Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 27 de decembro de 2018 Páx. 53912

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

ORDE do 19 de decembro de 2018 pola que se fai público o incremento do crédito previsto na Orde do 12 de setembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, xestionado pola Consellería de Política Social.

Con data do 25 de setembro de 2018 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 12 de setembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, xestionado pola Consellería de Política Social, modificada pola Orde do 28 de setembro de 2018, publicada no Diario Oficial de Galicia do 4 de outubro de 2018.

No seu artigo 2.2, segundo o disposto no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, está prevista a ampliación excepcional dos créditos dispoñibles cando o aumento veña derivado dunha xeración, ampliación ou incorporación ou existan remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

Debido a que o crédito previsto na citada orde non resultou suficiente para atender todas as solicitudes cuxo obxecto é susceptible de subvención, e dado que existe crédito dispoñible nas aplicacións orzamentarias con cargo ás cales se financia a convocatoria e se cumpren os requisitos establecidos nos citados artigos, considérase oportuno incrementalo co obxecto de repartir entre as entidades de iniciativa social que concorran á convocatoria de axudas á totalidade dos fondos recadados para este fin.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

RESOLVO:

Artigo único Incremento dos créditos

Increméntase o crédito destinado ao financiamento das axudas previstas na Orde do 12 de setembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, xestionado pola Consellería de Política Social.

O importe total do citado incremento é de novecentos noventa e tres mil trescentos oito con setenta euros (993.308,70 €), consignado nas aplicacións orzamentarias seguintes, en función das liñas de actuación subvencionables relacionadas no artigo 5 da Orde do 12 de setembro:

Liñas de actuación

Aplicación

Importe

Liña I. Actuacións no ámbito da familia, infancia e dinamización demográfica

12.02.312B.481.1

83.661,30

Liña II. Actuacións de inclusión social

12.03.313C.481.6

338.714,88

Liña III. Actuacións de promoción da autonomía persoal e apoio de persoas maiores ou con discapacidade

12.04.312E.481.1

220.714,37

Liña IV. Proxectos de investimento e adecuación de centros e unidades de atención destinados a persoas maiores ou con discapacidade

12.04.312E.781.1

300.000,00

Liña V. Actuacións destinadas á mocidade

12.05.313A.481.0

20.000,00

Liña VI. Actuacións destinadas ao voluntariado

12.05.312F.481.0

30.218,15

Total

993.308,70

A publicación desta orde non supón a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2018

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social