Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 6 de novembro de 2018 Páx. 48053

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2018 pola que se modifica parcialmente a Resolución do 19 de xullo de 2018 pola que se adxudican as axudas do anexo II, modalidade B, da Orde do 30 de abril de 2018, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.

A Orde do 30 de abril de 2018 (DOG núm. 98, do 24 de maio) establece as bases reguladoras e a convocatoria das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (en diante, Gain), en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva.

Pola Resolución do 19 de xullo de 2018 (DOG núm. 144, do 30 de xullo), concedéronse as axudas da modalidade B ás entidades que contraten as persoas seleccionadas para unha praza do Programa de apoio á etapa de formación posdoutoral que se relacionan no seu anexo I.

A competencia para resolver estas axudas correspóndelle á persoa titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, de acordo co artigo 11 da convocatoria.

En consecuencia, atendendo á renuncia recibida na Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional,

RESOLVO:

Primeiro. Aceptar a renuncia da modalidade B das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral presentada pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), correspondente a Eduardo Manuel González Ferreiro.

Segundo. Aceptar a renuncia presentada pola Universidade de Vigo (UVigo), correspondente a José Santiago Pozo Antonio, que figuraba en primeiro lugar na lista de agarda.

Terceiro. Adxudicar unha nova axuda á UVigo para a contratación da persoa investigadora que se indica a seguir, que figuraba no segundo lugar da lista de agarda, de acordo co artigo 18 da convocatoria:

Nº expediente

Univ.

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI

Rama de coñecemento

Nota avaliación

ED481B 2018/019

UVigo

Delgado

Núñez

Cristina

*****324Z

Ciencias

79

Cuarto. Actualizar a lista de agarda para determinar posibles substitucións.

Nº expediente

Univ.

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI

Rama de coñecemento

Nota avaliación

ED481B 2018/027

USC

Rodríguez

Outeiro

Luis

*****202H

Ciencias Sociais e Xurídicas

78

ED481B 2018/003

USC

Ferreiro

Vila

Elías

*****518A

Ciencias

77

Quinto. Redistribuír o crédito destinado ao financiamento destas axudas entre as universidades do SUG, segundo a renuncia e a nova incorporación, tal e como se indica na seguinte táboa:

Aplicación orzamentaria

Universidade

Nº de axudas

Crédito (en euros)

2018

2019

2020

2021

Total

10.40.561B.444.0

UDC

1

10.605,56

39.000,00

28.394,44

0,00

78.000,00

10.40.561B.744.0

5.000,00

10.000,00

10.000,00

0,00

25.000,00

UDC

15.605,56

49.000,00

38.394,44

0,00

103.000,00

10.40.561B.444.0

USC

12

127.266,72

468.000,00

340.733,28

0,00

936.000,00

10.40.561B.744.0

60.000,00

120.000,00

120.000,00

0,00

300.000,00

USC

187.266,72

588.000,00

460.733,28

0,00

1.236.000,00

10.40.561B.444.0

UVigo

7

63.633,36

271.838,89

209.366,64

1.161,11

546.000,00

10.40.561B.744.0

35.000,00

70.000,00

70.000,00

0,00

175.000,00

UVigo

98.633,36

341.838,89

279.366,64

1.161,11

721.000,00

Total

301.505,64

978.838,89

778.494,36

1.161,11

2.060.000,00

As axudas concedidas financiaranse con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018 e anos sucesivos e imputaranse ao Plan galego de financiamento universitario para o período 2016-2020, polo que a anualidade de 2021 se integrará no novo plan de financiamento para os anos seguintes.

Sexto. A data de comezo do contrato será o 12 de novembro de 2018.

Sétimo. A entidade beneficiaria deberá remitir un escrito de aceptación da axuda á Secretaría Xeral de Universidades no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e vinculará a persoa seleccionada aos seus organismos mediante a formalización do correspondente contrato.

Oitavo. O artigo 14 da orde de convocatoria establece que as entidades beneficiarias e contratantes das persoas seleccionadas serán as encargadas de presentar as xustificacións correspondentes adecuadas á normativa comunitaria e nacional de aplicación e serán as perceptoras dos fondos para o pagamento dos contratos.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen que se presentase esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que, no prazo improrrogable de dez días, a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Noveno. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2018

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional