Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 24 de setembro de 2018 Páx. 43235

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2018 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2018.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia, dentro dos vinte primeiros días dos meses de xaneiro, maio e setembro de cada ano, unha relación dos convenios de colaboración subscritos referida ao cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único. Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no segundo cuadrimestre do ano 2018, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2018

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no segundo cuadrimestre do ano 2018.

Convenio

Importe achegado polo IGVS

Data da
sinatura

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Ribeira para o acceso ao fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos menores de 50.000 habitantes.

518.781,81 €

30.8.2018

Convenio entre o Ministerio de Fomento e a Comunidade Autónoma de Galicia para a execución do plan estatal de vivenda 2018-2021.

24.675.300,00 €

30.7.2018

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Instituto Tecnolóxico de Galicia para a revisión e actualización da base de datos da construción de Galicia no período 2018-2021.

316.000,00 €

28.6.2018