Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 27 de setembro de 2018 Páx. 43693

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2018 pola que se modifica o prazo de xustificación para a anualidade 2018 establecido no artigo 37 da Resolución do 31 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas do programa Conecta Peme para fomentar a cooperación entre as pemes e os demais axentes do Sistema rexional de innovación, a través do apoio a proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación orientados ao mercado e aliñados cos retos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.

O 8 de febreiro de 2018 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 31 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas do programa Conecta Peme para fomentar a cooperación entre as pemes e os demais axentes do Sistema rexional de innovación, a través do apoio a proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación orientados ao mercado e aliñados cos retos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.

O artigo 37.2 desta resolución establecía os seguintes prazos de xustificación:

Períodos de emisión das facturas (realización de gastos) e realización de pagamentos dos gastos executados:

Primeira anualidade: desde a data de presentación da solicitude do líder ata o 30 de setembro de 2018.

Segunda anualidade: desde o 1 de outubro de 2018 ata o 30 de setembro de 2019.

Terceira anualidade: desde o 1 de outubro de 2019 ata o 30 de setembro de 2020.

Prazos de presentación da documentación:

Primeira anualidade: ata o 5 de outubro de 2018.

Segunda anualidade: ata o 5 de outubro de 2019.

Terceira anualidade: ata o 5 de outubro de 2020.

Tendo en conta a demora na resolución das devanditas axudas, motivado polo gran número de solicitudes presentadas e polo proceso de avaliación destas, e co fin de viabilizar os procesos de execución e xustificación das axudas concedidas para o ano 2018 por parte dos beneficiarios resultantes e dado que non causa prexuízo a terceiros, considérase necesario ampliar o prazo de xustificación para o ano 2018 establecido no artigo 37.2 da convocatoria.

En consecuencia, no exercicio das facultades que me confire o artigo 17.3 do Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación, e coa habilitación outorgada pola disposición derradeira primeira da resolución da convocatoria

RESOLVO:

Artigo único. Modificación do artigo 37.2 da Resolución do 31 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas do programa Conecta Peme para fomentar a cooperación entre as pemes e os demais axentes do Sistema rexional de innovación, a través do apoio a proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación orientados ao mercado e aliñados cos retos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.

O artigo 37.2 da citada resolución queda redactado do seguinte xeito:

Períodos de emisión das facturas (realización de gastos) e realización de pagamentos dos gastos executados:

Primeira anualidade: desde a data de presentación da solicitude do líder ata o 30 de novembro de 2018.

Segunda anualidade: desde o 1 de decembro de 2018 ata o 30 de setembro de 2019.

Terceira anualidade: desde o 1 de outubro de 2019 ata o 30 de setembro de 2020.

Prazos de presentación da documentación:

Primeira anualidade: ata o 5 de decembro de 2018.

Segunda anualidade: ata o 5 de outubro de 2019.

Terceira anualidade: ata o 5 de outubro de 2020.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2018

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación