Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 27 de setembro de 2018 Páx. 43687

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

ORDE do 10 de setembro de 2018 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes no Servizo Galego de Saúde.

Mediante a Orde do 3 de xullo de 2018 (DOG núm.140, do 23 de xullo) anúnciase a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dos postos de traballo vacantes no Servizo Galego de Saúde que se detallan no anexo I desa orde.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e demais normativa vixente, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada mediante a Orde desta consellería do 3 de xullo de 2018 e designar as persoas cuxos datos se sinalan no anexo desta orde para ocuparen os postos que tamén se especifican e que son seleccionadas conforme o establecido nas bases da citada convocatoria.

Segundo. O cesamento no actual destino das persoas que obtiveron as prazas producirase no prazo de tres días contados a partir do día seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ou segundo o establecido na normativa de aplicación na súa Administración de orixe.

O prazo para tomar posesión do novo destino será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia, de sete días hábiles se comporta cambio de residencia ou de vinte días hábiles cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

O prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento. Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberase computar desde a dita data.

O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, se é o caso, lles fosen concedidos aos/ás interesados/as.

Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Terceiro. A xefatura do centro en que cause baixa o/a traballador/a, así como a daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda.

Cuarto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso administrativo de reposición, ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2018

Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Datos da persoa seleccionada:

Apelidos e nome: Blanco Lobeiras, María Sinda.

NIF: *****036H (*) .

Corpo/escala: persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde/categoría médicos de familia de atención primaria.

Subgrupo: A1.

Datos do posto de traballo:

Denominación do posto: subdirector/a xeral de Planificación e Programación Asistencial.

Código do posto: SGS030000115770001.

Nivel CD: 30.

Centro directivo ou dependencia: Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde.

Localidade: Santiago de Compostela.

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.

Datos da persoa seleccionada:

Apelidos e nome: Alonso Fachado, Alfonso.

NIF: *****107G (*) .

Corpo/escala: persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde/categoría médicos de familia de atención primaria.

Subgrupo: A1.

Datos do posto de traballo:

Denominación do posto: subdirector/a xeral de Ordenación Asistencial e Innovación Organizativa.

Código do posto: SGS030000315770001.

Nivel CD: 30.

Centro directivo ou dependencia: Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde.

Localidade: Santiago de Compostela.

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.