Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Xoves, 10 de xaneiro de 2019 Páx. 1499

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2013, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas, se aproba o proxecto de execución, se recoñece a condición de acollida ao réxime especial de produción eléctrica e se declara a utilidade pública, en concreto, do proxecto do parque eólico Alto da Croa, no concello de Vimianzo, promovido por Gamesa Energía, S.A. (expediente IN661A 2007/06).

Examinado o expediente instruído a pedimento de Gamesa Energía, S.A. sobre autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución, recoñecemento da condición de acollida ao réxime especial de produción eléctrica e declaración, en concreto, da utilidade pública das instalacións do proxecto do parque eólico Alto da Croa, no concello de Vimianzo (A Coruña), constan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro. Mediante resolución do 29 de xaneiro de 2007 publicouse a relación de solicitudes de autorización para a instalación de parques eólicos admitidas a trámite ao abeiro da Orde do 22 de maio de 2006 (DOG núm. 26, do 6 de febreiro de 2007), na cal se incluíu a correspondente ao parque eólico Alto da Croa, para unha potencia de 8 MW.

Segundo. Con data do 8 de febreiro de 2007, Gamesa Energía, S.A. solicitou a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución, a declaración de utilidade pública e o recoñecemento da condición de acollida ao réxime especial de produción eléctrica para o proxecto do parque eólico Alto da Croa.

Terceiro. Mediante Acordo do 3 de xullo de 2009, do Departamento Territorial da Coruña, someteuse a información pública a solicitude de autorización, a aprobación do proxecto de execución, o estudo de impacto ambiental, a aprobación do proxecto sectorial e a declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións que comprende o proxecto do parque eólico Alto da Croa; o dito acordo publicouse no BOE do 27 de agosto, no DOG do 11 de agosto, no BOP da Coruña do 4 de agosto e no xornal La Voz de Galicia do 22 de xullo, e permaneceu exposto, ademais, nas dependencias do dito departamento territorial e no taboleiro de anuncios do concello de Vimianzo.

As características básicas das instalacións sometidas a información pública son as seguintes:

Solicitante: Gamesa Energía, S.A. Unipersoal.

Domicilio: rúa Antonio Gómez Vilasó, bloque 3, portais 2 e 3, 15702 Santiago de Compostela.

Denominación: parque eólico Alto da Croa.

Potencia que se vai instalar: 8 MW.

Municipios afectados: Vimianzo (A Coruña).

Emprazamento (en unidades UTM):

Coordenadas perimetrais do acceso ao parque:

UTM-X

UTM-Y

496.000

4.764.750

496.000

4.764.650

496.070

4.764.650

496.070

4.764.750

Coordenadas perimetrais da poligonal do parque:

UTM-X

UTM-Y

496.000

4.763.040

496.000

4.764.100

497.500

4.764.100

497.500

4.763.000

496.570

4.763.000

496.200

4.763.070

Coordenadas dos aeroxeradores:

Aeroxerador

UTM-X

UTM-Y

A8

496.864

4.763.152

A9

496.668

4.763.246

A10

496.492

4.763.413

A11

497.227

4.763.246

As principais características técnicas da infraestrutura eléctrica do parque eólico son:

• 4 aeroxeradores de 2.000 kW de potencia nominal unitaria montados sobre fuste tubular metálico de 78 m de altura e diámetro de rotor de 90 m;

• 4 transformadores de potencia 2.100 kVA, con relación de transformación de 0,69/20 kV, instalados no interior de torre do aeroxerador coa súa correspondente aparellaxe de seccionamento, manobra e protección;

• rede eléctrica subterránea a 20 kV con condutor DHZ1 12/20 kV 3×1×(1×95,150) mm2 Al, para interconexión dos centros de transformación dos aeroxeradores co edificio de control, protección e medida, e de aí partirá en 20 kV a través dunha liña aérea ata o punto de interconexión na subestación eléctrica de Pontella.

Durante o período de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

1. Con data do 11 de setembro de 2009, Xosé Luis Lavadores Cobas, en representación da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) presenta escrito en que solicita a paralización da autorización, en tanto non se leve a cabo un novo estudo de impacto ambiental co rigor necesario e que considere a situación da especie de lobo ibérico e os impactos que poidan causar nela as novas instalacións, así como a incorporación de medidas correctoras máis acaídas ou, se así for necesario, o cambio de localización do parque eólico.

2. O 5 de novembro de 2009, Xosé Luis Lavadores Cobas, en representación da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega), presenta un novo escrito de alegacións de contido similar ao anterior, reiterando o solicitado nel.

3. O 31 de xullo de 2009, Herminia Suárez Paz solicita aclaración sobre o paso de gabias pola súa leira, e mostra a súa conformidade coa declaración de utilidade pública con respecto a parte da leira que lle pertence, posto que comparte a titularidade cos seus irmáns, solicitando, ademais, información sobre se o terreo sufrirá cambios, o tempo de demora estimado do uso e o aboamento dalgún canon polo uso das leiras.

4. O 30 de xullo de 2009, José Manuel Santos Pérez, solicita información sobre as compensacións ás que ten dereito polos bens afectados.

Cuarto. O 13 de agosto de 2010, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria emitiu informe sobre o proxecto do parque eólico estimando que procede continuar coa tramitación do procedemento, polo que o 16 de agosto de 2012, a dita xefatura territorial remite o expediente á Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Quinto. Con data do 24 de novembro de 2010, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formulou a declaración de impacto ambiental relativa ao proxecto do parque eólico Alto da Croa, a cal se fixo pública por Resolución do 23 de decembro de 2010 da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas (DOG núm. 21, do 1 de febreiro de 2011).

Sexto. Con data do 15 de decembro de 2011, Gamesa Energía, S.A. comunica que se elimina do proxecto a afección ao Monte da Tella, titularidade da Comunidade de Montes de Baíñas e Val, desistindo do trámite de compatibilidade entre o proxecto do parque eólico e o dito monte, solicitando, asemade, que se elimine da relación de bens e dereitos afectados a dita afección.

Sétimo. O 28 de febreiro de 2012, a Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe emite o informe a que fai referencia o artigo 13.3 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, en relación co proxecto sectorial do parque eólico Alto da Croa, no cal o dito organismo informa de que se seguiron os trámites establecidos no Decreto 80/2000, do 23 de marzo.

Aos antecedentes de feito expostos sonlles de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver este procedemento con fundamento no artigo 28 do Decreto 324/2009, do 11 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, en relación co establecido no artigo 28.3 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, no artigo 4.1 do Real decreto 661/2007, do 25 de maio, polo que se regula a actividade de produción de enerxía eléctrica en réxime especial e nos artigos 18, 24 e 27.1 do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites procedementais establecidos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, no Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co establecido pola disposición transitoria cuarta da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas vixentes de aplicación.

Terceiro. Con respecto ás alegacións presentadas, visto o contido delas e as respostas da empresa promotora, indícase o seguinte:

– No que se refire á percepción de compensacións polas afeccións do proxecto aos terreos, en caso de que os titulares non teñan acadado acordo coa empresa promotora, a compensación ou prezo xusto que deberá ser aboada pola dita empresa determinaranse na fase de prezo xusto do correspondente procedemento expropiatorio, de acordo co disposto na Lei de expropiación forzosa e no Regulamento que a desenvolve.

– En relación coa alegación da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega), cómpre remitirse ao contido da declaración de impacto ambiental emitida pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, en concreto ao seu punto 6.1, que establece que a poboación do lobo ibérico deberá ser obxecto dunha especial atención mediante a implementación dun exhaustivo plan de estudo e seguimento.

– Canto ás alegacións presentadas por Herminia Súarez Paz e por José Manuel Santos Pérez, a empresa promotora, nas súas respostas, manifesta que xa se ten posto en contacto cos alegantes a fin de lles informar sobre o solicitado nos seus escritos e de tentar acadar un acordo amigable.

Polo exposto, e no exercicio das competencias que teño atribuídas,

RESOLVO:

Primeiro. Autorizar as instalacións do parque eólico Alto da Croa, no concello de Vimianzo (A Coruña), promovido por Gamesa Energía, S.A., cunha potencia de 8 MW.

Segundo. Aprobar o proxecto de execución das instalacións do parque eólico Alto da Croa, asinado polo enxeñeiro industrial Luis Caamaño Martínez e visado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (Delegación de Santiago) o 13 de marzo de 2008 co número de rexistro 219/08.

As características principais recollidas no dito proxecto son as seguintes:

Solicitante: Gamesa Energía, S.A. Unipersoal.

Domicilio: rúa Antonio Gómez Vilasó, bloque 3, portais 2 e 3, 15702, Santiago de Compostela.

Denominación: parque eólico Alto da Croa.

Potencia que se vai instalar: 8 MW.

Municipios afectados: Vimianzo (A Coruña).

Produción anual: 58.892 MWh/ano.

Orzamento: 6.115.368,01 euros.

Emprazamento (en unidades UTM):

Coordenadas perimetrais do acceso ao parque:

UTM-X

UTM-Y

496.000

4.764.750

496.000

4.764.650

496.070

4.764.650

496.070

4.764.750

Coordenadas perimetrais da poligonal do parque:

UTM-X

UTM-Y

496.000

4.763.040

496.000

4.764.100

497.500

4.764.100

497.500

4.763.000

496.570

4.763.000

496.200

4.763.070

Coordenadas dos aeroxeradores:

Aeroxerador

UTM-X

UTM-Y

A8

496.864

4.763.152

A9

496.668

4.763.246

A10

496.492

4.763.413

A11

497.227

4.763.246

As principais características técnicas da infraestrutura eléctrica do parque eólico son:

• 4 aeroxeradores de 2.000 kW de potencia nominal unitaria montados sobre fuste tubular metálico de 78 m de altura e diámetro de rotor de 90 m;

• 4 transformadores de potencia 2.100 kVA, con relación de transformación de 0,69/20 kV, instalados no interior de torre do aeroxerador coa seu correspondente aparellaxe de seccionamento, manobra e protección;

• Rede eléctrica subterránea a 20 kV con condutor DHZ1 12/20 kV 3×1×(1×95,150) mm2 Al, para interconexión dos centros de transformación dos aeroxeradores co edificio de control, protección e medida, e de aí partirá en 20 kV a través dunha liña aérea ata o punto de interconexión na subestación eléctrica de Pontella.

Terceiro. Recoñecer ao parque eólico Alto da Croa a condición de instalación acollida ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica regulamentado polo Real decreto 661/2007, do 25 de maio, e incluíla no grupo b.2., subgrupo b.2.1., do artigo 2 do citado real decreto.

Cuarto. Declarar a utilidade pública, en concreto, das instalacións do proxecto do parque eólico Alto da Croa, segundo o previsto nos artigos 52 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A presente autorización axustarase ao cumprimento das seguintes condicións:

1. Conforme o disposto no artigo 19 do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, para os efectos de garantir o cumprimento das súas obrigas, Gamesa Energía, S.A. deberá constituír, no prazo de 30 días contados desde o día seguinte ao da notificación da presente resolución, unha fianza de 122.307,36 euros, importe correspondente ao 2 % do orzamento do proxecto de execución do parque eólico que por esta resolución se aproba.

A dita fianza constituirase na caixa xeral de depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias, e devolverase unha vez que se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

2. Consonte o disposto no artigo 4 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, fíxase, por proposta do órgano ambiental, a contía do aval correspondente aos labores de restauración asociados á fase de obras en 45.865 euros, polo que Gamesa Energía, S.A. deberá depositar o devandito aval no prazo de 30 días contados desde o día seguinte ao da notificación desta resolución.

Esta fianza constituirase na caixa xeral de depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias, e devolverase cando desaparezan as causas que motivaron a súa exixencia, unha vez depositado o importe correspondente ao aval de restauración en fase de desmantelamento, conforme o artigo 6 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro.

3. Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial de produción de enerxía eléctrica, o promotor deberá inscribila definitivamente no Rexistro de Instalacións de Produción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola Orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG do 14 de xullo), logo da acreditación do cumprimento dos requisitos establecidos nos artigos 11 e 12 do Real decreto 661/2007, do 25 de maio.

4. A instalación adaptarase ao procedemento de captación e procesamento de datos de produción de enerxía eléctrica de Galicia regulamentado pola Orde da Consellería de Innovación e Industria, do 23 de xaneiro de 2009, pola que se establece o procedemento para a captación e procesamento dos datos de produción enerxética das instalacións acollidas ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 37, do 23 de febreiro).

5. As instalacións autorizadas terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto de execución que por esta resolución se aproba, cun orzamento de 6.115.368,01 euros.

6. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses contados a partir da data de ocupación dos terreos.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas e con carácter previo á súa posta en marcha, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento das condicións establecidas nesta resolución e as demais que sexan de aplicación, incluídas as contidas na declaración de impacto ambiental formulada o 24 de novembro de 2010 pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

7. O parque eólico deberá cumprir cos requisitos que se recollan nos procedementos de operación aprobados polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, que lle resulten de aplicación.

8. A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

9. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia da Coruña, de acordo co establecido nos artigos 128 e 148 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, así como en cumprimento do disposto polo artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, para os efectos da notificación aos interesados cando estes sexan descoñecidos, se ignore o lugar ou o medio de notificación, ou ben que, intentada esta, non se puidese efectuar.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 114 y 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2013

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas