Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 14 de setembro de 2018 Páx. 42357

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2018 pola que se dá publicidade á resolución de concesión dos obradoiros á dixitalización Industria 4.0.

Mediante a Resolución do 21 de decembro de 2017 (DOG núm. 245, do 28 de decembro), publicáronse as bases reguladoras dos obradoiros do Igape á dixitalización Industria 4.0 e procedeuse á súa convocatoria, por trámite anticipado de gasto, en réxime de concorrencia competitiva.

As ditas bases establecen no seu artigo 12.6 que a resolución será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es, ao cal se remitirá desde o texto publicado no DOG.

Na súa virtude e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Anunciar a publicación do texto completo da resolución definitiva do 6 de setembro de 2018 da convocatoria IG239.2 dos obradoiros do Igape á dixitalización Industria 4.0, no enderezo www.tramita.igape.es (epígrafe Consulta de resolucións definitivas, http://www.igape.es/gl/oficina-virtual/resolucions-definitivas). O texto completo da resolución non se publica no DOG na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Habilítase un prazo de dez (10) días naturais para que os interesados accedan á oficina virtual do Igape, no enderezo www.tramita.igape.es (epígrafe Consulta de resolucións definitivas, http://www.igape.es/gl/oficina-virtual/resolucions-definitivas), utilizando o seu NIF e o código IDE do expediente, para descargar a súa resolución individual. Transcorrido o devandito prazo desde a posta á disposición da resolución individual sen que se acceda ao seu contido entenderase rexeitada.

Segundo. As resolucións individuais, segundo o establecido no punto primeiro, esgotan a vía administrativa e contra elas poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao do acceso á resolución individual, ou a partir do día en que se puxo á súa disposición no caso de non acceder ao seu contido. Non obstante, previamente poderá interpoñer recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral do Igape, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao do acceso á resolución individual, ou a partir do día en que se puxo á súa disposición no caso de non acceder ao seu contido.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2018

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica