Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 17 de outubro de 2018 Páx. 46111

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 185/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 185/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Joaquín Pájaro Varela contra Fogasa, Mármoles Alende, S.L., se ditaron as seguintes resolucións:

«Auto.

Maxistrada xuíza: Ana María Souto González.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2018.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Joaquín Pájaro Varela solicitou a execución da sentenza número 257/2018 do 7 de xuño de 2018 ditada no procedemento DOI 553/2017 fronte a Mármoles Alende, S.L., Fogasa.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. O exercicio da potestade xurisdicional xulgando e facendo executar o xulgado, corresponde exclusivamente aos xulgados e tribunais determinados nas leis e nos tratados internacionais (artigo 117 da CE e artigo 2 da LOPX).

O artigo 237.2 da LXS establece que a execución de sentenzas firmes o levará a cabo o órgano xudicial que tiver coñecido do asunto en instancia, polo que corresponde a este xulgado do social número 1 o despacho da execución deste título xudicial.

Segundo. A execución iniciarase por instancia de parte, e unha vez iniciada esta, tramitarase de oficio ditándose para o efecto as resolucións necesarias (artigo 239 da LXS).

Terceiro. Despois de transcorrer o termo establecido no artigo 279 da LXS, 138.8 da LXS, sen que conste que a empresa demandada procedese á readmisión do/dos traballador/es no prazo e condicións legalmente previsto, corresponde, de conformidade co establecido no artigo 280 da LXS, despachar execución do resolto en sentenza.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Dispoño:

– Despachar orde xeral de execución do título indicado a favor do executante Joaquín Pájaro Varela fronte a Mármoles Alende, S.L., Fogasa parte executada.

– De conformidade co disposto no artigo 280 da LSX e conforme o solicitado na demanda executiva, pola letrada da Administración de xustiza sinalarase data para vista do incidente.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada

A letrada da Administración de xustiza».

«Dilixencia de ordenación.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2018.

Despois de presentar o traballador Joaquín Pájaro Varela esixindo o cumprimento polo empresario Mármoles Alende, S.L. da obriga de readmisión, e despois de despacharse auto de execución do 18 de setembro de 2018, de conformidade ao artigo 280 da LXS, acordo:

– Citar de comparecencia ás partes e ao Fondo de Garantía Salarial coas advertencias legais e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que intenten valerse, e fixo o próximo día 13 de decembro de 2018 ás 11.55 horas para a celebración da comparecencia na sala de audiencias número 3 deste xulgado.

De non asistir o traballador ou persoa que o represente, teráselle por desistido na súa solicitude; se non o fixese o empresario ou o seu representante, celebrarase o acto sen a súa presenza.

Así mesmo, acordo a citación do executado Mármores Alende, S.L. por medio de edictos, tendo en conta que se atopa en ignorado paradoiro.

Sirva de citación a notificación da presente resolución ás partes comparecidas.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición a interpoñer ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Mármoles Alende, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza