Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Xoves, 10 de xaneiro de 2019 Páx. 1508

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Salvatera de Miño (expediente IN407A 2018/38-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Consorcio de Zona Franca de Vigo.

Domicilio social: área portuaria de Bouzas, 36208 Vigo.

Denominación: LMTS e CT nº 14 zona norte da Plisan.

Situación: Salvaterra de Miño.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV, con condutor RHZ1, de 4.800 metros de lonxitude, con orixe no centro de transformación (CT) nº 6 e final no empalme coa LMTS que sae do CT nº 6 cara ao CT nº 1, unha vez entre e saia dos centros de transformación números 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13 e 14.

Centro de transformación nº 14, a 630 kVA con RT 20 kV/400 V.

A instalación está situada en Salvaterra de Miño, na zona norte da plataforma loxística industrial de Salvaterra-As Neves (Plisan).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG nº 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 6 de marzo de 2018

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra