Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 23 de novembro de 2018 Páx. 49911

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EXTRACTO da Orde do 16 de novembro de 2018 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas na Orde do 7 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras dun programa a prol da contratación das mulleres desempregadas, cofinanciado polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e a formación, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (Diario Oficial de Galicia número 122, do 27 de xuño).

BDNS: (Identif.): 404670.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primero. Ampliación do crédito orzamentario

Amplíase o importe total das axudas que se van conceder ao abeiro da Orde do 7 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras dun programa a prol da contratación das mulleres desempregadas, cofinanciado polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e a formación, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG número 122, do 27 de xuño), na seguinte contía: 1.874.602,78 euros.

Segundo. Prazo de presentación de solicitudes

Estas modificacións non afectan o prazo establecido na referida orde para presentar as solicitudes.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2018

Francisco Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria