Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 16 de novembro de 2018 Páx. 49270

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (436/2017).

María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 436/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Rocío Liste Rodríguez contra Grupo Massimo Dutti, S.A., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Shivshi, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Marcas Comerciales, S.A. Pertegaz, Gaviota Textil, S.L., Bendita Costura, S.L., Deus Deluxe, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Pedracapela, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Vainica Doble, S.L., Confecciones Ideal, S.L., administración concursal de Confecciones Ideal, S.L., administración concursal de Plataforma Costurera, S.L., administración concursal de Shivshi, S.L., administración concursal de Deus Creaciones, S.L., administración concursal de Confecciones Deus, S.L., administración concursal de Costura Invisible, S.L., administración concursal de Confecciones Fraga, S.L., administración concursal de Gaviota Textil, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., El Corte Inglés, S.A., Perseo Textil, S.L. sobre ordinario, se ditou sentenza en que se acordou a seguinte parte dispositiva:

Declárase que María Rocío Liste Rodríguez desiste na demanda de cantidade promovida fronte a Grupo Massimo Dutti, S.A., Marcas Comerciales, S.A. Pertegaz, El Corte Inglés, S.A. e Rogelio Bodelo Pichel.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo María Rocío Liste Rodríguez contra as entidades Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Perseo Textil, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., a administración concursal de Deus Creaciones, S.L., Confecciones Deus, S.L. e Costura Invisible, S.L., a administración concursal de Confecciones Fraga, S.L., a administración concursal de Plataforma Costurera, S.L., a administración concursal de Shivshi, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno solidariamente as anteriores entidades a que aboen á demandante a cantidade de 5.685,36 € brutos, por salarios devindicados en febreiro, decembro e paga extra de Nadal do ano 2016, e de xaneiro a marzo de 2017, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais, con imposición das custas do presente procedemento, que incluirán os honorarios do letrado co límite de 600 €.

Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo María Rocío Liste Rodríguez fronte ás entidades Gaviota Textil XXI, S.L. e Confecciones Ideal, S.L., así como a administración concursal de Confección Ideal, S.L., as que debo absolver das pretensións formuladas na súa contra.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

E para que sirva de notificación en legal forma a aquelas demandadas, que se encontran en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza