Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 21 de decembro de 2018 Páx. 53365

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense

EDICTO (430/2016).

Eu, Álvaro Garrido Rodríguez, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense, fago saber que no presente procedemento xuízo ordinario 430/2016, seguido por instancia de Generali España fronte a Valor Acumulado, S.L., se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Vistos por min, Ana María Gómez Bande, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ourense, os presentes autos de xuízo ordinario sobre reclamación de cantidade, seguidos ante este xulgado baixo o número 430 do ano 2016, por instancia de Generali España, representado pola procuradora Sra. Ortiz Fuentes e asistido da letrada Sra. Costoya Vázquez en substitución do seu compañeiro o letrado Sr. De la Iglesia Caruncho García e, como demandado, Valor Acumulado, S.L., en situación de rebeldía procesual, cuxas circunstancias persoais constan nas actuacións.

Resolvo:

Estimar a demanda interposta por Generali España, representada pola procuradora Sra. Ortiz Fuentes e asistida da letrada Sra. Costoya Vázquez en substitución do seu compañeiro o letrado Sr. De la Iglesia Caruncho García e, como demandado, Valor Acumulado, S.L., en situación de rebeldía procesual, e condeno o demandado a aboar á demandante a cantidade de 6.573,72 euros máis os xuros, segundo o disposto no fundamento xurídico segundo in fine e custas.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que non é firme e contra a dita resolución cabe interpor recurso de apelación no prazo de 20 días, por escrito e con expresión dos motivos polos cales se recorre, ante a Audiencia Provincial de Ourense, de acordo coa disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas.

Por esta miña sentenza, da cal se expedirá testemuño para incorporalo ás actuacións, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E ao estar o dito demandado, Valor Acumulado, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 26 de setembro de 2018

O letrado da Administración de xustiza