Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 8 de xaneiro de 2019 Páx. 927

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2018, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo convocado pola Orde do 31 de marzo de 2017 para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 23 de novembro de 2018, o tribunal nomeado pola Consellería de Facenda, mediante ordes do 5 e do 28 de febreiro de 2018 (DOG núm. 29, do 9 de febreiro e núm. 49, do 9 de marzo), para cualificar o proceso selectivo, convocado mediante a Orde do 31 de marzo de 2017 (DOG número 69, do 7 de abril) para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios, adoptou os seguintes

ACORDOS:

Primeiro. Realizar os trámites oportunos para publicar as cualificacións obtidas no terceiro exercicio do proceso selectivo, que foi convocado mediante a Orde do 31 de marzo de 2017 (DOG número 69, do 7 de abril) para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios, no lugar onde se realizou o exercicio, e no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

Segundo. Mediante a Resolución deste tribunal do 7 de novembro de 2018 e de conformidade coa orde de convocatoria do proceso selectivo, foron convocados para realizar o exercicio, o día 21 de novembro de 2018, os aspirantes que non acreditaron en prazo posuír o Celga 4 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro), pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega.

De conformidade coa base II.1.1.3. da convocatoria, superaron o terceiro exercicio do proceso selectivo os aspirantes que obtiveron o resultado de apto:

Apelidos e nome

NIF

Valoración

Palacios Fernández, Patricia

*1677

Apto

Sánchez Salguero, Jon Andoni

7239*

Apto

Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación coas puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De conformidade co disposto na base II.2.4. da orde de convocatoria, rematada a fase de oposición, desde que publique o tribunal das notas do último exercicio, as persoas aspirantes deberán de conformidade co procedemento establecido pola Dirección Xeral da Función Pública, presentar a documentación relativa á fase de concurso, que irá dirixida á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela).

Quinto. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2018

José Ángel Viñuela Rodríguez
Presidente do tribunal