Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 16 de novembro de 2018 Páx. 49276

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 160/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 160/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Iago Vázquez López contra Three Telecom 2014, S.L. e Fogasa, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2018.

Parte dispositiva.

Declaro extinguida, na data da presente resolución, a relación laboral que unía a lago Vázquez López con Three Telecom 2014, S.L. e condeno a Three Telecom 2014, S.L. a lle aboar a lago Vázquez López a suma de 4.151,81 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral e a suma de 12.718,50 euros en concepto de salarios de tramitación.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de reposición no prazo de tres días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así o acorda, manda e asina, Paula Méndez Domínguez, maxistrada titular do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.

Dilixencia. Seguidamente, cúmprese o ordenado. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Three Telecom 2014, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza