no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata do demandante, nas mesmas condicións que posuía con anterioridade, ou o aboamento dunha indemnización de 859,10 euros. No caso de que opte pola readmisión, a traballadora terá dereito aos salarios de tramitación, que ascenden 31,24 euros/día.

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta en Banco de Santander desta cidade.

E, igualmente, deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a New Caro Store, S.L., expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de agosto de 2018

A letrada da Administración de xustiza