Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 19 de decembro de 2018 Páx. 52858

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 18 de decembro de 2018 pola que fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas na Orde do 13 de agosto de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2018-2019.

A Orde do 13 de agosto de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2018-2019 (DOG núm. 167, do 3 de setembro), establece no seu artigo 2.5 que se poderá ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles e que o incremento do crédito estará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

En consecuencia, como existen outras dotacións que poden ser utilizadas para os mesmos fins, procedentes de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo a créditos de fondos finalistas incluídos en programas do mesmo servizo, e coa finalidade de facer chegar as axudas ao maior número posible de centros especiais de emprego, conforme o establecido no artigo 30 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, parece conveniente ampliar os créditos consignados no artigo 50.1 da Orde do 13 de agosto de 2018 que convoca as axudas para as anualidades 2018-2019.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1. Ampliación do crédito orzamentario

Amplíase o crédito consignado no artigo 50.1 para os programas I, II e III da Orde do 13 de agosto de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2018-2019, nas seguintes contías:

Programa I de axudas ás unidades de apoio á actividade profesional:

Aplicación 09.40.324C.470.3, 256.000 € para a anualidade 2019.

Aplicación 09.40.324C.481.3, 20.000 € para a anualidade 2018 e 40.000 € para a anualidade 2019.

Programa II de axudas á creación de postos de traballo, á súa adaptación e asistencia técnica:

Aplicación 09.40.324C.481.3, 100.000 € para a anualidade 2018 e 150.000 € para a anualidade 2019.

Programa III de axudas ao custo salarial:

Aplicación 09.40.324C.470.4: 1.100.000 € para a anualidade 2018 e 244.000 € para a anualidade 2019.

Aplicación 09.40.324C.481.4, 30.000 € para a anualidade 2018 e 60.000 € para a anualidade 2019.

Na seguinte táboa reprodúcese o importe dos créditos da devandita Orde do 13 de agosto de 2018, pormenorizados por anualidades e aplicacións orzamentarias, indicando os importes iniciais e os ampliados para cada programa de axudas.

Código de proxecto

Aplicación orzamentaria

Anualidade 2018

Anualidade 2019

2018 00099

Importe inicial

Ampliación

Importe final

Importe inicial

Ampliación

Importe final

Programa I: Unidades de apoio (TR341K)

09.40.324C.470.3

270.000,00 €

270.000,00 €

340.000,00 €

256.000,00 €

596.000,00 €

09.40.324C.481.3

40.000,00 €

20.000,00 €

60.000,00 €

60.000,00 €

40.000,00 €

100.000,00 €

Total Programa I

310.000,00 €

20.000,00 €

330.000,00 €

400.000,00 €

296.000,00 €

696.000,00 €

Programa II: Creación, ampliación, adaptación postos (TR341E/N)

09.40.324C.470.3

585.000,00 €

- €

585.000,00 €

585.000,00 €

- €

585.000,00 €

09.40.324C.481.3

15.000,00 €

100.000,00 €

115.000,00 €

15.000,00 €

150.000,00 €

165.000,00 €

Total Programa II

600.000,00 €

100.000,00 €

700.000,00 €

600.000,00 €

150.000,00 €

750.000,00 €

Programa III: Custo salarial (TR341M)

09.40.324C.470.4

3.410.000,00 €

1.100.000,00 €

4.510.000,00 €

6.300.000,00 €

244.000,00 €

6.544.000,00 €

09.40.324C.481.4

340.000,00 €

30.000,00 €

370.000,00 €

500.000,00 €

60.000,00 €

560.000,00 €

Total Programa III

3.750.000,00 €

1.130.000,00 €

4.880.000,00 €

6.800.000,00 €

304.000,00 €

7.104.000,00 €

Total axudas a CEE

4.660.000,00 €

1.250.000,00 €

5.910.000,00 €

7.800.000,00 €

750.000,00 €

8.550.000,00 €

Artigo 2. Prazo de solicitudes

Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2018

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria