Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 19 de outubro de 2018 Páx. 46391

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2018, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 3 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas de inserción laboral dirixidos a mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciada polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2018 e 2019 (Diario Oficial de Galicia número 135, do 16 de xullo).

En cumprimento do disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 3 de xullo de 2018, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas de inserción laboral dirixidos a mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciada polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para os anos 2018 e 2019 (DOG núm. 135, do 16 de xullo), que se indican no anexo, cun importe total concedido de 564.419,57 euros, con cargo á aplicación 05.11.313D.481.02 (código de proxecto 2015 00154), dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo coa seguinte distribución:

Ano 2018: 117.800,32 euros.

Ano 2019: 446.619,25 euros.

Esta convocatoria está financiada ao 80 % con fondos FSE do programa operativo de Galicia 2014-2020, obxectivo temático 9 «promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación», prioridade de investimento 9.3 «loita contra toda forma de discriminación e promoción da igualdade de oportunidades», obxectivo específico 9.3.1 «Aumentar a integración socio-laboral das persoas pertencentes a colectivos máis vulnerables, a través de actuacións que fomenten a igualdade de xénero e a conciliación da vida persoal e laboral, evitando, pola súa vez, a discriminación múltiple».

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2018

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO

Nº de expediente

Entidade

NIF

Concesión

1º período

Concesión

2º período

SI451A 2018/13

Acción Laboral

V09409749

13.120,17 €

60.000,00 €

SI451A 2018/4

Fundación Cip

G15849318

16.000,00 €

60.000,00 €

SI451A 2018/7

AXEL-Asociación Xóvenes Emprendedores Lucenses

G27305218

10.917,95 €

36.886,28 €

SI451A 2018/12

Apetamcor-Asociación de Empresarios de Transporte de Mercancías por Carretera

G32026056

14.000,00 €

52.500,00 €

SI451A 2018/9

Apico-Asociación pola Igualdade e a Coeducación

G94088549

14.000,00 €

48.471,11 €

SI451A 2018/11

Fundación Amigos de Galicia

G15859911

8.774,64 €

24.819,70 €

SI451A 2018/10

Asociación de Empresarios de Mos

G36223543

14.000,00 €

52.500,00 €

SI451A 2018/15

Ecos do Sur

G15354483

12.000,00 €

45.000,00 €

SI451A 2018/14

Fundación Nortempo

G70009949

12.000,00 €

45.000,00 €

SI451A 2018/5

CIMO-entidade prestadora de servizos

G32010449

2.987,56 €

21.442,16 €

Total

117.800,32 €

446.619,25 €