Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Venres, 23 de novembro de 2018 Páx. 49963

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Caldas de Reis

EDICTO (PO 424/2017).

Eu, Natalia Senín Casas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 2 de Caldas de Reis, polo presente,

Anuncio:

No presente procedemento ordinario seguido por instancia de Miguez Cutrin, S.L. fronte a Construcciones y Demoliciones Sanmartín, S.L. ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza.

Caldas de Reis, 14 de xuño de 2018.

Demandante: Miguez Cutrin, S.L.

Letrado: Manuel Ferreiro Casal.

Procuradora: Margarida Pereira Rodríguez.

Demandada: Construcciones y Demoliciones San Martín, S.L. (rebeldía).

Obxecto: reclamación de pagamento de honorarios derivados de contrato de prestación de servizos profesionais.

– Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Decido:

Estímase a demanda interposta por Miguez Cutrin, S.L. contra Construcciones y Demoliciones San Martín, S.L. e en consecuencia condénase a demandada a aboar ao demandante a cantidade de seis mil cento quince euros con sesenta e cinco céntimos (6.115,65 €).

Así mesmo, condénase á parte demandada ao aboamento de intereses nos seguintes termos:

A cantidade de 3.741,62 euros percibirá o xuro a que se refire o artigo 7 da Lei 3/2004 desde o día 21.10.2016 (factura A-842).

• A cantidade de 500,84 euros percibirá o xuro a que se refire o artigo 7 da Lei 3/2004 desde o día 31.10.2016 (factura A-887).

• A cantidade de 423,84 euros percibirá o xuro a que se refire o artigo 7 da Lei 3/2004 desde o día 28.2.2017 (factura A-133).

• A cantidade de 980,10 euros percibirá o xuro a que se refire o artigo 7 da Lei 3/2004 desde o día 28.2.2017 (factura A-155).

• A cantidade de 469,25 euros percibirá o xuro a que se refire o artigo 7 da Lei 3/2004 desde o día 31.3.2017 (factura A-251).

Imponse á parte demandada o pagamento das custas procesuais.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación, que se poderá interpoñer ante este xulgado no termo de vinte días desde a notificación, logo de constitución de depósito de 50 euros na conta deste xulgado».

E encontrándose o dito demandando, Construcciones y Demoliciones Sanmartín, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Caldas de Reis, 3 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza