Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 23 de novembro de 2018 Páx. 49961

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo

EDICTO (850/2016).

Eu, María Lago Rivero, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primera Instancia número 1 de Vigo, polo presente,

Anuncio:

No presente procedemento de xuízo ordinario nº 850/2016 seguido por instancia de Santander Consumer Establecimiento Financiero de Crédito, S.A. representado pola procuradora Araceli Barrientos Barrientos, fronte a Iacob Vasile Radu ditouse sentenza, cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

Sentenza.

En Vigo, 25 de abril de 2017.

Vistos por María Isabel Castro Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primera Instancia número 1 de Vigo, os autos de xuízo ordinario sobre reclamación de cantidade co número 850/2016, promovidos por Santander Consumer EFC, representado pola procurado Sra. Barrientos Barrientos e asistido do letrado Sr. Sanjiao García; contra Iacob Vasile Radu, en situación procesual de rebeldía.

Decido:

Considerando integramente a demanda promovida pola representación de Santander Consumer EFC contra Iacob Vasile Radu, debo condenar e condeno o demandado a aboar a demandante a cantidade de 15.206,77 euros, máis xuros legais desde a interposición da demanda, e ao pagamento das custas procesuais.

Notifíquese ás partes.

Contra a presente resolución cabe recurso de apelación, que deberá interpoñerse neste xulgado no prazo de vinte días desde a súa notificación, para a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa: beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banesto, na conta deste expediente, indicando no campo «concepto» a indicación «Recurso» seguida do código «02 Civil-Apelación».

Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo a indicación «recurso» seguida do código «02 Civil-Apelación».

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando, neste caso, no campo observacións a data da resolución recorrida co formato dd/mm/aaaa.

Así o acordo, mando e asino.

E encontrándose o devandito demandado, Iacob Vasile Radu, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Vigo, 1 de outubro de 2018

A letrada da Administración de xustiza