Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 27 de setembro de 2018 Páx. 43685

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 10 de setembro de 2018 pola que se autoriza a educación secundaria para persoas adultas, na modalidade a distancia semipresencial, na Escola Familiar Agraria Fonteboa de Coristanco.

O representante da titularidade da Escola Familiar Agraria Fonteboa, de Coristanco, solicita autorización para impartir a educación secundaria para persoas adultas, na modalidade a distancia semipresencial, e deixar de impartila na modalidade presencial, autorizada conforme a Orde do 26 de abril de 2016 e publicada no Diario Oficial de Galicia do 13 de maio.

A Orde do 20 de marzo de 2018 (DOG do 12 de abril) regula a educación básica para as persoas adultas e establece o seu currículo, e no seu artigo 12 desenvolve a modalidade a distancia semipresencial.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Autorizar a educación secundaria para persoas adultas, na modalidade a distancia semipresencial, quedando a escola configurada como a seguir se detalla:

Denominación: Escola Familiar Agraria Fonteboa.

Código: 15021974.

Domicilio: Feira Nova, s/n.

Localidade: San Paio.

Concello: Coristanco.

Provincia: A Coruña.

Titular: Federación de Escuelas Familiares Agrarias.

Composición resultante:

• 4 unidades de educación secundaria obrigatoria.

• 1 CM Produción Agropecuaria (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Gandaría e Asistencia en Sanidade Animal (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Paisaxismo e Medio Rural (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

Modalidade a distancia semipresencial:

• Educación secundaria para persoas adultas.

Artigo 2. Inscrición no rexistro

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Artigo 3. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria