Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 24 de decembro de 2018 Páx. 53450

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2018 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de admitidos e excluídos ás probas para a obtención da habilitación do persoal de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

De conformidade co establecido no artigo 5 da Orde do 21 de xaneiro de 2010 pola que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas e se aproban as bases xerais das probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG núm. 24, do 5 de febreiro), e no punto sexto da Resolución do 29 de outubro de 2018 pola que se convocan probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG núm. 212, do 7 de novembro), esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listas provisionais de admitidos e excluídos ás probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas convocadas pola Resolución do 29 de outubro de 2018 (DOG núm. 212, do 7 de novembro).

A listaxe provisional de aspirantes admitidos poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública, http://agasp.xunta.es.

A listaxe provisional de aspirantes excluídos, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

Os aspirantes excluídos dispoñerán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para emendar o defecto que motivou a exclusión.

Os aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos motivo de exclusión serán excluídos definitivamente.

Así mesmo, os aspirantes que non figuren na relación de admitidos nin na de excluídos dispoñerán do mesmo prazo co obxecto de formular reclamación.

A Estrada, 14 de decembro de 2018

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Apelidos e nome

Clave

Barcala Ponte, Erik

4

Díaz Gómez, Miguel

2

Durac, Florin Madalin

1

Fernández Lago, Samuel

3

Gutiérrez Roma, José Vicente

1

Khalid, Hamza

4

López Carril, Carlos

1

Martínez Fernández, Antón

4

Mayo Casas, Juan José

2

Otero Lemos, Raúl

4

Ramos Gómez, César

1

Rodríguez Ríos, Noemi

4

Rotea San Luis, Martín

4

Santana Diéguez, Manuel

1

Santos Quintas, Diego

4

Santos Rodríguez, Kevin

1

Sobral Espiño, Diego

4

Sobral Pérez, Cristian

1, 2, 5

Souto Rega, Guillermo

2, 5

Varela Abelenda, David

4

Código

Descrición

1

Debe solicitar o seu certificado de penais de maneira presencial

2

Non achega fotografías tamaño carné

3

O importe ingresado da taxa é inferior ao requerido

4

Debe presentar documentación acreditativa da exención do pagamento

5

Instancia errónea ou non presenta instancia