Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 16 de novembro de 2018 Páx. 49272

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 467/2017).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 467/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Patricia Liñares Cores contra Confección Ideal, S.L., Costura Invisible, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Antonia Deus Fraga, Rogelio Bodelo Pichel, Shivshi, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Strass Textil, S.L., Puntada Elaborada, S.L., María del Carmen Deus Fraga y Otra, S.L., Deus Creaciones, S.L., María del Carmen Deus Fraga, Santiago García Señarís, administrador concursal Shivshi, S.L., Alejandro Gimeno-Bayón Forteza, administrador concursal Deus Creaciones, S.L., Isaías González García, administrador concursal Confecciones Deus, S.L., Isaías González García, administrador concursal Plataforma Costurera, S.L., Iberfits Tit. Mercantiles & Glez. Seoane Abogados S.L.P., administrador concursal Gaviota Textil XXI, S.L., Calero Guillén Abogados, S.L.P., administrador concursal Confección Ideal, S.L., Ana María Barreiro Martínez, administrador concursal Confecciones Fraga, S.L. Juan Carlos Rodríguez Maseda, administrador concursal Costura Invisible, S.L., Pedro Carlos Moreno Vázquez, Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Gaviota Textil XXI,, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Perseo Textil, S.L. sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento nº 467/2017.

Demandante: Patricia Liñares Cores.

Letrado: Sr. Martínez Ramonde.

Demandado: Confecciones Deus, S.L., Confección Ideal, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Perseo Textil, S.L., Deus Deluxe, S.L., Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Pedracapela, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L. Gaviota Textil, S.L., María del Carmen Deus Fraga y Otra, S.L., Santiago García Señarís, Antonia Deus Fraga, Rogelio Bodelo Pichel e María Carmen Deus Fraga –que non comparecen–.

Letrado:

– Administración concursal de Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Confección Ideal, S.L., Gaviota Textil, S.L. –que non comparecen–.

– Strass Textil, S.L.

Letrado: Sra. Vasallo Rapela.

Fogasa.

Letrado:

Sentenza nº 309/18

A Coruña, 17 de outubro de 2018.

Resolución:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Patricia Liñares Cores fronte ás entidades Confecciones Deus, S.L., Confección Ideal, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Perseo Textil, S.L., Deus Deluxe, S.L., Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Pedracapela, S.L. e Nuevo Siglo Textiles, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, á elección da empresa, a que extinga a relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

Esta opción deberase exercer en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido ese termo sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que deberán aboar as empresas solidariamente, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: a cantidade de 15.216,28 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 36,08 euros/día.

3º. Desestimo a acción de despedimento formulada pola demandante fronte a Strass, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Puntada Elaborada, S.L. e Rogelio Bodelo Pichel, Santiago García Señarís, Antonia Deus Fraga e María del Carmen Deus Fraga, María del Carmen Deus Fraga y Otra, S.L., polo que deben ser absoltos de todo pedimento dirixido fronte a eles.

O Fogasa e a administración concursal de Confecciones Deus, S.L., Confección Ideal, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Confecciones Fraga, S.L. e Gaviota Textil, S.L. deberanse ater ao establecido na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertindo de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentencia leuna e publicouna o xuíz que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Shivshi, S.L., Confección Ideal, S.L., Costura Invisible, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Antonia Deus Fraga, Rogelio Bodelo Pichel, Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Puntada Elaborada, S.L., María del Carmen Deus Fraga y Otra, S.L., María del Carmen Deus Fraga, Santiago García Señarís, Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Perseo Textil, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza