Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 3 de outubro de 2018 Páx. 44693

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 18 de setembro de 2018 pola que se nomean funcionarios ou funcionarias en prácticas as persoas que superaron o procedemento de acceso ao corpo de catedráticos de música e artes escénicas, nas especialidades vinculadas ás ensinanzas superiores de música, convocado pola Orde do 20 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia do 16 de abril).

Mediante Orde do 20 de marzo de 2018 (DOG do 16 de abril) convocouse un procedemento de acceso ao corpo de catedráticos de música e artes escénicas, nas especialidades vinculadas ás ensinanzas superiores de música.

Mediante unha Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do 4 de setembro de 2018 (DOG do 18 de setembro) fíxose pública a relación de aspirantes que superaron o procedemento selectivo de acceso ao corpo de catedráticos de música e artes escénicas, nas especialidades vinculadas ás ensinanzas superiores de música, ordenados por especialidade e número de orde.

Mediante unha Resolución do 5 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, adxudicáronse definitivamente os destinos provisionais para o curso académico 2018/19 entre o persoal docente pertencente ao corpo de catedráticos de música e artes escénicas.

Existindo vacantes dotadas orzamentariamente, procede nomear funcionarios ou funcionarias en prácticas as persoas opositoras que foron destinadas a aquelas.

Na súa virtude, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro. Nomear funcionarios ou funcionarias en prácticas do corpo de catedráticos de música e artes escénicas as persoas aspirantes que se relacionan no anexo da Resolución do 5 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se adxudican definitivamente os destinos provisionais para o curso académico 2018/19 entre o persoal docente pertencente ao corpo de catedráticos de música e artes escénicas.

Segundo. O nomeamento como funcionario ou funcionaria en prácticas producirá efectos económicos e administrativos desde o 1 de setembro de 2018.

Terceiro. Segundo se indica no punto terceiro da citada Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do 4 de setembro de 2018, de conformidade co establecido no artigo 39.4 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, modificado polo Real decreto 84/2018, do 23 de febreiro, as persoas que accedan por este procedemento estarán exentas da realización da fase de prácticas.

Cuarto. A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos adoptará todas as medidas e ditará as instrucións que coide oportunas para o desenvolvemento da presente orde.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria