Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 24 de setembro de 2018 Páx. 43228

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2018 pola que se convoca un curso selectivo de acceso á escala técnica, categoría de intendente dos corpos da policía local.

Dentro das actividades programadas para o ano 2018 e conforme as funcións atribuídas pola Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, da Academia Galega de Seguridade Pública, e o establecido nos artigos 38 e 39 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, anúnciase a convocatoria dun curso selectivo para o acceso á categoría de intendente da policía local, conforme as seguintes bases:

Obxectivos:

Actualizar na normativa vixente e de aplicación directa no traballo policial ao alumnado.

Desenvolver a súa capacidade de liderado, coñecendo os recursos dispoñibles para levar a cabo unha dirección de equipos eficaz e motivadora.

Aumento da capacidade de comunicación.

Destinatarios/as:

Persoal dos corpos de policía local que superaron o proceso selectivo para a categoría de intendente principal, e que non tivesen realizado este curso.

Inscrición:

A inscrición dos/as participantes será totalmente gratuíta.

Prazas:

Sen límite.

Solicitudes:

1. Os concellos deberán remitir un escrito á Academia Galega de Seguridade Pública, solicitando a participación no curso da/s persoa/s que se atopen nesta situación, para efectuar a correspondente reserva de praza para a realización do devandito curso.

2. O prazo para a remisión de escritos rematará o día 4 de outubro de 2018.

Duración e contido:

O curso ten unha duración de 200 horas. Unha vez feita a selección do alumnado, a Agasp comunicaralle ao alumnado a data de inicio do curso e o seu horario.

Conforme o establecido no artigo 38.4 e 39.3 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, a Academia homologará ao alumnado os cursos realizados cuxo programa, duración e contido o permitan.

O contido deste curso versará sobre habilidades de mando, estratexias directivas, comunicación externa e protocolo, xestión administrativa, ademais da presentación dun proxecto directivo.

A presentación do proxecto directivo, realizarase o día 10 de decembro de 2018, as 12.00 horas.

Certificado:

A Agasp emitirá un informe ao concello correspondente certificando esta circunstancia, de xeito que se poida proceder ao nomeamento como funcionario de carreira e á toma de posesión como intendente do corpo de policía local.

Modificacións:

A Academia Galega de Seguridade Pública poderá modificar o desenvolvemento normal do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 14 de setembro de 2018

Luis Menor Pérez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública