Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Xoves, 27 de decembro de 2018 Páx. 53914

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

ORDE do 20 de decembro de 2018 pola que se aproban os plans de xestión para recursos específicos en Galicia para o ano 2019.

A Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, contempla a explotación dos recursos específicos, que se definen como aquelas especies marisqueiras que polas súas características biolóxicas, pola súa técnica de extracción ou polas especificidades da súa comercialización requiren un sistema de xestión que atenda estas particularidades.

O Decreto 15/2011, do 28 de xaneiro, polo que se regulan as artes, aparellos, útiles, equipamentos e técnicas permitidos para a extracción profesional dos recursos mariños vivos en augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, establece que a explotación dos recursos específicos realizarase a través de plans de xestión aprobados pola consellería competente en materia de marisqueo.

A Orde do 30 de decembro de 2015 pola que se regula a explotación dos recursos específicos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, establécese o réxime necesario para que a explotación marisqueira destes recursos se realice durante todo o ano coas garantías dunha boa xestión do recurso.

Os plans de xestión son a ferramenta para unha explotación sostible e conservación dos recursos mariños que integran aspectos biolóxicos, sociais e económicos. A través dos plans desenvolvese o sistema de coxestión dos recursos marisqueiros entre a administración e o sector.

As entidades asociativas presentan a súa proposta de plans de xestión, na que adquiren importancia non só ás medidas técnicas para unha explotación sostible, senón tamén as actividades de semicultivo, control e vixilancia, elementos fundamentais para a mellora das zonas produtivas. A administración avalía o réxime de xestión da explotación dos recursos tendo en conta as variables biolóxicas e o estado dos stocks, así como as variables socioeconómicas da xestión e, se procede, introduce as melloras necesarias, co fin de asegurar unha explotación sostible e acadar unha maior rendibilidade económica.

Ademais da xestión sostible, a través dos plans de xestión realízanse actividades complementarias que contribúen á conservación e recuperación de hábitats e da diversidade, e que permiten garantir a viabilidade económica, social e ambiental do sector.

Os plans de xestión son o resultado dun estudo continuado da evolución dos recursos e do hábitat. Moitos dos traballos realizados para a elaboración e desenvolvemento dos plans de xestión achegan información que pode ser encadrada nos descritores e indicadores definidos pola Directiva Marco sobre a Estratexia Mariña (DMEM) como criterios para definir o bo estado medioambiental.

Os plans de xestión incorporarán información estandarizada que pode encadrarse nos descritores 1, 2, 3, 6 e 10 da DMEM. Os resultados da información ambiental do plan de xestión recollida ao longo de toda a costa galega para ser tratada como descritora do estado dos recursos mariños e do medio mariño, confírenlle un gran potencial debido á súa extensión no espazo e á súa continuidade no tempo.

O marisqueo, exercido a través dos plans de xestión, axústase a unha perspectiva sistémica axeitada, na medida en que mellora a biodiversidade, fomenta o uso axeitado do territorio, pode contribuír a minorar ou adaptarse ao cambio climático, e se axusta ao concepto de infraestrutura verde (azul no caso de medios acuáticos). O marisqueo, a través dos plans de xestión, responde ao concepto de infraestrutura verde na medida en que favorece ou mantén os servizos ecosistémicos, aplica a restauración ecolóxica, e mellora a conectividade.

A partires do ano 2018, os plans de xestión contemplan información estandarizada da perspectiva sistémica dos plans de xestión, no marco conceptual dos catro compoñentes da perspectiva sistémica: biodiversidade, uso do territorio, cambio climático e infraestrutura verde.

Polo tanto, examinados os plans de xestión remitidos polas entidades, vistos os informes emitidos polo persoal técnico desta consellería, e de conformidade coa disposto na Orde do 30 de decembro de 2015, pola que se regula a explotación dos recursos específicos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

Esta orde ten por obxecto aprobar os plans de xestión para recursos específicos para o ano 2019 que foron elaborados polas entidades asociativas do sector.

Artigo 2. Percebe (Pollicipes pollicipes)

Apróbanse os plans de xestión para o ano 2019 para a extracción de percebe, presentados polas entidades asociativas do sector, que se relacionan no cadro A.

Artigo 3. Solénidos (navalla/ longueirón/ longueirón vello)

1. Apróbanse os plans de xestión para o ano 2019, para a extracción de solénidos presentados polas entidades asociativas do sector, que se relacionan no cadro B.

2. Cando a extracción da navalla/longueirón/longueirón vello se vaia realizar con mergullo con subministro de aire desde superficie, será necesario que as entidades titulares dos plans presenten con cada solicitude de apertura mensual, un plan de control que permita avaliar os medios e medidas empregadas para garantir o control do esforzo pesqueiro en cada momento e poñerlle límite, de ser o caso.

A autorización de apertura mensual queda supeditada á adecuación e efectividade das medidas de control propostas.

Artigo 4. Equinodermos

Apróbanse os plans de xestión para o ano 2019, para a extracción de equinodermos, presentados polas entidades asociativas do sector, que se relacionan no cadro C.

Artigo 5. Peneira

Apróbanse os plans de xestión para o ano 2019, para a extracción de peneira, presentados polas entidades asociativas do sector, que se relacionan no cadro D.

Artigo 6. Algas

Apróbanse os plans de xestión para o ano 2019, para a extracción de algas, presentados polas entidades asociativas do sector e empresas, que se relacionan no cadro E.

Artigo 7. Anemones

Apróbanse os plans de xestión para o ano 2019, para a extracción de anemones presentados polas entidades asociativas do sector, que se relacionan no cadro F.

Artigo 8. Poliquetos

Apróbanse os plans de xestión para o ano 2019, para a extracción de poliquetos presentados polas entidades asociativas do sector, que se relacionan no cadro G.

Disposición adicional primeira. Zonas de traballo dos sectores de a pé e desde embarcación

Se non existe acordo de reparto da zona de traballo entre os sectores de marisqueo a pé e desde embarcación, as zonas dos dous sectores quedarán delimitadas pola liña que une os puntos de cota mareal cero, correspondente coa liña da baixamar máxima escorada.

Disposición adicional segunda. Tope de captura para o gabián (Lumbrineris impatiens)

Cando os topes de captura para o gabián (Lumbrineris impatiens) se establezan mediante unha medida volumétrica empregando un vaso graduado, as persoas participantes do plan empregarán o mesmo tipo de medida.

Disposición adicional terceira. O emprego do mergullo nos plans de xestión

Segundo a Orde do 23 de abril de 1999 pola que se regula o exercicio do mergullo profesional, modificada pola Orde do 13 de xuño de 2001, a aprobación dos plans con arte ou modalidade mergullo implica a autorización para realizar o mergullo nas zonas e períodos de vixencia daqueles, segundo as resolucións de apertura que sexan ditadas pola xefatura territorial, sen prexuízo da correspondente aprobación para efectos de seguranza, outorgada pola autoridade marítima correspondente, de acordo co establecido na Orde do 14 de outubro de 1997, do Ministerio de Fomento, que establece as normas de seguranza para o exercicio de actividades subacuáticas ou requisitos que estableza a normativa vixente.

Disposición adicional cuarta. Zonas de extracción de poliquetos por titulares de licenza de pesca marítima de recreo en superficie

Dentro do ámbito dos plans de xestión de poliquetos marisqueira poden contemplarse zonas para que as persoas titulares de licenza de pesca marítima de recreo en superficie podan capturar un máximo de 50 poliquetos/día, sen interferir coa actividade extractiva.

Na páxina web https://www.pescadegalicia.gal/gl/poliquetos publicaranse as zonas que as entidades asociativas do sector titulares de plans de xestión, de ser o caso, reservarán para a extracción de poliquetos para pesca marítima de recreo en superficie.

Disposición adicional quinta. Actividades de semicultivo e control dos bancos marisqueiros

De acordo co artigo 2.3 do Decreto 423/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa en materia de marisqueo, extracción de algas e cultivos mariños, o traslado de semente, a limpeza dos bancos, así como as actividades de semicultivo necesarias para a mellora da produción, requiriran autorización e poderán levarse a cabo durante todo o ano.

De acordo co artigo 2.4 do Decreto 423/1993, do 17 de decembro, os traballos ou actividades de coidado, control seguimento, protección e vixilancia dos bancos marisqueiros, realizados polas mariscadoras e mariscadores no marco destes plans de xestión poderán desenvolverse todos os días do ano.

Disposición adicional sexta. Planes de xestión de recursos específicos para o 2020

As persoas interesadas en desenvolver un plan de xestión de recursos específicos no 2020 deberán achegar coa solicitude, un plan de xestión para ese ano, para o cal empregarase o modelo que se pode consultar na páxina web da Consellería do Mar (http://mar.xunta.gal/gl/content/plans-de-xestion-e-biodiversidade).

Disposición derradeira primeira. Consulta dos plans de xestión

Os plans de xestión presentados polas entidades que serviron de base para esta Orde estarán dispoñibles nos servizos centrais, xefaturas territoriais correspondentes da Consellería do Mar, así como na sede das entidades responsables destes.

Disposición derradeira segunda. Facultade de desenvolvemento

Autorízase a persoa titular da dirección xeral competente en materia de marisqueo para o desenvolvemento desta orde e que, co obxecto da mellora da xestión dos recursos e na procura dunha explotación sostible destes, adopte as medidas de xestión necesarias en función do estado dos recursos e dos informes emitidos polo persoal técnico.

Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2018

Rosa Mª Quintana Carballo
Conselleira do Mar

Cadro A: plans de xestión de percebe (Pollicipes pollicipes)

Provincia de Lugo

Entidade(1)

Modalidade

Zona de traballo

Días máx. extracción

Épocas probables de extracción

Puntos de control

A.M. San Cosme

A pé

De punta Promontorio a punta Nois

20

Marzo, xuño, xullo, agosto e decembro

Saída de punta Promontorio e praia de Rapadoira

C.P. Burela

Embarc

Ambito territorial da confraría: de punta Rueta a punta Nois

50

De maio a decembro

Aparcamento de cabo Burela, aparcamento da praia de Ril, aparcamento da praia de Marosa, punta do Castro e lonxa de Burela.

C.P. Celeiro

Embarc

Da ermida de San Tirso a punta Cabalo, incluíndo os illotes Os Netos e illa Gabeira

70

Abril, de xuño a setembro e decembro

Lonxa de Celeiro e peirao de Portocelo

C.P. O Vicedo

Embarc

Desde a marxe esquera do río Escourido á marxe dereita do río Sor e illa Coelleira

80

De abril a setembro e

decembro

Lonxa do Vicedo

C.P. Ribadeo

A pé

De punta Promontoiro ás Carallas

80

De marzo a outubro e decembro

Punta Corbeira, A Insua, Os Galliños e O Cerredo

C:P.San Cibrao

A pé

Embarc

De ermida de San Tirso a punta Rueta (incluíndo as Illas de Cal, Ansarón e Farallóns)

100

De febreiro a abril e xuño a decembro

Portos de Morás e Portocelo e local da antiga lonxa de San Cibrao

Provincia da Coruña

Entidade(1)

Modalidade

Zona de traballo

Días máx. extracción

Épocas probables de extracción

Puntos de control

C.P. A Coruña, Mera, Lorbé e Sada e Ares (plan conxunto)

A pé

Embarc

Ambito territorial das confrarías da Coruña, Mera, Lorbé, Sada e Ares

144

De xaneiro a decembro

Porto de Suevos, Casa dos Peixes, dársena de Oza e San Amaro

C.P. Aguiño

A pé

Embarc

Desde punta Castro ata a desembocadura do río Sieira, illas e illotes adxacentes

180

De xaneiro a decembro

Lanchas de vixilancia e Zonas de traballo, Peiraos de Aguiño, Couso, faro de Corrubedo, Balieiros e Furnas.

C.P. Caión

A pé

Embarc

De punta Alba a Pedra do Sal

160

De xaneiro a decembro

Lonxa de Caión, A Cercada, campo de futbol, A Guieira

C.P. Camariñas

Embarc

De punta Gallada a punta Villueira

160

De xaneiro a decembro

Arnela e lonxa de Camariñas

C.P. Camelle

Embarc

De punta Morelo a punta Gallada, incluíndo illas e illotes fronte á costa

150

De xaneiro a decembro

Porto de Ríos, cemiterio dos ingleses, canle de Cabanas, praia de Lobeiras, porto de Camelle e Arnado

C.P. Cariño

Embarc

De Pedra Barcelona ata a desembocadura do río Mera

132

De xaneiro a decembro

Local da lonxa de Cariño

C.P. Cedeira

Embarc

Do faro da punta da Frouxeira ata Pedra Barcelona

200

De xaneiro a decembro

Lonxa de Cedeira

C.P. Corme

A pé

Embarc

Da enseada do río Anllóns á punta Nariga

160

De xaneiro a decembro

Zona A: camiño do Canteiro, praia de Balarés e praia da Ermida, zona B: merendeiro e cruce da Atalaia; zona C: aldea do Roncudo e mirador do Roncudo; zona D: aldea do Roncudo, os Eolos e a Fontenla; zona E: praia da Barda, Santa Mariña, e punta Nariga; porto de Corme e praia de Barda para as embarcacións

C.P. Espasante

Embarc

De illa San Vicente ata punta Billardeira

172

De xaneiro a abril e de xuño a decembro

Peirao de Espasante, O Tallo, Cadaval e Furnas

C.P. Ferrol

A pé

Embarc

De faro de punta Frouxeira ata a Faisca

173

De xaneiro a decembro

Lonxa de Ferrol, punta Penencia, punta dos Castros, A Cova e Praia dos Botes-Meirás

C.P. Fisterra

A pé

Embarc

Da praia de Nemiña ata cabo Fisterra, illas Lobeiras e Carrumeiros

A pé: 160

Emb: 180

De xaneiro a decembro

A pé: Zona A: cabo Fisterra; zona B: alto da Nave; zona C: praia da Arnela

Embarcación: pantalán do peirao de Fisterra

C.P. Laxe

A pé

Embarc

De punta Morelo a punta Padrón

90

De xaneiro a abril, de xullo a outubro e decembro

Zona de extracción, rampa do porto de Laxe e lonxa de Laxe

C.P. Lira

A pé

De punta Insua ata a desembocadura do río Larada

40

De xaneiro a decembro

Lonxa de Lira

C.P. Lira

Embarc

De punta Insua ata a desembocadura do río Larada

82

De xaneiro a decembro

Lonxa de Lira

C.P. Malpica

A pé

Embarc

De punta Nariga a Pedra do Sal, incluíndo Illas Sisargas, baixos de Baldaio e demais illas e illotes fronte á costa en tres millas.

170

De xaneiro a decembro

Lancha de vixilancia, porto de Barizo e lonxa de Malpica.

C.P. Muros

A pé

De punta Insua a punta Uhía

55

De xaneiro a decembro

Peirao e lonxa de Muros

C.P. Muxía

A pé

Embarc

De punta Piaduiro, marxe esquerda da desembocadura do río Grande, ata punta Nemiña, marxe dereita da desembocadura do río Castro (incluíndo illas e illotes)

155

De xaneiro a decembro

A pé:

Zona A: saída da pista de Moreira

Zona B: campo de Carlos

Zona C: A Barca, Langosteira, explanada da cetaria de Merexo

Embarcacións: rampla grande do porto de Muxía

C.P. O Barqueiro-Bares

Embarc

De punta Villardeira a punta da Barra

144

Xaneiro e de marzo a decembro

Peiraos do Barqueiro e de Bares, o Ventoeiro

C.P. O Pindo

A pé

Da desembocadura do río Xallas á desembocadura do río Larada e pedras adxacentes

40

De xaneiro a decembro

Portiño de Quilmas, Insuela e punta Caldebarcos

C.P. Porto do Son

A pé

Embarc

De río Sieira a punta Cabeiro, Illa Filgueira, illotes Os Bruyos, Leixoes e Pedra do Con

152

De xaneiro a decembro

Zonas 1 e 2: furna de Laxe,

Zona 3: punta Castro,

Zona 4 : punta Sagrada

Zonas 5 e 6: peirao pesqueiro de Porto do Son

C.P. Ribeira

Embarc

Lobeiras grandes e pequena, Pedras Carbancelos, As Pías de Castiñeiras, Illas e Illotes Laxas, Airós, Illote de Rúa, Illotes Corveiro e Guidoiro Pedregoso

30

De xaneiro a decembro

Embarcación de vixilancia da confraría nas zonas de extracción e lonxa de Ribeira

Provincia de Pontevedra

Entidade(1)

Modalidade

Zona de traballo

Días máx. extracción

Épocas probables de extracción

Puntos de control

C.P. A Guarda

A pé

De punta Orelludas a punta dos Picos

140

De xaneiro a decembro

Zona A: Capela de San Sebastián, Horizonte (en caso de mal tempo) e lonxa da Guarda

Zona B e zona C: Horizonte e lonxa da Guarda.

C.P. A Guarda

Embarc

De punta Orelludas a punta dos Picos

100

De xaneiro a decembro

Peirao de Oia e peirao de A Guarda: zonas A e B

Peirao do porto da Guarda: zonas A,B,C, D

C.P. Aldán-Hio

A pé

De punta Couso a punta Morcegos cara ao interior da ría de Aldán

25

De xaneiro a decembro

Lonxa de Aldán, punta Couso e Lagoelas

C.P. Baiona

A pé

Zonas a pé de punta Orelludas a Punta do Boi

150

De xaneiro a decembro

Lonxa de Baiona, Salgueira, porto do Castro e Pedra Rubia

C.P. Baiona

Embarc

Zonas a flote de punta Orelludas a Monteferro (punta Lameda) incluído Lourido

150

De xaneiro a decembro

Embarcación da confraría e lonxa de Baiona

C.P. Baiona

A pé

Embarc

Entre Monteferro e escaleiras da praia de Barcelos

A pé: 25

Emb: 50

De xaneiro a decembro

Zona I: Salgueira; zona II: porto do Castro; zona III: Pedra Rubia, e zonas de extracción

C.P. Bueu

Embarc

De punta Lapamán a punta Morcegos. Illas Ons e Onza

160

De xaneiro a decembro

Area 1-N (Xubenco norte): cova da Vella e arredor do Centolo (segundo vento/mar);

Area 2 (Fedorentos): enseadas de Fedorentos, Cova do Inferno, punta Freitoxa e enseada de Caniveliñas

Area 3 (Onza): praia sur de Onza, praia norte de Onza, zona oeste de Onza e zona leste de Onza;

Area 4-N (Liñeiros norte): Estripeiral, Lapeiras; Area 4-C (Liñeiros centro): Lapeiras, Con Grande; Area 4-S (Liñeiros sur): A Regata

Area 5 (leste de Ons): Fedorentos, praia , Conlio, peirao de Ons, paria de Melide

Area 6(Udra): praia de Lagos, Udra/Ancoradoiro, Udra/Mourisca, Robaleira

C.P. Cangas

Embarc

De punta Couso a punta Canaval e illas Cíes

150

De xaneiro a decembro

Zona de traballo e lonxa de Cangas

C.P. O Grove

A pé

Embarc

De punta Area Grande a punta Faxilda

80

De xaneiro a decembro, cunha veda no mes de setembro e do 15 de outubro ao 30 de novembro.

Zona de extracción e lonxa de O Grove

C.P. Vigo

A pé

De puntal da Serra a punta Cubilló

40

De xaneiro a decembro

Zona de traballo e lonxas de Canido e Vigo

(1) Entidade:

Abreviatura

A.M

Asociación de mariscadores/as

C.P.

Confraría de pescadores/as

Cadro B: plans de xestión de solénidos
(Navalla, longueirón e longueirón vello)
(Ensis magnus, Ensis siliqua; Solen marginatus)

Provincia da Coruña

Entidade(1)

Especie(2)

Modalidade(3)

Zona de traballo

Días máx. extracción

Épocas probables de extracción

Puntos de control

C.P. A Coruña

N, Lon

MA

MSAS

Ría da Coruña: desde o banco de O Parrote a punta Bufadoiro

60

De xaneiro a decembro

As Xubias

C.P. A Pobra do Caramiñal

N

MA

MSAS

De punta Galduario a punta Corna, arrecife de Aroña e de punta Galduario a punta Peralto

160

De xaneiro a decembro

Zona de extracción

C.P.Aguiño

N, Lon

MA

Zonas de autorización

160

De xaneiro a decembro

Zona de extracción, peiraos de Aguiño, Ribeira e O Castro.

C.P: Aguiño e Ribeira

(plan conxunto)

N, Lon

MA

MSAS

Praia da Ladeira e zonas de libre marisqueo adxacentes ao ámbito dos plans das autorizacións das dúas confrarías

55

De abril a setembro

Zonas de traballo, rampla anexa á lonxa de Aguiño, porto de Ribeira e porto de Corrubedo.

C.P. Cabo de Cruz

N

MA

MSAS

De punta Peralto ata punta Pedra Rubia

70

De abril a setembro e decembro

Embarcación de vixilancia na zona de traballo

C.P. Camariñas e Muxía

(plan conxunto)

N, Lon

MA

MSAS

De punta Sandia á desembocadura do río Lago (praias de Lago e de Barreira e infralitoral entre a praia de Barreira e punta Sandía), Enseada de Merexo (praias de Area Maior, Loureiro e de Borreiros), praia da Cruz, por fóra da praia de Mozogondón, centro da ría que se estende ata a zona fronte á praia de Barreira e desembocadura do río Grande de ponte do Porto

114

De xaneiro a decembro

Zona de extracción e lonxas de Camariñas e Muxia.

C.P. Cedeira

Lon

MSAS

Praia Magdalena, Area Miña Señora e punta Robaleira

30

De maio a setembro, novembro e decembro

Embarcación da vixilancia nas zonas de traballo e lonxa de Cedeira

C.P. Fisterra, Corcubión e Lira (plan conxunto)

N, Lon

MA

MSAS

Zona V: de cabo Touriñán a punta Insua

235

Praia de Carnota: 60

De xaneiro a decembro

Para a praia de Carnota: lonxa de Lira. Para o resto das zonas: nas zonas de extracción e lonxas de Lira, Fisterra e Corcubión

C.P. Laxe e Corme

(plan conxunto)

N, Lon,

MA

MSAS

Praia de Laxe, praia da Hermida, praia de Osmo, banco Riocobo e praia de Rebordelo. De Alto da Facha a punta Cantero e do Alto da Facha a punta Menduiña

75

De abril a setembro

Zona de extracción, lonxas de Corme e Laxe

C.P. Muros

N, Lon

MA

MSAS

De punta Insua a punta Uhía

251

De xaneiro a decembro

Embarcación de vixilancia nas zonas de traballo e lonxas de Muros e Esteiro.

C.P. Noia

N, Lon, LonV

MA

MSAS

Na costa norte, desde punta Uhía ata porto Siavo, incluíndo a cara interna da illa da Creba e exceptuando a zona portuaria, a zona dos asteleiros e a canle de navegación.

Na costa sur, desde punta Batuda ata punta Redondelo.

140

De xaneiro a decembro

Na zona de extracción

C.P. Palmeira

N, Lon

MA

Punta Aguiúncho, illote de Grades e punta da Corna

150

De xaneiro a decembro

Nave da confraría no porto de Palmeira

C.P. Porto do Son e Portosín, (plan conxunto)

N, Lon, LonV

MA

MSAS

De punta Batuda a río Sieira

150

De xaneiro a decembro

Lonxas de Porto do Son e Portosín. Rampla de descarga no peirao de Porto do Son e Pantalán da terceira lista no peirao de Portosín.

Embarcacións participantes nas zonas de traballo cando se traballe con subministración de aire desde superficie

C.P. Ribeira

N, Lon

MA

Zonas de autorización: bancos de Coroso-Río Grande-Río Azor, Insua-Airó e Castiñeiras

130

De marzo a decembro

Zona de extracción (Coroso,Touro) e lonxa de Ribeira

Provincia de Pontevedra

Entidade(1)

Especie(2)

Modalidade(3)

Zona de traballo

Días máx. extracción

Épocas probables de extracción

Puntos de control

C.P. A Illa de Arousa

N, LonV

MA

MSAS

Desde Sapeiras de Terra ata punta Quilme, Areoso, Camallón, Roncadeiras, punta Testos, punta Niño do Corvo, Area Secada e punta Cabalo

230

De xaneiro a decembro, cunha veda de dous meses consecutivos entre febreiro e xuño, en función estado gonadal para a navalla e dun mes para o longueirón vello entre abril e xuño

Concerrado, Arnela, Roncadeiras, Areoso, O Bao e lonxa da Illa de Arousa

C.P. Aldán-Hío

N, Lon

MA

MSAS

De punta Alada a punta Morcegos cara ao interior da ría

208

De xaneiro a decembro, cunha veda de dous meses consecutivos para cada especie en función do índice de condición gonadal

Area Brava, punta Ameixide, Vilariño, Pena Rubia, Menduiña e Laxe do Aire mediante embarcación e lonxa de Aldán

C.P.Baiona

N, Lon

MA

MSAS

De puntal da Serra a punta do Boi

90

De xaneiro a decembro, cunha veda para a navalla de dous meses e vinte días consecutivos entre xaneiro e marzo, e para o longueirón nos meses de maio e xuño

Zona de traballo pola embarcacións e lonxa de Baiona

C.P. Bueu, Lourizán, Marín, Pontevedra, Portonovo, Raxó, Sanxenxo (plan conxunto)

N, Lon, LonV

MA

MSAS

De punta Faxilda a punta Morcegos, illas Ons e Onza

N: 230

L: 20

N:de xaneiro a decembro, con rotación de bancos e cunha veda dun mes segundo o estado gonadal.

L: Mes de veda da navalla

Zona de traballo mediante embarcación

C.P. Cambados

N, LonV

MA

MSAS

Do Rego do Alcalde (Lañeiras de Fóra) á baliza de Orido, Arnela-Galiñeiro, Tragove, Tereixiñas e As Lobeiras

132

De maio a outubro

Embarcación da confraría, batea de control e lonxa de Tragove

C.P. Cangas

N, Lon

MA

MSAS

De punta Canabal a punta Couso e illas Cíes

240

De xaneiro a decembro con rotación de bancos para a navalla

Embarcación na zona de produción, porto de atraque e lonxa de Cangas

C.P. Moaña e Cíes Artesanais, S. Coop.Galega (plan conxunto)

N

MA

MSAS

De Rande a petóns de Canabal (excluíndo a zona que vai desde Rande ata punta Travesada)

190

De xaneiro a decembro, cunha veda de dous meses consecutivos entre xaneiro e maio

Zona de traballo

C.P Moaña. Cíes Artesanais, SCG, C.P. Redondela e Vilaboa (plan conxunto)

N

MA

MSAS

Desde Rande a punta Travesada

20

Xaneiro a decembro, cunha veda de dous meses consecutivos entre xaneiro e maio

Zona de traballo e lonxas de Vilaboa, Redondela e Moaña

C.P. O Grove

N, Lon

MSAS

Enseada da Lanzada (praia da Lanzada, praia de Area da Cruz e Raeiros), praia da Mexilloeira, praia Area Grande, Carreiro-Barcelas, praia Area das Pipas, praia Area de Reboredo, Lombo de Rons-Migalliñás, Lombo das Sinas, enseada do Grove

227

Navalla: de febreiro a decembro,

Longueirón: de maio a outubro

Embarcación de vixilancia, peiraos de Meloxo, San Vicente, A Toxa e do Grove e lonxa do Grove

C.P. Vigo

N, Lon, LonV

MA

MSAS

De puntal da Serra á ponte de Rande

N: 205

L: 55

Navalla: de xaneiro a decembro, cunha veda de dous meses entre febreiro e abril. Longueirón: de xaneiro a decembro, cunha veda de 2 meses en maio e xuño

Zona de traballo, pantalán de punta Lagoa e lonxas de Canido e Vigo

C.P. Vilanova

N, LonV

MA

Entre o peirao de Corón e O Ariño

247

De xaneiro a decembro, cunha veda de 2 meses para a navalla e de 1 ou 2 meses para o longureiron vello en función do índice de condición gonadal

Zona de traballo e lonxa de Vilanova

(1) Entidade

(2) Especies

Abreviatura

Abreviatura

Nome comercial

Nome científico

A.M

Asociación de mariscadores/as

N

Navalla

Ensis magnus

C.P.

Confraría de pescadores/as

Lon

Longueirón

Ensis siliqua

LonV

Longueirón vello

Solen marginatus

(3) Modalidade

Abreviatura

MA

Mergullo en apnea

MSAS

Mergullo con subministro de aire desde superficie

Cadro C: plans de xestión de equinodermos

Provincia de Lugo

Entidade(1)

Modalidade(2)

Zona de traballo

Días máx. extracción

Épocas probables de extracción

Puntos de control

A.M. Aresmar

MSAS

Punta Socastro, Illa Gabeira, Portonovo, Illotes Farallóns, Illa Anzuela, punta Castro, punta das cabras, punta Nois, punta Fazouro, Os Xuncos, illa Corbeiras, Os Placeos, punta Piñeira, punta Niño do Corvo, illa Pancha, O Mirador

60

De xaneiro a abril , novembro e decembro

Zonas de traballo e lonxas de Ribadeo, Burela e Celeiro

C.P. Celeiro

A pé

Desde a ermida de San Tirso a punta do Cabalo, agás a zona de Muiñelos

10

De xaneiro a abril e decembro

Saídas dos bancos do Rego e Arnela

C.P. Ribadeo e

A.M. San Cosme

(plan conxunto)

A pé

De punta Nois ata As Carrallas

45

De xaneiro a abril

Punta Corbeira, Os Galliños e porto de Nois

C.P. San Cibrao e Burela

(plan conxunto)

A pé

De ermida de San Tirso a punta Rueta, agás a cetaria de San Cibrao

45

De xaneiro a abril

Portos de Morás e Portocelo

C.P. San Cibrao e Burela, Ribadeo e

A.M. San Cosme

(plan conxunto)

A pé

De punta Rueta ata punta Nois, agas a zona de Calvella

10

De xaneiro a abril

Zona de traballo e lonxa de Burela

Provincia da Coruña

Entidade(1)

Modalidade(2)

Zona de traballo

Días máx. extracción

Épocas probables de extracción

Puntos de control

C.P. A Coruña e Barallobre

(plan conxunto)

MSAS

De punta Langosteira a punta Segaño

50

De xaneiro a abril e decembro

Lonxa de Coruña e portos de Ares e Oza

C.P. Aguiño e Ribeira (plan conxunto)

MA

MSAS

Bicheiro

Illa de Sálvora, costa e illotes adxacentes, agás determinadas zonas. De punta Falcoeiro ata río Sieira, incluíndo illotes adxacentes (Falcoeiro, Basoñas e outros)

40

De febreiro a abril e decembro

Peirao de Aguiño (rampla anexa á nave de clasificación de percebe), peirao de Ribeira (bocana da dársena portuaria), lancha de vixilancia nas zonas de traballo. Peirao de Corrubedo en circunstancias xustificadas

C.P. Cedeira

MSAS

Cedeira: Punta da Frouxeira (Leste)

Cariño: CL-82

10

De xaneiro a abril e decembro

Zonas de traballo e lonxa de Cedeira

C.P. Espasante

A pé

De illa San Vicente ata punta Vilardeira

3

De xaneiro a abril

Peirao de Espasante e lonxa de Ortigueira

C.P. Ferrol

MSAS

De faro de punta Frouxeira ata a ponte da Faísca

50

De xaneiro a abril, novembro e decembro

Peirao de Ferrol

C.P. Lira

A pé

De punta Insua á desembocadura do río Larada

35

De xaneiro a abril

De outubro a decembro

Lonxa de Lira

C.P. Lira, Fisterra e Corcubión (plan conxunto)

MA

MSAS

Zona V: de cabo Touriñán a punta Insua

70

Ámbito da reserva: 50

De xaneiro a abril

Novembro e decembro

Lonxas de Lira, Fisterra e Corcubión

Ámbito da reserva: Lonxa de Lira

C.P. Malpica, Corme, Laxe, Camelle, Camariñas e Muxía (plan conxunto)

MSAS

Zona VI: de cabo Touriñán a punta Langosteira

55

De xaneiro a abril e decembro

Ramplas das lonxas de Malpica, Corme, Laxe, Camelle, Camariñas e Muxía

C.P. Muros

MSAS

Desde punta Insua a punta Uhía

30

De xaneiro a abril

Lonxas e peiraos de Muros e Esteiro

C.P. Porto do Son

MSAS

Desde Punta Cabeiro ata río Sieira

25

De xaneiro a abril

Peirao de Porto do Son na rampla fronte á lonxa

C.P. O Pindo

A pé

Desde o río Xallas ata o río Larada

20

De xaneiro a abril, novembro e decembro

Porto de Quilmas, Portiño, Illa da Curra, Insuela e Pozo das centolas

Provincia de Pontevedra

Entidade(1)

Modalidade(2)

Zona de traballo

Días máx. extracción

Épocas probables de extracción

Puntos de control

C.P. A Guarda

A pé

De punta Orelludas a punta dos Picos

45

De xaneiro a abril

De outubro a decembro

Porto de Oia, Horizonte, lonxa da Guarda e A Grelo

C.P. A Guarda

MSAS

De punta Orelludas a punta dos Picos (zona marítima)

80

De xaneiro a abril

De outubro a decembro

Peiraos da Guarda e de Santa María de Oia

C.P. Aldán

MA

MSAS

De punta Couso a punta Morcegos cara ao interior da ría de Aldán

Ourizo: 25

Holoturia: 13

De xaneiro a marzo

De outubro a decembro

Embarcación de vixilancia. Punta Alada e Punta Niño do Corvo. Lonxa de Aldán

C.P. Baiona

A pé

MSAS

De punta Orelluda a praia da Abra (excluída), incluíndo as illas Estelas

A pé: 60

MSAS: 120

De xaneiro a abril e de outubro a decembro

Zonas de traballo e lonxa de Baiona

C.P. Bueu, Portonovo e Sanxenxo

(plan conxunto)

MSAS

De punta Faxilda a punta Centolo, de punta Galera a punta Couso, de punta Couso a punta Morcegos e illas Ons e Onza

100

De xaneiro a abril

De outubro a decembro

Lonxas de Bueu e de Portonovo

C.P. Cangas

MA

MSAS

Entre punta Canabal e punta Couso, illas Cíes

125

De xaneiro a abril

De outubro a decembro

Zona de extracción e lonxa de Cangas

C.P. O Grove

MSAS

De punta Faxilda (agás A Lanzada) a punta Moreiras, de praia de Con Roibo a peirao do Grove, Pedras Sálvores, Baixos dos Mezos e dos Esqueiros

Ourizo: 65

Holoturia 50

De xaneiro a xuño, novembro e decembro

Porto de San Vicente, do porto de Meloxo, lonxa do Grove e embarcación de vixilancia

C.P. Vigo

MA

MSAS

De Rande á praia de Abra (esta última excluída)

83

De xaneiro a abril

De outubro a decembro

Zona de traballo, lonxas de Canido e Vigo

(1)Entidade

(2) Modalidade

Abreviatura

Abreviatura

A.M

Asociación de mariscadores/as

MA

Mergullo en apnea

C.P.

Confraría de pescadores/as

MSAS

Mergullo con subministración de aire desde superficie

Cadro D: plans de xestión de peneira (Haliotis tuberculata)

Provincia da Coruña

Entidade(1)

Modalidade(2)

Zona de traballo

Días máx. extracción

Épocas probables de extracción

Puntos de control

C.P. Fisterra, Corcubión e Lira

(plan conxunto)

MA

MSAS

De cabo Touriñán a punta Insua, excepto a zona incluída na reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos

40

Xaneiro a marzo e de outubro a novembro

Lonxas de Lira, Fisterra e Corcubión, pantalán e rampa S do porto de Fisterra, rampa do porto de Corcubión e rampa N do porto de Lira

Provincia de Pontevedra

Entidade(1)

Modalidade(2)

Zona de traballo

Días máx. extracción

Épocas probables de extracción

Puntos de control

C.P. Aldán-Hío

MA

MSAS

De punta Couso a punta Morcegos cara ao interior da ría de Aldán

60

De xaneiro a maio e de outubro a decembro

Na embarcación de vixilancia: punta Alada e punta Niño do Corvo. Lonxa de Aldán

C.P. Cangas

MA

MSAS

Zona sublitoral rochosa entre punta Canabal e punta Couso, incluíndo illas Cíes (agás de cabo Bicos a punta Cabaliños)

50

De xaneiro a xullo,

De outubro a decembro

Zona de traballo e rampa da lonxa de Cangas

(1)Entidade

(2) Modalidade

Abreviatura

Abreviatura

A.M

Asociación de mariscadores/as

MA

Mergullo en apnea

C.P.

Cofradía de pescadores/as

MSAS

Mergullo con subministro de aire desde superficie

Cadro E: plans de xestión de algas

Litoral da Comunidade Autónoma Galega

Entidade(1)

Modalidade(2)

Zona de traballo

Días máx. extracción

Épocas probables de extracción

Puntos de control

Algamar, SL

A pé

De Rinlo a O Barqueiro, de punta Insua a punta Uhia, de Aguiño a punta do Chazo (Cabo de Cruz), de Moaña a Cabo Home (agás de praia Canabal a punta Couso), de Cabo Silleiro a A Guarda.

180

De xaneiro a outubro e decembro

Zonas de extracción e instalacións da empresa

Ceamsa, SL

A pé

De Ribadeo a Viveiro, de O Pindo a Ribeira, de Corme a Muxia, de Espasante a Ferrol, O Grove, Bueu, de Monteferro a A Guarda

96

De marzo a outubro

Zonas de extracción e instalacións da empresa

Conservas Mar de Ardora, S.L

A pé

De cabo Corrubedo a punta Lens (agás de punta Insua a punta Uhía), de punta Lens a cabo Touriñán (agás de punta Arnela á desembocadura do río Xallas e ámbito da Remip Os Miñarzos). De cabo Touriñán a punta Queimada (agás de punta Xanleira ata punta Gallada), de punta Lapachán a punta Torella, de punta Torella a punta Frouxeira, de punta Frouxeira a punta Fuciño do Porco (agás ámbito da Remip Ría de Cedeira) e de punta Fuciño do Porco a punta de Penas Brancas

100

De xaneiro a decembro

Zonas de extracción e instalacións da empresa

Porto-Muiños S.L

A pé

De punta Penas Brancas (Ribadeo) a Cabo San Cibrao, de punta Roncadoira (Xove) a punta Camero (Vicedo), Ría de Ortigueira, De punta Ardillosa (Cedeira) a cabo Prioriño Grande (Ferrol), Ría de Ferrol e Ares-Betanzos, Ría da Coruña, de punta San Pedro (A Coruña) a punta Insua (Caión) , de Punta Nariga (Malpica) a cabo San Adrián (Malpica), de punta Roncudo a punta Laxe, de punta Laxe (Laxe) a cabo Vilán, Ría de Camariñas, de punta da Barca (Muxia) a Cabo Touriñán , De Cabo Fisterra a punta Lens (Muros), de punta Lens a punta Uhia, de punta Sagrada(Porto do Son) a Punta Couso (Aguiño), de punta Couso a punta Bodión, de punta Quintáns (Bamio) a Punta das Sinas (Vilagarcia), Illa de Arousa, de Punta Aguieira (O Grove) a punta Pereiró (Vilalonga), de Punta Río Seco (Domaio) a punta Moa (Marín), de punta do Boi (Baiona) a Punta dos Picos (A Guarda)

180

De xaneiro a decembro

Zonas de extracción e instalacións da empresa

Provincia da Coruña

Entidade(1)

Modalidade(2)

Zona de traballo

Días máx. extracción

Épocas probables de extracción

Puntos de control

Mª Carmen Sanchez Sanchez

A pé

Intermareal de punta Uhia a punta Remedios

100

De marzo a setembro

Punta Uhía, Esteiro, porto de Esteiro, Raimúndez e Cabanas

C.P. A Coruña

MA

MSAS

De punta Langosteira a Cabo Prioriño

50

De febreiro a outubro

Dársena de Oza

C.P. Camelle

MA

MSAS

De punta Morelo a punta Gallada

45

De maio a setembro

Peiraos de Camelle

C.P. Corcubión

A pé

Desde punta Arnela ata a desembocadura do río Xallas

36

De xaneiro a decembro

Lonxa de Corcubión

C. P. Ferrol

MA

MSAS

De punta San Carlos ata a praia de Cariño

20

De febreiro a maio

Zonas de extracción e lonxa de Ferrol

C. P. Fisterra

MA

MSAS

Desde a praia de Rostro a Punta Arnela

60

De febreiro a xullo

Porto de Sardiñeiro, porto de Fisterra, lonxa de Fisterra

C.P. Muros

MA

MSAS

Submareal rochoso entre punta Ínsua e punta Uhía.

40

De febreiro a outubro

Peirao do Esteiro, lonxa de Esteiro, rampla do Castillo e rampla dos bateeiros (peirao de Muros) e lonxa de Muros

C.P O Pindo

A pé

Da desembocadura do río Xallas á desembocadura do río Larada e pedras da costa.

60

De maio a setembro

Porto de Quilmas, Insuela, Punta Caldebarcos

Provincia de Pontevedra

Entidade(1)

Modalidade(2)

Zona de traballo

Días máx. extracción

Épocas probables de extracción

Puntos de control

HQ Seaweed S.L.

A pé

De punta de Moreira a punta Con da Aguieira; de praia da Concheira a punta Fornos

100

De xaneiro a decembro

Zonas de extracción

C.P. A Illa de Arousa

MSAS

De punta Salinas a punta Quilma, Areoso, Camallón, de punta Testos a punta Campelo e de punta Aguiúncho a punta Furado

90 +20

Ulva rigida: de febreiro a novembro.

Resto de especies:De febreiro a setembro

Areoso, Concerrado, Arnela, Roncadeiras, O Bao e Lonxa da Illa

C.P. A Guarda

A pé

De punta Orelludas a punta dos Picos

32

De xaneiro a decembro

Lonxa da Guarda e peirao de Santa María de Oia

C.P. A Guarda

MA

MSAS

De punta Orelludas a punta dos Picos (zona submareal)

60

De xaneiro a decembro

Lonxa da Guarda e peirao de Santa María de Oia

C.P. Aldán-Hío

MA

MSAS

De punta Couso a punta Preguntoiro, cara ao interior da ría de Aldán.

50

De xaneiro a decembro

Lonxa de Aldán

C.P. Baiona

A pé

MSAS

De punta Orelludas á praia de Abra (excluída)

60

De xaneiro a decembro

A pé: Salgueira, porto do Castro e Pedra Rubia

A flote: Lonxa de Baiona, e embarcación vixilancia

C.P. Cambados

MSAS

O Galiñeiro, Meloxo e San Miguel-Tragove

135

De febreiro a outubro

Batea da cuadrícula 160 do polígono Cambados D e lonxa de Tragove

C.P. Cangas

A pé

De praia Masso a praia Areamilla

40

De xaneiro a decembro

Lonxa de Cangas

C.P. Cangas

MSAS

De praia Canabal a punta Couso

143

De xaneiro a setembro

Lonxa de Cangas.

C.P. O Grove

MSAS

De Cantareira a punta Carreiro, de punta Carreiro a Barrosa, de Barrosa a Raeiros e de Capilla a punta Faxilda.

60

De febreiro a xullo e de setembro a novembro

Lonxa o Grove, porto de San Vicente e porto de Meloxo

C.P. Vigo

MA

MSAS

A Pé

De punta de Lagoa a praia de Area Longa (excluída) e de punta Alcabre a praia de Abra (excluída)

40

De xaneiro a decembro

Zona de traballo, lonxas de Canido e Berbés

C.P. Vilanova

MA

MSAS

Con de Portugal, Sinás de Fora, Con Pequeno e espigón de porto.

60

De febreiro a maio. Ulva rigida: tamén de xuño a outubro.

Pantalán de descarga e lonxa de Vilanova.

(1)Entidade

(2) Modalidade

Abreviatura

Abreviatura

A.M

Asociación de mariscadores/as

MA

Mergullo en apnea

C.P.

Confraría de pescadores/as

MSAS

Mergullo con subministro de aire desde superficie

Cadro F: plans de xestión de anemone (Anemonia sulcata)

Provincia de Lugo

Entidade(1)

Modalidade(2)

Zona de traballo

Días máx. extracción

Épocas probables de extracción

Puntos de control

A.M. Aresmar

MSAS

O Vicedo: praia Fomento, praia Vidrieiro, Illote Xilloi

Celeiro: Punta Fuciño do Porco, punta monxes, illote Queimada, O Cargadoiro

San Cibrao: Os Farallóns, punta Furada, illa Anzuela

60

De xuño a setembro

Lonxas de Burela e Celeiro, peirao do Vicedo e peirao de Morás

A.M. San Cosme

A pé

De punta Promontoiro a punta Nois

50

De xaneiro a febreiro e de maio a decembro

Punta Promontorio e porto de Nois

CP. Ribadeo

A pé

Xuncos

10

Xaneiro e febreiro, maio e xuño, de setembro a novembro

Zona de extracción

C.P. San Cibrao

A pé

Areosa

20

Outubro e novembro

Portos de Morá e Portocelo e local da antiga lonxa no porto de San Cibrao

Provincia da Coruña

Entidade(1)

Modalidade(2)

Zona de traballo

Días máx. extracción

Épocas probables de extracción

Puntos de control

C.P. A Coruña e Barallobre

(plan conxunto)

MSAS

De punta Langosteira a punta Miranda

20

De mayo a diciembre

Lonxa da Coruña e porto de Ares

CP. Cedeira

MSAS

Punta Frouxeira (Leste) e punta Chirlateira

19

De xuño a decembro

Embarcacion de vixilancia, porto e lonxa de Cedeira

C.P. Ferrol

MSAS

De punta San Carlos a punta Frouxeira

63

De xuño a decembro

Peirao de Ferrol

C.P. Palmeira

MA

A Insuela

20

Xaneiro e de outubro a decembro

Nave da confraría

Provincia de Pontevedra

Entidade(1)

Modalidade(2)

Zona de traballo

Días máx. extracción

Épocas probables de extracción

Puntos de control

C.P. A Guarda

A pé

De punta Orelluda a Punta dos Picos

60

Xaneiro a febreiro e de xuño a decembro

Porto de Oia, Horizonte e lonxa de A Guarda

C.P. Aldán

MA

MSAS

De punta Couso a Punta Niño Corvo cara ao interior da ría de Aldán

75

Xaneiro a marzo e de xuño a decembro

Lancha de vixilancia e lonxa de Aldán.

C.P. A Illa de Arousa

MA

MSAS

De Sapeiras de Terra ata punta Salinas, punta Testos, punta Niño do Corvo, Area Secada e punta Cabalo

44

Xaneiro, febreiro e de xuño a decembro

Areoso, Roncadoiras, Arnela, Concerrado, Bao e lonxa da Illa de Arousa,

C.P. Baiona

A pé

MA

MSAS

De punta Orelluda a punta Santa Marta; desde a desembocadura do río Miñor ata a praia de Portocelo.

30 a pé

45 M

De maio a decembro

Zona de traballo e lonxa de Baiona

C.P. Cangas

MA

MSAS

De punta Balea ao extremo leste da praia de Liméns (incluíndo o faro da Borneira e Illote Corbeiro); do extremo oeste da praia de Liméns ao extremo leste da praia de Barra; do extremo oeste da praia de Barra ata punta Robaleira; de punta Balea a punta Rodeira

135

De xaneiro a decembro cunha veda de marzo a abril

Zonas de traballo, peirao e lonxa de Cangas

C.P. O Grove

MSAS

De pta Moreiras ata punta Area das Pipas e de Praia Barrosa a punta Raeiros.

60

De xaneiro a decembro cunha veda entre marzo e xuño

Peiraos de San Vicente e Meloxo. Lonxa de O Grove

C.P. Vigo

A pé

MA

MSAS

De punta Lagoa a praia de Area Longa (excluída) e de punta de Alcabre a praia de Abra (excluída)

5 a pé

60 M

De xaneiro a decembro cunha veda de dous meses en marzo e abril agás en Cabo de Mar.

En Cabo de Mar a veda será en maio e xuño

Zona de traballo, lonxa de Canido e lonxa de Vigo

(1)Entidade

(2) Modalidade

Abreviatura

Abreviatura

A.M

Asociación de mariscadores/as

MA

Mergullo en apnea

C.P.

Confraría de pescadores/as

MSAS

Mergullo con subministro de aire desde superficie

Cadro G: plans de xestión de poliquetos

Provincia de Lugo

Entidade(1)

Modalidade(2)

Especies(3)

Zona de traballo

Días máx. extracción

Épocas probables de extracción

Puntos de control

A.M. San Cosme

A pé

Am

Bancos de Fondás e O Taro

80

De xaneiro a decembro

Fondás, Estaleiro e saída do Taro

Provincia da Coruña

Entidade(1)

Modalidade(2)

Especies(3)

Zona de traballo

Días máx. extracción

Épocas probables de extracción

Puntos de control

A.M. Fonte de Santa Helena de Baldaio

A pé

Am

Lagoa externa de Baldaio

80

De xaneiro a decembro

Caseta de Fonte Santa Helena

C.P. A Coruña

A pé

MSAS

Am

Li

Pedra do Sal; Leira (campo de Futbol); Leira; Leira, (entre Leira e Caión); Caión (praia da Salseira); Barrañán (o Relojero); Balcobo Pequeno (praia de Balcobo Pequeno ata Pedra Herba); Ripibello; Os Castelos; Praia de Sabón (A Térmica); Suevos (porto de Suevos ata a fábrica Artabra); Bens (praia da Refinería); Bens (illa Redonda); O Portiño; Riazor/Orzan; San Amaro; Bastiagueiro Pequeno

155

De xaneiro a decembro

Porto de Suevos, Puerto de Oza e Fábrica Ártabra

C.P. Camelle, Corme, Laxe e Malpica (plan conxunto)

A pé

MA

MSAS

Li

De punta Gallada á Pedra do Sal, agás as praias de Laxe, as illas Sisargas e as Lagoas de Baldaio

170

De xaneiro a decembro

Rampa do porto de Corme e caseta información turística A Carballa

C.P. Lira

A pé

Li

Hd

Am

Da desembocadura do río Larada ata punta Ínsua

130

De xaneiro a decembro

Peirao de Lira

C.P. Lira

MSAS

Li

Da desembocadura do río Larada a punta Insua

70

De abril a outubro

Peirao de Lira

C.P. Miño

A pé

Am

Hd

LI

Dn

De punta Carboeira ata a marxe dereita da desembocadura do río Mandeo na ponte do Pedrido

220

De xaneiro a decembro

Porto-praia pequena de Miño

C.P. Muros

MA

MSAS

Am

Hd

Li

Dn

De punta Insua a punta Uhía

150

De xaneiro a decembro

Rampa do Castillo, rampa dos bateeiros e Ancoradoiro

C.P. O Pindo

A pé

Am

Dn

Hd

Li

Desembocadura do río Larada ata a desembocadura do rio Xallas. Praias de Area Branca, Lires, O Rostro, Mar de Fóra e Arnela

195

De xaneiro a decembro

Porto do Pindo, praia do Rostro e Porto de Portocubelo

C.P. Porto do Son

A pé

Li

Entre punta Cabeiro e río Sieira.

100

De xaneiro a decembro

Praia de Cabeiro, peirao de Porto do Son, praia Arnela, praia de Arealonga, Porcalleira e río Sieira.

C.P. Porto do Son

MA

MSAS

Li

Entre punta Cabeiro e río Sieira

135

De xaneiro a decembro

Rampa do peirao de Porto do Son

Provincia de Pontevedra

Entidade(1)

Modalidade(2)

Especies(3)

Zona de traballo

Días máx. extracción

Épocas probables de extracción

Puntos de control

C.P. Aldán-Hío

A pé

Am

Dn

Hd

Li

De punta Couso a punta Morcegos cara ó interior da ría de Aldán

36

De xaneiro a decembro

Lonxa de Aldán

C.P. Cambados

A pé

Am

Dn

Hd

Desde a desembocadura do río Umia ata o Rego do Alcalde

180

De xaneiro a decembro

Galpón de Ribeira da Mouta e lonxa e Tragove

C.P. Cangas

MA

MSAS

Li

De praia do Sinal a punta Vixia

80

De xaneiro a decembro

Rampa da lonxa de Cangas

C.P. O Grove

A pé

Am

Dn

Hd

Li

Meloxo (de peirao de Meloxo a praia Lavandeira), Ardía (de punta Antarde e as Morrasas) e Vilalonga-Dena-Castrelo (de punta Fianteira e punta de Couto de Abaixo), de punta Faxilda e punta Colmado, de punta Con da Con de Aguieira a punta Raeiros, de Con do Cavernal e punta das Pozas

180

De xaneiro a decembro

Zonas de traballo e lonxa de O Grove.

C.P. Portonovo

A pé

Li

Praia Faxilda (ou Pociñas); praia de Pragueira; praia de Bascuas; praia de Montalvo; praia Canelas

180

De xaneiro a decembro

Instalacións da confraría e praia de Bascuas

C.P. Redondela

A pé

Dn

Hd

A Portela (de Punta Monte Gordo a Punta do Socorro) praia de Barra, A Tellleira.

150

De xaneiro a decembro

Lonxa de Cesantes

C.P. Sanxenxo

A pé

Li

Praias de Pampaido, Area da Adra, das Areas, de Nanín, de Barreiro, de Carabuxeira e de Silgar

168

De xaneiro a decembro

Zonas de traballo

C.P. Vigo

A pé

Am

Dn

Hd

Bancos intermareais entre o puntal da Serra e praia de Arealonga (excluída)

100

De marzo a decembro

Zonas de traballo e lonxas de Canido e Vigo

C.P. Vilaboa

A pé

Am

Dn

Hd

Cabalo, Deilán, Río Maior, San Adrián (norte)

50

De xaneiro a decembro

Peirao de Santa Cristina de Cobres

C.P. Vilanova

MA

Dn

As Sinas, Con Grande, Carballas e Negrenlas.

74

De marzo a outubro

Embarcación na zona de traballo e lonxa de Vilanova

(1) Entidade

(2) Modalidade

Abreviatura

Abreviatura

A.M

Asociación de mariscadores/as

MA

Mergullo en apnea

C.P.

Confraría de pescadores/as

MSAS

Mergullo con subministro de aire desde superficie

(3) Especies:

Abreviatura

Nome científico

Nome común

Am

Arenicola marina

Mangón, miñoca de area

Dn

Diopatra neapolitana

Miñoca de tubo, casulo

Hd

Hediste diversicolor

Miñoca,

Li

Lumbrineris impatiens

Gabián