Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 24 de setembro de 2018 Páx. 43173

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta secretaría xeral no segundo cuadrimestre de 2018.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Secretaría Xeral da Emigración nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2018, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2018

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Nome

Obxecto

Importe

Data da sinatura

Convenio de colaboración co Centro Gallego de Mar del Plata (Arxentina)

Contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en Mar del Plata (Arxentina)

20.000,00 €

3.5.2018

Convenio de colaboración coa Asociación Española Primera de Socorros Mutuos de Montevideo (Uruguai)

Desenvolvemento dun programa de atención sociosanitaria destinado ás persoas de orixe galega e aos seus descendentes residentes en Montevideo (Uruguai)

20.000,00 €

5.5.2018

Convenio de colaboración coa Casa de Galicia de Montevideo (Uruguai)

Desenvolvemento de programas de atención sociosanitaria destinados ás persoas de orixe galega e aos seus descendentes residentes en Montevideo (Uruguai)

35.000,00 €

5.5.2018

Convenio de colaboración coa Fundación España Salud (Venezuela)

Contribuír á atención das necesidades sociosanitarias e de atención domiciliaria dos cidadáns galegos residentes en Venezuela

70.000,00 €

28.5.2018

Convenio de colaboración co Hogar Español de Montevideo (Uruguai)

Contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en Montevideo

40.000,00 €

5.5.2018

Convenio de colaboración co Hogar Gallego para Ancianos de Bos Aires (Arxentina)

Contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en Bos Aires

30.000,00 €

3.5.2018

Convenio de colaboración coa Asociación de Emigrantes Retornados Ulla-Umia (AERU)

Contribuír ao mantemento dunha oficina de información e asesoramento dirixida a emigrantes retornados

6.000,00 €

17.7.2018

Convenio de colaboración coa Fundación Fillos de Ourense-Fundaourense (Venezuela)

Contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en Venezuela

40.000,00 €

20.8.2018

Convenio de colaboración coa Fundación Apoyo a la Ciudadanía Española en Venezuela (FACEV)

Prestación de asistencia socioasistencial especial e sanitaria de emerxencia a persoas de orixe galega residentes en Venezuela

40.000,00 €

20.8.2018