Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Mércores, 9 de xaneiro de 2019 Páx. 1226

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 27 de novembro de 2018, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente PO-00343-O-2018 e outro máis).

O director xeral de Mobilidade ditou a resolución do expediente sancionador
PO-00343-O-2018 e outro máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recibo no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 544 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmase que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5A, 2º, en Santiago de Compostela.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2018

Marta Vázquez Sanjurjo
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Persoa sancionada

DNI/CIF

Infracción cometida

Data; hora; estrada; p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

PO-00343-O-2018

8156-DFW

76803664V

Carecer do tacógrafo ou dalgún dos seus elementos.

28.10.2017; 18.54.00; N-541; 77,5

Artigo 140.20 da LOTT

Artigo 143.1.h) da LOTT

0 €

XC-02776-O-2017

2651-JRL

32869372A

A realización de servizos de taxi ou de arrendamento de vehículos con condutor carecendo dos preceptivos títulos habilitantes ou con estes suspendidos, anulados, caducados, revogados, sen ter realizado o visado obrigatorio ou por calquera outra causa ou circunstancia pola que as referidas habilitacións expedidas para exercer a actividade xa non sexan válidas. No suposto de que a infracción consista na falta de visado obrigatorio e este se realizase con anterioridade á data de resolución do procedemento sancionador, a infracción terá a cualificación de leve.

15.7.2017; 9.36.00; SC-21; 1,1

Artigo 60.a) da Lei 4/2013

Artigo 63 da Lei 4/2013

0 €