Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 19 de decembro de 2018 Páx. 52924

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (DCT 247/2017-P).

Eu, Sarai Paniagua Acera, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo (Xulgado de Familia), certifico que neste xulgado se tramitan os autos arriba referenciados, nos cales se ditou a seguinte:

«Sentenza nº 372.

Vigo, 7 de novembro de 2018.

María Dolores Rodríguez Leirós, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, ditou a presente resolución no procedemento de divorcio seguido neste xulgado co número 247/2017, en que actuaron como demandante Janaina Jesús Carvalho, representada pola procuradora Carmen Riol Blanco e asistida pola letrada María Pilar Herminia Armada Suárez e, como demandado, Aser Gómez García, declarado en rebeldía procesual, coa intervención do Ministerio Fiscal.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Resolvo:

Que, con estimación da demanda presentada pola procuradora Sra. Riol Blanco, en nome e representación de Janaina Jesús Carvalho contra Aser Gómez García, en situación procesual de rebeldía, debo declarar e declaro a disolución por causa de divorcio do matrimonio contraído entre ambos, o día 7 de setembro de 2007 en Pontevedra, con todos os efectos legais inherentes, entre eles a revogación dos poderes outorgados entre os cónxuxes e, en especial:

1. A atribución da garda e custodia do fillo do matrimonio, Iker Gómez Jesús, á nai Janaina Jesús Carvalho, a quen se lle confire en exclusiva o exercicio das facultades e deberes inherentes á patria potestade do menor. A titularidade da patria potestade será de ambos os proxenitores.

Esta medida non supón a privación da patria potestade a Aser Gómez García, quen poderá recuperar o exercicio conxunto dela a través do correspondente proceso de modificación de medidas se se verifica un cambio nas circunstancias.

2. Non se fixan visitas do menor en favor do pai.

3. O pai contribuirá ao sostemento do seu fillo Iker na cantidade de 120 euros mensuais, que ingresará dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta designada para o efecto pola demandante, que se actualizará anualmente cada mes de xaneiro conforme as variacións que experimente o IPC ou o índice que o substitúa.

4. Aser Gómez García contribuirá por metade nos gastos extraordinarios do seu fillo Iker, logo de comunicación e xustificación destes con copia da factura ou recibo do importe satisfeito.

5. Acórdase a disolución do réxime económico matrimonial de gananciais.

E todo iso sen facer expreso pronunciamento respecto ás custas procesuais.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de apelación no prazo dos vinte días seguintes ao da súa notificación.

Unha vez firme a presente sentenza, comuníquese ao Rexistro Civil de Pontevedra, para os efectos oportunos.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación a Aser Gómez García, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Vigo, 27 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza