Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 24 de decembro de 2018 Páx. 53435

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2018 pola que se modifica parcialmente a Resolución do 26 de setembro de 2018 pola que se adxudican as axudas do anexo I, modalidade A, da Orde do 30 de abril de 2018, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se convocan para o ano 2018.

A Orde do 30 de abril de 2018 (DOG número 98, do 24 de maio) establece as bases reguladoras e a convocatoria das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (en diante, Gain), en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva.

Mediante a Resolución do 26 de setembro de 2018 (DOG número 191, do 5 de outubro) adxudícanse as axudas da modalidade A ás entidades que contraten as persoas seleccionadas para unha praza do Programa de apoio á etapa de formación posdoutoral que se relacionan no seu anexo I.

O artigo 18 da orde de convocatoria establece que, no caso de que se produza algunha renuncia ou outra causa de extinción da relación laboral, a entidade beneficiaria deberá comunicala á Secretaría Xeral de Universidades ou á Gain (segundo sexa o caso), e que se poderá adxudicar unha nova axuda de acordo coa prelación sinalada na lista de espera, sempre e cando a renuncia se produza dentro do prazo de tres meses a partir da data de publicación da resolución de concesión.

No mesmo artigo tamén se indica que as renuncias soamente poderán ser cubertas coas solicitudes da lista de espera da modalidade e do órgano instrutor en que se produzan e que a persoa substituta quedará suxeita ás mesmas condicións durante o tempo de aproveitamento da axuda.

A competencia para adxudicar unha nova axuda correspóndelle á persoa titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional no caso de novas incorporacións procedentes da lista de espera das universidades do SUG.

En consecuencia, atendendo ás renuncias recibidas na Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional,

RESOLVO:

Primeiro. Aceptar as renuncias da modalidade A das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral que se indican a seguir:

Nº de expediente

Entidade

1º apelido

2º apelido

Nome

Rama de coñecemento

Zona 1º ano

Zona 2º ano

ED481B 2018/085

USC

Cal

González

Jacobo

Ciencias

2

2

ED481B 2018/045

UDC

López

Salas

José Germán

Ciencias

2

2

ED481B 2018/024

USC

Pereira

Ares

Noemí

Artes e Humanidades

2

2

ED481B 2018/006

USC

Rodríguez

Cano

Rubén Agustín

Ciencias Sociais e Xurídicas

3

3

Segundo. De acordo co artigo 18 da orde de convocatoria, adxudicar as axudas correspondentes a estas renuncias coas solicitudes correspondentes da lista de espera das universidades do SUG:

Nº de expediente

Univ.

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI

Rama de coñecemento

Zona 1º ano

Zona 2º ano

ED481B 2018/068

UVigo

Blanco

Cartagena

Andreu

4**43*3**

Ciencias

2

2

ED481B 2018/025

USC

Benítez

Trinidad

Carlos

**97**69*

Artes e Humanidades

1

1

ED481B 2018/103

UVigo

Sacha

 

Petr

*5**3*13*

Ciencias

2

2

ED481B 2018/063

UVigo

Méndez

Quintás

Eduardo

3**7*2*7*

Artes e Humanidades

1

1

Terceiro. Actualizar a lista de agarda para determinar posibles substitucións:

Nº de expediente

Entidade

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI

Rama de coñecemento

Zona 1º ano

Zona 2º ano

Total

ED481B 2018/023

USC

Vargas

Osorio

Zulema

*0**8*90*

Ciencias

2

2

69

ED481B 2018/011

USC

Busto

Ulloa

Saray

3*6*8*4**

Enxeñaría e Arquitectura

2

2

66,5

ED481B 2018/076

UVigo

Forján

Castro

Rubén

*87**34**

Ciencias

1

1

66,36

ED481B 2018/093

UVigo

Bao

Fente

María Concepción

**3*9*26*

Artes e Humanidades

1

1

66

ED481B 2018/010

USC

Karimjanov

 

Ikboljon

*41**6*8*

Ciencias

2

2

65,5

ED481B 2018/098

UVigo

Varela

Rodríguez

Rubén

4**7**86*

Ciencias

1

1

65,5

ED481B 2018/033

USC

Costa

Besada

María Alicia

35**7*5**

Ciencias da Saúde

2

2

65,18

ED481B 2018/082

UDC

Fernández

Pernas

Pablo

4*3*1**4*

Ciencias da Saúde

2

2

63,425

ED481B 2018/049

UDC

Ramadan Farrag AbdelHafez

 

Yousuf

*2**6*64*

Ciencias

2

2

62,5

ED481B 2018/005

USC

Romaus

Sanjurjo

Daniel

3**1*2*0*

Ciencias da Saúde

1

1

61,5

ED481B 2018/042

UDC

Monaco

 

Leidamaria

*0*9*3*0*

Artes e Humanidades

2

2

60

Cuarto. Redistribuír o crédito destinado ao financiamento destas axudas entre as universidades do SUG, segundo as renuncias e as novas incorporacións, tal e como se indica na seguinte táboa:

Universidade

Nº de axudas

Crédito en euros

2018

2019

2020

2021

2022

Total

UDC

3

5.884,45

132.400,00

131.582,22

108.933,33

0,00

378.800,00

4.500,00

4.500,00

3.000,00

0,00

0,00

12.000,00

10.384,45

136.900,00

134.582,22

108.933,33

0,00

390.800,00

USC

26

42.485,37

1.060.491,67

1.070.959,10

949.119,41

14.144,45

3.137.200,00

36.000,00

39.000,00

27.000,00

2.000,00

0

104.000,00

78.485,37

1.099.491,67

1.097.959,10

951.119,41

14.144,45

3.241.200,00

UVigo

16

23.534,23

624.084,78

659.731,56

587.019,42

23.750,01

1.918.120,00

19.500,00

24.000,00

17.500,00

3.000,00

0

64.000,00

43.034,23

648.084,78

677.231,56

590.019,42

23.750,01

1.982.120,00

Total

45

131.904,05

1.884.476,45

1.909.772,88

1.650.072,16

37.894,46

5.614.120,00

As axudas concedidas financiaranse con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018 e anos sucesivos e imputaranse ao Plan galego de financiamento universitario para o período 2016-2020, polo que as anualidades de 2021 e 2022 se integrarán no novo plan de financiamento para os anos seguintes.

Quinto. A data de comezo dos contratos será o 16 de xaneiro de 2019 e a súa duración será dun máximo de tres anos, de acordo co artigo 1 do anexo I da orde de convocatoria.

Sexto. As entidades beneficiarias deberán remitir un escrito de aceptación da axuda á Secretaría Xeral de Universidades no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e vincularán as persoas seleccionadas aos seus organismos mediante a formalización dos correspondentes contratos.

Sétimo. O artigo 14 da orde de convocatoria establece que as entidades beneficiarias e contratantes das persoas seleccionadas serán as encargadas de presentar as xustificacións correspondentes adecuadas á normativa comunitaria e nacional de aplicación e serán as perceptoras dos fondos para o pagamento dos contratos.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen que se presentase esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que, no prazo improrrogable de dez días, a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Oitavo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2018

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional