Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Luns, 14 de xaneiro de 2019 Páx. 1884

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 20 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas para o período 2019-2023, financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2019.

O Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se crea unha organización común de mercados dos produtos agrarios e polo que se derrogan os regulamentos (CEE) nº 922/72, (CEE) nº 234/79, (CE) nº 1307/2001 e (CE) nº 1234/2007, o Regulamento delegado (UE) 2016/1149 da Comisión, do 15 de abril de 2016, polo que se completa o Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que se refire aos programas nacionais de apoio no sector vitivinícola e se modifica o Regulamento (CE) nº 555/2008 da Comisión, e o Regulamento de execución (UE) 2016/1150 da Comisión, do 15 de abril de 2016, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no que se refire aos programas nacionais de apoio no sector vitivinícola, regulan as disposicións sobre os programas de apoio que os Estados membros deben presentar á Comisión.

O Real decreto 5/2018, para a aplicación das medidas do programa de apoio 2019-2023 ao sector vitivinícola español, recolle o conxunto de disposicións que desenvolven o Programa de apoio ao sector vitivinícola español presentado por España á Comisión Europea para o período 2019 a 2023.

O citado Real decreto 5/2018 establece, entre outras medidas de apoio, as recollidas no programa de apoio de España relativas aos investimentos tanxibles ou intanxibles en instalacións de transformación e infraestrutura vinícola e comercialización de viños, mostos e vinagre, incluso coa finalidade de mellorar o aforro de enerxía, a eficiencia enerxética global e os procesos sustentables. Este real decreto establece, así mesmo, que a instrución, resolución e pagamento das axudas corresponde ás comunidades autónomas en función das súas competencias.

Ante a proximidade do inicio do exercicio orzamentario 2019, procede realizar a convocatoria correspondente a ese ano.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e en uso das facultades que confiren os artigos 7 e 14 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e demais normativa concorrente,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a execución de medidas de investimentos no sector vitivinícola en Galicia establecidas no programa de apoio 2019-2023 ao sector vitivinícola español e convocar as correspondentes ao exercicio orzamentario de 2019. O código do procedemento é MR361A.

CAPÍTULO I

Bases reguladoras para a concesión de axudas dentro da medida
de investimentos do programa de apoio ao sector vitivinícola

Artigo 2. Beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias da medida de investimentos:

a) As empresas vitivinícolas que no momento da solicitude produzan ou comercialicen os produtos mencionados no anexo VII parte II do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, producidos en territorio español, ou que, como consecuencia da execución da operación obxecto da solicitude de axuda, comencen esa produción ou comercialización. Para estes efectos entenderase como empresa toda entidade, independentemente da súa forma xurídica, que exerza unha actividade económica. En particular, consideraranse empresas as entidades que exerzan actividades a título individual, as sociedades de persoas e as asociacións que exerzan unha actividade económica de forma regular. As comunidades de bens quedan incluídas na definición de empresa. As empresas deberán estar constituídas con anterioridade á data de presentación da solicitude.

b) As organizacións de produtores vitivinícolas, recoñecidas consonte o artigo 152 do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013.

c) As asociacións de dous ou máis produtores, con personalidade xurídica, dos produtos mencionados no anexo VII, parte II, do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013.

d) As organizacións interprofesionais.

2. Non obstante, cando se trate de empresas cuxa actividade sexa unicamente a comercialización, polo menos un 80 % da súa facturación do último exercicio pechado deberá proceder da comercialización dos produtos mencionados no anexo VII, parte II, do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013.

3. Os solicitantes das axudas deberán ter instalacións situadas en Galicia ou prever telas coa execución dos investimentos para os cales se solicita a axuda, dedicadas á produción dos produtos mencionados no anexo VII, parte II, do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, salvo nos casos de proxectos de comercialización desvinculados fisicamente dunha adega, así como en todos os casos de comercialización noutro Estado membro, nos cales o requisito exixible é que os solicitantes teñan o seu domicilio social en Galicia.

4. Os ditos investimentos referiranse á produción, comercialización ou a ambas dos produtos vitivinícolas mencionados no anexo VII, parte II, do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, e que se producisen en territorio español.

Artigo 3. Actuacións, operacións e gastos subvencionables

1. Serán admisibles as operacións relativas a investimentos tanxibles ou intanxibles que axuden a acadar, polo menos, un dos obxectivos estratéxicos seguintes:

a) Fomentar a agrupación dos primeiros elos da cadea alimentaria mediante a integración das entidades asociativas e o asociacionismo agrario.

b) Fomentar a sustentabilidade integral das industrias nos seus ámbitos económico, social e ambiental.

c) Fomentar os procesos sustentables desde o punto de vista ambiental a través do aforro de enerxía, a eficiencia enerxética global, a utilización de enerxías renovables e a valorización e tratamento dos residuos.

d) Fomentar a certificación ambiental das instalacións das empresas vitivinícolas.

e) Fomentar a produción ecolóxica.

f) Fomentar os produtos acollidos a réximes de calidade e os pagamentos de uva por calidade.

g) Favorecer o incremento da dimensión empresarial.

h) Favorecer a participación dos viticultores e elaboradores na cadea de valor.

i) Fomentar os investimentos en comercialización.

j) Fomentar a innovación e a implantación de novos produtos e novas presentacións.

k) Impulsar a introdución das tecnoloxías dixitais nas empresas (Industria Conectada 4.0).

Para a consecución dos ditos obxectivos estratéxicos, en cada operación deberán identificarse un ou varios dos obxectivos xerais cuxa relación non exhaustiva se presenta no anexo I. No suposto de que algún dos obxectivos xerais dunha operación concreta non se encontre recollido nesta relación, o dito obxectivo deberá ser especificado polo solicitante.

2. Serán subvencionables os seguintes tipos de gastos:

a) Construción, adquisición ou mellora de bens inmobles.

b) Compra de nova maquinaria e equipamentos ata o valor de mercado do produto.

c) Custos xerais vinculados aos gastos mencionados nas letras a) e b), tales como honorarios de arquitectos, enxeñeiros e asesores, así como estudos de viabilidade, co límite do 8 % do orzamento aprobado para a operación de investimento.

d) A adquisición ou o desenvolvemento de soportes lóxicos de ordenador e a adquisición de patentes, licenzas, dereitos de autor e o rexistro de marcas colectivas.

3. Non serán subvencionables os gastos descritos no anexo II desta orde.

Artigo 4. Contía das axudas

1. As axudas teñen a natureza de subvencións de capital e poderán acadar as porcentaxes máximas de axuda do investimento subvencionable indicadas no número seguinte, establecidas segundo a tipoloxía da empresa solicitante. Para determinar o tipo de empresa aplicaranse os criterios establecidos na Recomendación 2003/361/CE da Comisión, do 6 de maio, sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas (DO L 124, do 20.5.2003).

2. As porcentaxes máximas de axuda serán as seguintes:

Tipo de empresa solicitante

Microempresas, pequenas e medianas empresas (en diante pemes)

Empresas non pemes con menos de 750 empregados ou cuxo volume de negocios sexa inferior a 200 mill. €

Empresas non pemes con 750 ou máis empregados e cuxo volume de negocios sexa igual ou superior a 200 mill. €

40 %

20 %

10 %

3. Cando o solicitante sexa unha asociación de dous ou máis produtores, con personalidade xurídica, dos produtos mencionados no anexo VII, parte II, do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, sen actividade económica, o cálculo da axuda farase proporcionalmente á participación de cada un dos produtores no investimento, de acordo co tipo de axuda que tería cada produtor de forma independente.

4. Para os investimentos noutros países da Unión Europea, terase en conta a súa localización para determinar a porcentaxe de axuda, de acordo cos tipos de axuda establecidos nos números anteriores.

Artigo 5. Requisitos adicionais

1. O solicitante deberá demostrar viabilidade económica da empresa, excepto cando sexa estatutariamente unha organización sen ánimo de lucro.

Deberá tamén demostrar que ten acceso aos recursos técnicos e financeiros suficientes para garantir que se execute a operación correctamente e que a empresa non está en situación de crise, tal como se contempla no artigo 50, número 2, parágrafo terceiro, do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro.

Cando o solicitante sexa unha asociación de dous ou máis produtores, con personalidade xurídica, cada un dos integrantes deberá demostrar a capacidade de acceso aos recursos técnicos e financeiros necesarios de forma independente de acordo coa súa participación no investimento, ou ben, alternativamente, que a dita asociación conta con esa capacidade de acceso aos recursos técnicos e financeiros necesarios.

Entenderase que estes aspectos non quedan demostrados e, por tanto, o solicitante non poderá ser beneficiario da subvención, en calquera das seguintes circunstancias:

a) Cando a empresa se atope en crise, de acordo coa definición e coas condicións establecidas nas directrices comunitarias sobre as axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (2014/C 249/01). Conforme estas, considerarase que unha empresa está en crise se concorre, polo menos, unha das seguintes circunstancias:

1ª. Tratándose dunha sociedade de responsabilidade limitada, cando desaparecese máis da metade do seu capital social subscrito como consecuencia das perdas acumuladas, circunstancia que sucede cando a dedución das perdas acumuladas das reservas (e de todos os demais elementos que se acostuman considerar fondos propios da sociedade) conduce a un importe acumulativo negativo superior á metade do capital social subscrito.

2ª. Tratándose dunha sociedade na cal, polo menos, algún dos socios ten unha responsabilidade ilimitada sobre a débeda da sociedade, cando desaparecese polas perdas acumuladas máis da metade dos seus fondos propios que figuran na súa contabilidade.

3ª. Cando a empresa se atope inmersa nun procedemento de quebra ou insolvencia ou reúna os criterios establecidos legalmente para ser sometida a un procedemento de quebra ou insolvencia a petición dos seus acredores.

4ª. Tratándose dunha empresa que non sexa unha peme, cando durante os dous anos anteriores:

1) A ratio: débeda/capital da empresa for superior a 7,5, e

2) A ratio de cobertura de xuros da empresa, calculada sobre a base do EBITDA, for inferior a 1,0.

As pemes con menos de tres anos de antigüidade non se considerarán empresa en crise salvo que cumpran a condición establecida na alínea c) do parágrafo anterior.

En todo caso, para verificar o cumprimento deste requisito, as empresas presentarán coa solicitude de axuda unha declaración de non atoparse en situación de crise consonte a normativa comunitaria, así como, no caso de sociedades, copia dos balances e contas de explotación dos tres últimos anos.

Tampouco poderán ser beneficiarias das axudas as empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas como consecuencia dunha decisión previa da Comisión Europea que as declare ilegais e incompatibles co mercado común.

b) Cando a empresa se atope en proceso de solicitar a declaración de concurso voluntario, fose declarada insolvente en calquera procedemento, se atope declarada en concurso, agás que neste adquirise a eficacia un convenio, está suxeita a intervención xudicial ou foi inhabilitada consonte a Lei 22/2003, do 9 de xullo, concursal, sen que teña concluído o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.

c) Cando os solicitantes ou beneficiarios non estean ao día nas súas obrigas tributarias (Ministerio de Facenda) e fronte á Seguridade Social, ou teñan débedas pendentes de pagamento coa Administración pública da Comunidade Autónoma (Consellería de Facenda).

Para eses efectos, a presentación dunha solicitude de axuda significa a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións acreditativas correspondentes da Axencia Estatal da Administración Tributaria, Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Consellería de Facenda. Non obstante, o solicitante poderá denegar expresamente o seu consentimento e neste caso debe presentar as certificacións nos termos previstos regulamentariamente.

2. Os beneficiarios das subvencións deberán acreditar a durabilidade das operacións relativas aos investimentos durante os cinco anos seguintes desde a data do pagamento final da axuda.

Deberá reembolsarse a axuda, máis os correspondentes xuros de demora, nos cinco anos seguintes ao pagamento final ao beneficiario, no caso de producirse calquera das circunstancias seguintes:

a) O peche ou a relocalización dunha actividade produtiva fóra da zona do programa; ou

b) O cambio na propiedade dun elemento de infraestrutura que proporcione a unha empresa ou un organismo público unha vantaxe indebida; ou

c) O cambio substancial que afecte a natureza, os obxectivos ou as condicións de execución da operación, de modo que se menoscaben os seus obxectivos orixinais.

Así mesmo, a durabilidade será exixible aos adquirentes, nos supostos de transmisión da actividade produtiva e das infraestruturas ligadas a ela, obxecto da axuda, e deberase acreditar de maneira fidedigna ante a autoridade competente que esta circunstancia é coñecida e aceptada polos adquirentes. En caso contrario, calquera suposto de reintegro sería exixible sobre o beneficiario orixinal da axuda.

3. Non se concederán axudas a solicitantes nos cales concorra algunha das circunstancias que dean lugar á prohibición para obter a condición de beneficiario sinaladas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, en particular, aos solicitantes condenados mediante sentenza firme ou sancionados mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións públicas.

4. As operacións de investimento estarán claramente definidas especificando as accións e a súa duración e detallando os conceptos de gasto que compoñen cada acción e os custos estimados de cada unha delas. Igualmente, especificarase o obxectivo ou obxectivos estratéxicos e xerais a que cada acción pretende contribuír. En todo caso, conterán, como mínimo, a información detallada recollida no anexo V desta orde.

As operacións deberán afectar orzamentariamente como máximo dous exercicios Feaga consecutivos inmediatamente seguintes ao exercicio Feaga en que se peche o prazo de presentación das solicitudes de axuda.

Só serán admisibles solicitudes por operacións anuais no caso de que os conceptos de gasto se limiten ao primeiro exercicio inmediatamente seguinte ao exercicio Feaga en que se peche o prazo de presentación das solicitudes de axuda obxecto da convocatoria.

As operacións obxecto de pagamento en dous exercicios Feaga deberán ter un mínimo do 50 % do importe dos conceptos de gasto aprobados incluídos no primeiro exercicio inmediatamente seguinte ao exercicio Feaga en que se peche o prazo de presentación das solicitudes de axuda obxecto da convocatoria.

5. Débese respectar a moderación de custos tal como establece o artigo 48.2.e) do Regulamento de execución (UE) nº 809/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no referente ao sistema integrado de xestión e control, as medidas de desenvolvemento rural e a condicionalidade.

Para iso, para todos os gastos incluídos na solicitude de axuda deberase solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación, e presentalas coa solicitude de axuda. As ofertas presentadas para cada gasto deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Deberán proceder de empresas que teñan como obxecto social –ou epígrafe do imposto de actividades económicas no momento da emisión da oferta– a fabricación ou subministración dos bens ou servizos incluídos na oferta, salvo na compra de terreos e edificacións. Tamén serán admisibles as ofertas de empresas con páxinas web en que figuren referencias ao material ou servizo ofertado.

b) Non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas nin co solicitante, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público.

c) Deberán incluír como mínimo o NIF, nome e enderezo da empresa oferente, o nome ou razón social da empresa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados. Para que a descrición dos conceptos se considere detallada deberá incluír, no caso de obra civil e instalacións, a relación pormenorizada e cuantificada das unidades de obra que inclúe, no caso de subministración de maquinaria e equipamentos, a súa marca, modelo e características técnicas e, no caso de prestación de servizos, a descrición detallada destes.

Non se considerarán admisibles as ofertas presentadas que non reúnan estes requisitos, o que poderá dar lugar á exclusión como subvencionable do gasto xustificado con esa oferta.

A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía e debe xustificarse expresamente nunha memoria a elección, baseada nos criterios sinalados, cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. No caso de no ser así, considerarase como importe máximo subvencionable para ese concepto o correspondente á proposta económica máis vantaxosa.

Excepcionalmente, no caso de conceptos subvencionables que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren, a moderación de custos poderá xustificarse alternativamente mediante un informe dun taxador, perito ou dun organismo público autorizado en que se determine xustificadamente o seu valor de mercado.

Non se considerarán subvencionables os gastos en que non se xustifique a moderación de custos consonte os criterios e requisitos sinalados neste número.

6. Os investimentos non poderán comezar antes da presentación da solicitude de axuda, salvo os gastos sinalados no anexo II, 8, a e b, que poderán terse en consideración se se producen nos doce meses previos á data de solicitude de axuda. En todo caso, o inicio das operacións do proxecto de investimento previamente á resolución non implica ningún compromiso por parte da Administración sobre a concesión da axuda.

Artigo 6. Solicitudes

1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas, así como para as persoas que actúen na súa representación.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Para aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

2. O prazo de presentación de solicitudes será o indicado en cada convocatoria e, en todo caso, rematará antes do 1 de febreiro de cada ano.

3. As solicitudes presentadas deberán conter, como mínimo, a información prevista nos anexos e:

– Cumprir co establecido nesta orde.

– Respectar a normativa comunitaria relativa á medida de investimentos, así como a demais lexislación aplicable.

– Estar suficientemente desenvolvidas como para que se poida avaliar a coherencia das estratexias propostas cos obxectivos fixados polo solicitante e o probable efecto e éxito da operación na mellora do rendemento xeral da transformación ou comercialización, nas instalacións do solicitante e a súa adaptación ás demandas do mercado e o aumento da súa competitividade, de acordo cos criterios establecidos no anexo III.

Artigo 7. Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento administrativo

1. As solicitudes de axuda presentaranse no modelo que figura como anexo IV, xunto coa documentación adicional seguinte:

a) Memoria: anexo V debidamente cuberto.

b) Operación de investimento: co contido mínimo indicado no anexo VI.

c) Relación de ofertas solicitadas e elixidas: anexo VII debidamente cuberto.

d) Documentación adicional:

1ª. Documentos acreditativos da personalidade do solicitante. Para iso, no caso de persoas xurídicas deberase presentar unha copia das escrituras ou documento de constitución onde se recollan os estatutos ou regras fundacionais e debidamente inscritas no rexistro público que corresponda segundo o tipo de personalidade xurídica de que se trate. Así mesmo, deberanse presentar as modificacións posteriores dos documentos indicados.

2ª. No caso de empresas xa existentes, balance e contas de resultados dos últimos tres anos se son sociedades.

Se a empresa ten ou forma parte dun grupo empresarial, debe presentarse tamén o balance e contas consolidadas do último ano do grupo.

3ª. No caso de novas instalacións, deberase acreditar a dispoñibilidade do terreo ou recinto en que se van realizar os investimentos.

4ª. Todas as ofertas solicitadas relativas aos investimentos que se van realizar.

5ª. No caso de que o solicitante elabore viño e embotelle máis do 51 % do viño elaborado, e non pertenza a unha denominación de orixe protexida (en diante DOP), a unha indicación xeográfica protexida (en diante IXP) ou outra figura de calidade recoñecida, deberá presentar documentación acreditativa das elaboracións da campaña vitivinícola inmediatamente anterior á data de rexistro da solicitude de axuda.

6ª. No caso de que a operación inclúa investimentos orientados ao incremento da eficiencia enerxética, certificado emitido por un experto independente que acredite o aforro enerxético que se logrará.

7ª. No caso de que o solicitante pretenda iniciar a actividade de transformación da totalidade da produción de uva propia, documento acreditativo da titularidade dun viñedo.

8ª. No caso de que o solicitante pertenza a unha DOP, IXP ou agricultura ecolóxica, certificado de inscrición na dita figura de calidade, así como certificado do consello regulador sobre a produción declarada e a cantidade de viño verificada na campaña anterior.

9ª. No caso de que o solicitante elabore viño sen indicación xeográfica con indicación de colleita ou variedade, copia da etiqueta das botellas en que se visualice a indicación da colleita ou variedade.

10ª. No caso de que a operación inclúa investimentos orientados á implantación da industria 4.0 (industria conectada), informe da análise da madurez dixital da empresa a través da ferramenta de autodiagnóstico dixital avanzada (Fada).

11ª. No caso de operacións innovadoras recoñecidas no marco da Asociación Europea para a Innovación, debe achegarse certificado acreditativo da unidade responsable correspondente.

12ª. No caso de que o solicitante sexa unha entidade asociativa prioritaria (EAP) recoñecida para o sector do viño, debe achegarse certificado de inscrición no rexistro correspondente.

13ª. No caso de que o solicitante cumpra o decálogo para a sustentabilidade integral da industria agroalimentaria, debe achegarse certificado de inscrición na lista de adhesión do MAPA.

14ª. Certificación ambiental das instalacións do solicitante, segundo o Regulamento comunitario EMAS (Regulamento (CE) nº 1221/2009 do Parlamento Europeo e do Consello, do 25 de novembro de 2009, relativo á participación voluntaria de organizacións nun sistema comunitario de xestión e auditoría ambientais (EMAS), e polo que se derrogan o Regulamento (CE) nº 761/2001 e as decisións 2001/681/CE e 2006/193/CE da Comisión) ou a norma ISO 14.001 ou Certificado Wineries for Climate Protection, se for o caso.

15ª. No caso de que o solicitante teña implantados sistemas de pagamento da uva por calidade, deben achegarse as normas de vendima aprobadas por acordo de asemblea, xunta reitora ou órganos da empresa.

2. Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

3. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 8. Comprobación de datos

Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

1. Documentos acreditativos da personalidade da entidade ou da persoa solicitante, consistentes no NIF cando o solicitante sexa unha persoa xurídica e o DNI/NIE no caso de persoa física.

2. Certificado da renda dos tres últimos anos.

3. Acreditación de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

4. Acreditación de estar ao día nas obrigas coa Seguridade Social.

5. Acreditación de estar ao día nas obrigas coa Comunidade Autónoma de Galicia (Consellería de Facenda).

No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 9. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse preferentemente por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamén poderán presentalas presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 10. Tramitación das solicitudes

1. O órgano responsable da instrución dos expedientes destas axudas será a Subdirección de Industrias e Calidade Agroalimentaria.

2. Se o solicitante non presenta a documentación requirida no prazo máximo establecido ou se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na convocatoria, requirirase ao interesado para que a emende no prazo máximo e improrrogable de 10 días. De non facelo así, terase por desistido da súa solicitude, logo de resolución ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes e, de ser o caso, o de emenda establecido no punto anterior, o solicitante non poderá modificar a súa solicitude de axuda aumentando o importe total do investimento nin incluíndo novos conceptos para os cales se solicita axuda.

4. A valoración e priorización das solicitudes, seguindo os criterios establecidos no anexo III, será realizada por un órgano colexiado presidido polo subdirector de Industrias e Calidade Agroalimentaria, e integrado por dous funcionarios desa mesma subdirección con categoría non inferior á de xefe de sección.

5. A Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias elaborará unha lista provisional coas solicitudes seleccionadas e priorizadas e remitiraa ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación antes do 1 de maio en formato electrónico.

En caso de empate, darase prioridade ás solicitudes que teñan maior puntuación na valoración da operación. Se persiste o empate, darase prioridade ás solicitudes que teñan maior puntuación na suma das valoracións dos criterios 2.1, 2.2 e 2.3. Se aínda persiste o empate, darase prioridade ás solicitudes que teñan maior puntuación no seguinte criterio da seguinte lista: criterio 2.6.1, criterio 2.5, criterio 2.10, criterio 2.4, criterio 2.6.3, criterio 2.8, criterio 2.2.7, criterio 2.9, sucesivamente.

6. A partir das listas provisionais dos proxectos seleccionados polas comunidades autónomas, a Dirección xeral da Industria Alimentaria elaborará a proposta de lista definitiva, e someteraa ao informe vinculante da Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural.

Non se incluirán na proposta de lista definitiva aquelas solicitudes que na fase de valoración non acaden un mínimo de 20 sobre 100 puntos.

En calquera caso, nas operacións obxecto de pagamento en dous exercicios Feaga, os fondos do segundo exercicio da convocatoria liberados por desistencias, renuncias ou modificacións pasarán a aumentar o orzamento dispoñible da medida de investimentos no dito exercicio para o conxunto das solicitudes de todas as comunidades autónomas na seguinte convocatoria.

A lista definitiva de solicitudes aprobada en cada convocatoria xerarase para o conxunto das comunidades autónomas mediante a aprobación das mellores solicitudes de cada comunidade autónoma.

Os fondos dispoñibles para cada convocatoria asignaranse ás mellores solicitudes de cada comunidade autónoma proporcionalmente ao importe da axuda demandada para as solicitudes de cada comunidade autónoma no primeiro exercicio obxecto da convocatoria. Respecto ao segundo exercicio obxecto da convocatoria, asignarase a contía correspondente á segunda anualidade dos proxectos bianuais que fosen aprobados de acordo co parágrafo anterior.

No caso da solicitude que marca o corte da lista provisional entre as solicitudes aprobadas e non aprobadas en cada comunidade autónoma, asignarase a parte da axuda ata esgotar os fondos asignados ás mellores solicitudes desa comunidade autónoma. Á parte da axuda que non se pode cubrir con orzamento do exercicio financeiro en cuestión, seralle asignado orzamento do exercicio financeiro seguinte.

A Conferencia Sectorial poderá diminuír os tipos de axuda establecidos no artigo 4 nun máximo de 10 puntos, ata esgotar o orzamento da ficha financeira, exclusivamente no caso de que non se chegue a acadar un mínimo de cobertura do 50 % do número total de solicitudes a nivel estatal que acaden o mínimo de puntuación.

Artigo 11. Resolución de concesión

1. Unha vez emitido informe pola Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural sobre a lista definitiva das solicitudes seleccionadas, a Consellería do Medio Rural ditará as resolucións correspondentes e notificaraas aos beneficiarios.

O prazo máximo para a resolución e notificación do procedemento será de seis meses que comezarán a contarse a partir do día seguinte ao de remate do prazo de presentación das solicitudes. A Consellería do Medio Rural emitirá as correspondentes resolucións denegatorias motivadas para aqueles casos en que se desestime a solicitude de axuda e os recursos que, de ser o caso, procedan.

Transcorrido o prazo de seis meses sen que se lles notificase aos interesados ningunha resolución, estes poderán entender desestimada a súa solicitude consonte o disposto no artigo 25.5 da Lei 38/2003, do 17 de novembro.

2. A resolución indicará especificamente a anualización aprobada para a execución dos investimentos. As anualidades establecidas indicarán o investimento que se debe executar e pagar en cada unha delas, así como a data límite establecida para presentar a documentación acreditativa correspondente e cumprir outras condicións establecidas, de ser o caso. O número de anualidades, así como o investimento que se vai executar en cada unha delas, establecerase conforme a previsión de execución presentada coa solicitude de axuda, o informe da Conferencia Sectorial, as dispoñibilidades orzamentarias e a normativa de xestión.

3. No caso de resolución positiva, os beneficiarios comunicarán á Consellería do Medio Rural, nos dez días seguintes á notificación da resolución, a aceptación desta nos termos establecidos ou, se for o caso, a renuncia.

4. A Comunidade Autónoma deberá comunicar ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, antes do 1 de outubro de cada ano, as aceptacións, renuncias ou desistencias que se producisen dentro do procedemento, para os efectos de poder dispoñer dos fondos que se liberen, se for o caso.

5. Cando a resolución estimatoria dun recurso poida implicar a concesión dunha subvención ou o seu incremento, e/ou a modificación do calendario de xustificación e pagamento da axuda, será preceptivo o acordo favorable previo da Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural, excepto cando sexa derivada dunha sentenza xudicial firme.

Artigo 12. Modificación dos proxectos de investimento

1. O beneficiario poderá solicitar a modificación das operacións previstas nun proxecto de investimento, sempre e cando non se altere o seu obxectivo final, antes do 1 de febreiro do exercicio Feaga correspondente. En todo caso, non se admitirán modificacións que supoñan a inclusión de novos conceptos e elementos subvencionables, agás que o seu importe total non supere o 40 % do investimento considerado subvencionable na resolución inicial de concesión de axuda e cumpran co resto dos requisitos exixidos e, en particular, o establecido no número 5 do artigo 5 referente á solicitude previa de tres ofertas. Tampouco se admitirán ampliacións dos prazos de execución e xustificación establecidos para cada anualidade que superen a data do 30 de abril dese ano.

2. Calquera modificación deberá comunicarse á Consellería do Medio Rural para a súa autorización previa á súa execución.

3. Para a autorización das modificacións teranse en conta as condicións e limitacións sinaladas a seguir:

a) Non se autorizarán modificacións que alteren os obxectivos estratéxicos ou xerais con que foi aprobada a operación.

b) Non se autorizarán modificacións que non estean debidamente xustificadas.

c) Non se autorizarán modificacións que supoñan un cambio de beneficiario, salvo que o novo sexa resultante dun proceso de fusión, de compravenda ou unha transformación do tipo de sociedade ou personalidade xurídica, e non se alteren as condicións tidas en conta para a concesión da axuda.

d) Non se autorizarán modificacións que supoñan un traslado de pagamentos dun exercicio Feaga a outro.

e) Non se autorizarán modificacións que supoñan unha redución do investimento obxecto da axuda superior ao 40 % da inicialmente aprobada.

f) Non se autorizarán modificacións que alteren as condicións de elixibilidade nin a puntuación dos criterios de priorización.

4. As modificacións que supoñan unha diminución dos orzamentos aprobados suporán a redución proporcional da subvención concedida.

5. As modificacións que supoñan un incremento dos orzamentos aprobados non suporán incremento da subvención concedida.

6. Independentemente do citado nos puntos anteriores deste artigo, a consellería poderá excepcionalmente autorizar modificacións que non se axusten ás condicións indicadas nos números anteriores, nos casos de forza maior ou circunstancias excepcionais na acepción do artigo 2.2 do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013.

7. De acordo co previsto no artigo 53, número 2, do Regulamento delegado (UE) nº 2016/1149 da Comisión, do 15 de abril de 2016, poderanse efectuar sen autorización previa á solicitude de pagamento, transferencias financeiras entre as accións dunha operación xa aprobada ata un máximo do 20 % do importe inicialmente aprobado para cada acción, sempre que non se supere o importe total da axuda aprobada para a operación, así como cambios que supoñan un aforro global de ata o 20 % do importe inicialmente aprobado para cada acción, sempre que:

a) Non afecten a admisibilidade de calquera parte da operación e os seus obxectivos estratéxicos e xerais.

b) Estean debidamente xustificadas.

c) Non supoñan un traslado de pagamentos dun exercicio Feaga a outro.

8. Así mesmo, poderanse efectuar sen aprobación previa á solicitude de pagamento as seguintes modificacións:

a) Cambio de marca ou de provedor dunha máquina ou instalación, sempre e cando se manteñan ou melloren as súas características técnicas considerando aspectos como rendemento, consumos enerxéticos e mantemento.

b) Cambio no número de cubas, sempre e cando se manteña a capacidade total e as súas características de acordo coa tipoloxía prevista na epígrafe IV do anexo II.

Non obstante, o importe do investimento considerado subvencionable para estes conceptos nunca poderá ser superior ao previsto na concesión de subvención.

9. En todo caso, calquera modificación, requira ou non autorización ou aprobación previa da Consellería do Medio Rural, deberá ser comunicada á Consellería do Medio Rural antes do 1 de febreiro do exercicio Feaga en que se deban xustificar os investimentos modificados.

Artigo 13. Pagamento das axudas

1. As solicitudes de pagamento presentaranse antes do 30 de abril de cada exercicio, acompañadas da seguinte documentación:

a) Memoria de execución valorada, incluíndo, de ser o caso, a xustificación das causas excepcionais ou de forza maior que impediron a execución dos investimentos subvencionados.

b) Relación de xustificantes, seguindo o modelo incluído como anexo B1, xunto cos xustificantes dos investimentos efectuados, que consistirán de forma xeral nas facturas orixinais, e das cales se entregará unha copia. As facturas deberán estar acompañadas dos xustificantes do seu pagamento efectivo, que deberá realizarse a través de entidades financeiras. O pagamento efectivo acreditarase presentando a copia do documento de pagamento (cheque, orde de transferencia, letra de cambio, etc.) xunto co orixinal do extracto ou do certificado bancario que xustifique inequivocamente o seu cargo na conta bancaria do beneficiario. Non se admitirán os gastos pagados polo beneficiario en especie ou en metálico.

c) Declaración do beneficiario relativa ao financiamento dos gastos efectuados segundo o modelo B2. No caso de financiamento mediante créditos ou préstamos, deberá presentarse, ademais, a copia da escritura de formalización destes, así como un certificado da entidade financeira no cal se indique se o préstamo procede de fondos públicos e se ten algún tipo de axuda. Nese sentido, para o cálculo das axudas implícitas nos préstamos procedentes de fondos públicos seguiranse os criterios establecidos na Comunicación 2008/C14/02 da Comisión relativa á revisión do método de fixación dos tipos de referencia e actualización.

d) Relación das diferenzas existentes entre os traballos previstos e os realizados, seguindo o modelo do anexo B3. Ademais, no caso de modificacións que afecten os conceptos e elementos subvencionados, deberá presentarse o anexo VII, no cal se indicarán para cada elemento novo as ofertas solicitadas, a oferta elixida, o criterio de elección e a xustificación, de ser o caso, da elección da oferta económica distinta da máis vantaxosa, así como a copia de todas as ofertas solicitadas. A aceptación destas modificacións estará suxeita ao cumprimento deste requisito, así como ao establecido nos artigos 14 e 15.

e) Declaración do beneficiario sobre outras axudas concedidas e/ou solicitadas para os mesmos investimentos, conforme o modelo establecido no anexo B4, e xuntando, no caso de concesión, a copia da resolución correspondente. Así mesmo presentarase a declaración do solicitante indicando que non está inmerso nun proceso de reintegro de subvencións.

f) No caso de adquisición de edificacións, deberase achegar, ademais, un certificado dun taxador independente debidamente acreditado, ou dun órgano ou organismo público debidamente autorizado, no cal se acredite que o prezo de compra non excede o valor de mercado, desagregando o valor do solo a prezos de mercado.

g) Rexistro sanitario.

h) Licenza de actividade do concello ou acreditación da presentación da comunicación previa establecida no artigo 24 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, con toda a documentación requirida.

i) Comunicación relativa á inscrición dos investimentos no Rexistro de Industrias Agrarias.

j) Calquera outra que se indique expresamente na resolución de concesión.

2. As facturas xustificativas dos gastos realizados deberán incluír a relación detallada dos conceptos facturados e, no caso de maquinaria e equipamentos, deberán indicar, ademais, das súas características, a marca, o modelo e o número de serie da súa placa identificativa.

3. O pagamento da axuda estará supeditado á presentación das contas xustificativas do investimento, verificadas por un auditor de contas ou sociedade de auditoría inscritos no Rexistro Oficial de Auditores de Contas ou, na súa falta, á verificación por parte da Comunidade Autónoma das facturas e documentos mencionados anteriormente. Esta comprobación incluirá, como mínimo, unha inspección in situ para cada expediente de axuda.

4. Se se comprobara nos controis que non se ten executado como mínimo un 60 % da operación global cuberta pola solicitude da axuda, aprobada ou modificada, por causas diferentes ás de forza maior ou circunstancias excepcionais na acepción do artigo 2.2 do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, exixirase o reintegro das cantidades aboadas máis os xuros correspondentes e iniciarase o procedemento sancionador correspondente, se for o caso.

5. O beneficiario terá dereito á axuda unha vez que se confirme que se fixeron e comprobaron sobre o terreo unha ou varias das accións que forman parte da operación global cuberta pola solicitude de axuda, aprobada ou modificada, agás nos casos de forza maior ou circunstancias excepcionais na acepción do artigo 2.2 do Regulamento (UE) nº 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello do 17 de decembro de 2013. Nas axudas aprobadas en dous exercicios Feaga, o pagamento da axuda correspondente ás accións rematadas no primeiro exercicio Feaga terá o carácter de pagamento á conta. Cando se tramite un pagamento á conta, se o importe dos pagamentos tramitados supera os 18.000 €, o beneficiario deberá presentar con anterioridade ao pagamento da axuda unha garantía constituída por seguro de caución prestado por entidade aseguradora ou mediante aval solidario da entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca, que deberá alcanzar, como mínimo, ata os dous meses seguintes a ao final do prazo de xustificación previsto na resolución de concesión. A garantía deberá cubrir o 110 % do importe do pagamento fraccionado. As garantías serán liberadas unha vez comprobada a realización da actividade para a cal se concedeu a subvención.

6. Só se poderá considerar favorable unha solicitude de pagamento cando quede acreditada a situación do beneficiario ao día respecto das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, así como polo reintegro de subvencións.

7. A axuda correspondente ao pagamento final pagarase unha vez que se confirme que todas as accións que formen parte da operación global cuberta pola solicitude de axuda, aprobada ou modificada, se executaron totalmente, excepto nos casos de forza maior ou circunstancias excepcionais na acepción do artigo 2.2 do Regulamento (UE) número 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013. Para estes efectos, consideraranse como accións cada unha das establecidas no número 1 do artigo 33 do Regulamento delegado (UE) nº 2016/1149 da Comisión, do 15 de abril de 2016.

Artigo 14. Incumprimentos

Se o beneficiario da axuda cumpre coas condicións establecidas na resolución de concesión, executando e xustificando todos os conceptos e elementos dos investimentos aprobados nos prazos establecidos, e cumprindo co resto dos requisitos establecidos, procederá a aboarse a totalidade da subvención concedida. En calquera outro caso considerarase que existe un incumprimento, que poderá ser parcial ou total.

1. Considérase que existe un incumprimento parcial cando o beneficiario non realice ou non xustifique nos prazos establecidos a totalidade do importe do investimento subvencionado, e o importe dos conceptos e elementos xustificados admisibles coincidentes cos aprobados representen como mínimo o 60 % do importe total do investimento subvencionable aprobado, e se cumpra co resto dos requisitos establecidos. Neste caso aboarase a parte proporcional da subvención correspondente ao investimento admisible, que poderá incluír a substitución de conceptos ou elementos subvencionados por outros diferentes (ata o límite do 20 % do investimento subvencionable aprobado) se estes manteñen os obxectivos do proxecto e cumpren os requisitos establecidos nesta orde e, en particular, o establecido no número 5 do artigo 5 referente á solicitude previa de tres ofertas.

2. Considerarase que existe un incumprimento total nos seguintes casos:

a) Cando o importe total dos gastos e elementos admisibles realizados e xustificados polo beneficiario que sexan coincidentes cos aprobados non alcance como mínimo o 60 % do investimento total subvencionable aprobado.

b) Cando non se executen e xustifiquen nos prazos establecidos todas as accións que formen parte da operación global cuberta pola solicitude de axuda, aprobada ou modificada, salvo nos casos de forza maior ou circunstancias excepcionais na acepción do artigo 2.2 do Regulamento (UE) 1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013. Para estes efectos consideraranse como accións cada unha das establecidas no número 1 do artigo 33 do Regulamento delegado (UE) 2016/1149 da Comisión, do 15 de abril de 2016.

No caso de incumprimento total, o beneficiario non cobrará ningunha axuda e deberá devolver, de ser o caso, os importes xa percibidos, sen prexuízo das sancións establecidas no artigo 56, letra c), da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

3. Considerarase, así mesmo, que existe un incumprimento cando o beneficiario non dispoña nos prazos establecidos na resolución de concesión dalgún documento exixido para acreditar o cumprimento de requisitos adicionais, distintos da propia execución e xustificación dos investimentos subvencionables. Neste caso o incumprimento dará lugar á perda do dereito ao cobramento de ata o 100 % da axuda concedida, co reintegro, se for o caso, dos importes xa percibidos. Para estes efectos aplicaranse os seguintes criterios:

a) No caso de proxectos con axuda concedida que, tendo finalizado o prazo máximo permitido para a súa execución e xustificación, teñan executados e pagados os investimentos pero carezan dalgún documento exixido para acreditar o cumprimento de requisitos adicionais, considerarase que existe un incumprimento parcial cando o beneficiario presente a referida documentación no prazo máximo adicional de dous meses contados desde o remate do prazo máximo permitido para a execución e xustificación do proxecto.

Neste caso de incumprimento parcial, aplicarase unha penalización á axuda que corresponda aboar ao beneficiario, que será de 400 € cando o beneficiario presente a referida documentación no prazo máximo adicional dun mes contado desde o remate do prazo máximo permitido para a execución e xustificación do proxecto, e de 900 € no caso de que o referido prazo de presentación sexa superior a un mes e non supere os dous meses.

b) No caso de proxectos en que, transcorrido o prazo máximo adicional de dous meses contado desde o remate do prazo máximo permitido para a execución e xustificación do proxecto, non estea presentada toda a documentación exixida para acreditar o cumprimento de requisitos adicionais, considerarase que existe un incumprimento total e o beneficiario perderá o dereito ao cobramento da totalidade da axuda concedida e deberá reintegrar, se for o caso, as cantidades xa percibidas, sen prexuízo das sancións establecidas no artigo 56, letra c), da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

4. Ademais, sen prexuízo do establecido nos parágrafos anteriores, deberán terse en conta as causas de reintegro previstas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 15. Pagamentos indebidos, infraccións e sancións

1. No caso de que o beneficiario execute todas as accións que formen parte da operación global cuberta pola solicitude de axuda, aprobada ou modificada, pero incumpra as obrigas formais que son asumidas como consecuencia da concesión da subvención, será considerada infracción leve segundo o previsto no artigo 56, letra c), da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e será sancionado de conformidade co previsto no artigo 61 da devandita lei, agás causas de forza maior ou circunstancias excepcionais.

2. No caso de que o beneficiario non execute todas as accións que formen parte da operación global cuberta pola solicitude de axuda, aprobada ou modificada, será considerada infracción grave segundo o previsto no artigo 57, letra b), da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e será sancionado de conformidade co previsto no artigo 62 da devandita lei, agás causas de forza maior ou circunstancias excepcionais.

3. O beneficiario deberá reintegrar os pagamentos indebidos xunto cos xuros, segundo o establecido no artigo 40 do Regulamento de execución (UE) 2016/1150 da Comisión, do 15 de abril de 2016. O tipo de xuro que se aplique será o de mora establecido na correspondente Lei de orzamentos xerais do Estado de cada exercicio.

4. O incumprimento do disposto nesta orde será sancionado, logo de instrución do procedemento sancionador, segundo o disposto nos artigos 37 a 45 da Lei 24/2003, do 10 de xullo, da viña e do viño, e nos artigos 52 a 69 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Artigo 16. Avaliación e seguimento da medida

1. O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación intercambiará información, por vía electrónica, coas comunidades autónomas e o sector para garantir o seguimento da medida.

2. As comunidades autónomas remitirán ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación antes do 1 de novembro de cada ano, e referido ao exercicio financeiro precedente, un informe anual do resultado das operacións de investimento. Para estes efectos, constituirase unha base de datos que incluirá os datos das solicitudes sobrantes nos órganos competentes das comunidades autónomas.

3. O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, coa información facilitada polas comunidades autónomas a través da base de datos mencionada no número anterior e dos informes anuais do parágrafo anterior, realizará anualmente un informe xeral de avaliación da medida, acompañado, se for o caso, de propostas de modificación.

4. As comunidades autónomas facilitarán anualmente ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación información sobre os custos das operacións executadas polas cales pagou a axuda, sobre a base dunha mostra de xustificantes de pagamento, co fin de revisar e, se for o caso, actualizar os importes fixados no anexo II.

Artigo 17. Controis

1. As actuacións de control serán realizadas conforme o establecido na normativa comunitaria aplicable, fundamentalmente no previsto en materia de control no capítulo IV do Regulamento de execución (UE) 2016/1150 da Comisión, do 15 de abril de 2016, así como na normativa estatal de aplicación e na presente orde.

2. A Consellería do Medio Rural articulará as medidas de control necesarias para garantir o cumprimento das actuacións previstas nun plan xeral de control elaborado polo Fondo Español de Garantía Agraria en coordinación coas comunidades autónomas.

3. Como complemento ao plan xeral de control que se estableza, a Consellería poderá desenvolver todas as actuacións de control que considere precisas.

4. Antes do 15 de xaneiro de cada ano, a Consellería remitirá ao Fondo Español de Garantía Agraria un informe anual sobre os controis executados durante o exercicio financeiro anterior.

Artigo 18. Compatibilidade

Non se financiarán cos fondos do Programa nacional de apoio as medidas que estean recollidas nos programas de desenvolvemento rural ao abeiro do Regulamento (UE) nº 1305/2013, relativos á axuda ao desenvolvemento rural, e as medidas que estean recollidas no Regulamento (CE) nº 1040/2002 da Comisión, do 14 de xuño de 2002, polo que se establecen normas particulares de execución das disposicións relativas á asignación dunha participación financeira da Comunidade para a loita fitosanitaria e se derroga o Regulamento (CE) nº 2051/97, nin outras medidas financiadas por instrumentos financeiros da Unión Europea. Non obstante, para a medida de investimentos, os compromisos de investimento aprobados a partir do 1 de xullo de 2018 para os produtos mencionados no anexo VII parte II do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, financiaranse exclusivamente cos fondos do Programa de apoio ao sector vitivinícola español. Neste sentido, considerarase incompatible coa axuda a percepción de financiamento, para o mesmo investimento, derivada do uso de instrumentos financeiros apoiados pola Unión Europea, en especial do Banco Europeo de Investimentos.

Tampouco se financiarán cos fondos do Programa nacional de apoio, os programas simples de información e de promoción de viño asociado a outros produtos agroalimentarios ou os programas múltiples de información e promoción de viño, regulados ao abeiro do Regulamento (UE) nº 1144/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, sobre accións de información e de promoción relativas a produtos agrícolas no mercado interior e en terceiros países, e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 3/2008 do Consello.

En ningún caso estas axudas poderán ser acumuladas ou complementadas con outras axudas nacionais ou das comunidades autónomas dedicadas ao mesmo fin.

Para os efectos do artigo 27 do Regulamento de execución 2016/1150 da Comisión, do 15 de abril de 2016, as comunidades autónomas garantirán a existencia dun sistema de control eficaz para evitar o dobre financiamento.

Artigo 19. Obrigas do beneficiario

1. O beneficiario deberá cumprir coas obrigas do artigo 14 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e comunicar ao órgano concedente a obtención doutras axudas, ingresos ou recursos que financien a actividade subvencionada, así como a modificación de calquera das circunstancias que fundamentasen a concesión da axuda.

2. O beneficiario deberá someterse, conforme o establecido no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ás actuacións de comprobación que efectuará o órgano concedente, así como a calquera outra actuación de comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, fornecendo toda a información que lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

Artigo 20. Transparencia e bo goberno

1. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquelas das obrigas previstas no titulo I da citada lei.

2. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a consellería responsable da iniciativa publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puidesen impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

3. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 21. Datos de carácter persoal

Os datos persoais recadados neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia-Consellería do Medio Rural coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e contidos da Carpeta cidadá.

O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en http://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas, circunstancia que se reflectirá no devandito formulario.

Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que os cidadáns poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia.

A fin de dar a publicidade exixida ao procedemento, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados conforme o descrito na presente norma reguladora a través dos distintos medios de comunicación institucionais de que dispón a Xunta de Galicia como diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en http://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais

Artigo 22. Réxime de recursos

A resolución da subvención porá fin á vía administrativa e contra ela poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Consellería do Medio Rural no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da recepción da notificación da resolución, ou ben ser impugnada directamente ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses.

Artigo 23. Notificación de resolucións e actos administrativos

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando as persoas interesadas resulten obrigadas a recibilas por esta vía. As persoas interesadas que non estean obrigadas a recibir notificacións electrónicas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou deixen de practicar por medios electrónicos.

2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán en ningún caso efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel). No caso de persoas interesadas obrigadas a recibir notificacións só por medios electrónicos deberán optar en todo caso pola notificación por medios electrónicos, sen que sexa válida nin produza efectos no procedemento unha opción diferente.

4. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou fose expresamente elixida polo interesado, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico practicarán a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

CAPÍTULO II

Convocatoria de axudas para 2019

Artigo 24. Convocatoria

Convócanse, de acordo coas bases reguladoras establecidas na sección primeira desta orde as axudas para a execución de medidas de investimento do sector vitivinícola para o exercicio orzamentario de 2019.

Artigo 25. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria comenza o día seguinte ao de publicación desta orde e remata o 31 de xaneiro de 2019.

Artigo 26. Financiamento

1. O financiamento das axudas previstas nesta orde procede do Fondo Europeo Agrícola de Garantía e farase con cargo ao concepto 14.03.713D.770.0 e proxecto 2014/00658 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019 cunha dotación de 2.500.000 €, e para o ano 2020 cunha dotación de 1.750.000 €.

2. Esta orde tramítase conforme ao establecido na orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001, relativa á tramitación anticipada de expedientes de gasto, polo que queda condicionada a súa eficacia a que exista crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o próximo ano 2019 aprobados polo Consello da Xunta de Galicia, e en trámite parlamentario actualmente.

Así mesmo, a concesión das subvencións queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución da concesión.

3. Os importes establecidos nesta orde poderanse incrementar nos supostos previstos no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, a concesión das subvencións queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución de concesión.

Disposición adicional única

En todas aquelas cuestións non previstas nesta orde será de aplicación o disposto no Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se crea unha organización común de mercados dos produtos agrarios e polo que se derrogan os regulamentos (CEE) nº 922/72, (CEE) nº 234/79, (CE) nº 1307/2001 e (CE) nº 1234/2007, o Regulamento delegado (UE) 2016/1149 da Comisión, do 15 de abril de 2016, polo que se completa o Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que se refire aos programas nacionais de apoio no sector vitivinícola e se modifica o Regulamento (CE) nº 555/2008 da Comisión, e o Regulamento de execución (UE) 2016/1150 da Comisión, do 15 de abril de 2016, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que se refire aos programas nacionais de apoio no sector vitivinícola; e no Real decreto 5/2018, do 12 de xaneiro, para a aplicación das medidas do programa de apoio 2019-2023 ao sector vitivinícola español; na Lei 30/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, que a desenvolve; na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, que a desenvolve.

Así mesmo, teranse en conta as instrucións específicas ditadas para a aplicación destas normativas pola Unión Europea, Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, e a Consellería do Medio Rural en función das súas competencias.

Disposición derradeira primeira. Habilitación normativa

Autorizase o/a director/a xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias para ditar as instrucións que considere oportunas para a aplicación desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2018

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural

ANEXO I

Relación non exhaustiva de obxectivos xerais das operacións

1. Investimentos directamente destinados á produción de produtos vitivinícolas (desde a transformación da uva ata o embotellamento, ou envasamento, e etiquetaxe do produto vitivinícola na adega):

a) Investimentos en cámaras de almacenamento frigorífico.

b) Investimentos noutras instalacións da adega.

c) Investimentos en obra civil:

i. Construción de novos inmobles.

ii. Mellora de inmobles.

iii. Adquisición de inmobles.

d) Investimentos en compra de maquinaria e/ou equipamentos:

i. Maquinaria e/ou equipamentos para a transformación da uva (pesaxe, prensada, etc.).

ii. Maquinaria e/ou equipamentos de fermentación e/ou vinificación.

iii. Maquinaria e/ou equipamentos de tratamento de viños e mostos (filtración, sedimentación, clarificación, etc.).

iv. Maquinaria e/ou equipamentos de control de temperatura.

v. Equipamentos para o movemento e tratamento do viño na adega.

vi. Equipamentos para almacenamento, mestura, coidado posterior e envellecemento do viño.

vii. Equipamentos xerais para o embotellamento, envasamento, etiquetaxe e embalaxe.

viii. Equipamentos específicos para a produción, almacenamento, embotellamento e acondicionamento de viños espumosos.

ix. Software para a xestión da adega.

x. Equipamentos para a xestión de augas residuais e outros residuos.

e) Custos xerais relacionados cos investimentos descritos nesta epígrafe 1.

2. Investimentos directamente relacionados co control de calidade:

a) Investimentos en construción de laboratorios e dotación.

b) Investimentos en maquinaria e equipamentos, incluído o software para o control de calidade das materias primas, dos produtos e das condicións de produción e conservación.

c) Investimentos en equipamentos destinados a introducir normas de calidade ou sistemas de rastrexabilidade voluntarios, incluso no caso de viños ecolóxicos.

d) Custos xerais relacionados cos investimentos descritos nesta epígrafe 2.

3. Investimentos directamente relacionados coa comercialización de produtos vitivinícolas:

a) Investimentos en establecementos de presentación e venda:

i. Obra civil, incluída a urbanización exterior (construción de novos inmobles, mellora de inmobles ou adquisición de inmobles).

ii. Maquinaria e equipamentos, incluído software.

b) Investimentos en almacéns, centros loxísticos e oficinas comerciais:

i. Obra civil, incluída a urbanización exterior (construción de novos inmobles, mellora de inmobles ou adquisición de inmobles).

ii. Maquinaria e equipamentos, incluído software.

c) Investimentos en equipamentos para a loxística e a comercialización dos produtos vitivinícolas.

d) Hardware, software e/ou plataformas web para comercio electrónico destinadas exclusivamente aos produtos vitivinícolas.

e) Rexistro de marcas colectivas.

f) Custos xerais relacionados cos investimentos descritos nesta epígrafe 3.

4. Investimentos directamente relacionados con usos administrativos e/ou xerais:

a) Investimentos en obra civil, incluída a urbanización exterior:

i. Construción de novos inmobles.

ii. Mellora de inmobles.

iii. Adquisición de inmobles.

b) Investimentos en subministracións enerxéticas e conexións de servizos (xeradores, transformadores, liñas eléctricas, subministración de auga, etc.).

c) Investimentos noutras instalacións e equipamentos, incluído software:

i. De uso administrativo.

ii. De xestión empresarial.

d) Custos xerais relacionados cos investimentos descritos nesta epígrafe 4.

ANEXO II

Gastos non subvencionables

A. Gastos non subvencionables.

Non se considerarán subvencionables os custos das seguintes accións:

1. Os investimentos de mera substitución.

2. A investigación.

3. Os investimentos que figuren na contabilidade como gastos.

4. Os gastos de constitución e primeiro establecemento.

5. A compra de terreos e os gastos relacionados con ela (honorarios de notario, xuros e similares).

6. A compra de edificios que vaian ser derrubados. Se a compra dun edificio é obxecto de axuda, o valor do terreo construído e o do que rodea o edificio, valorado por un técnico competente, non se considera subvencionable.

7. A compra de edificios ou locais se estes foron subvencionados nos últimos dez anos. Para isto xuntarase declaración das subvencións recibidas polo edificio ou o local durante os últimos dez anos. Tampouco serán subvencionables os investimentos en reformas de locais que fosen subvencionados anteriormente polas administracións públicas e non transcorresen cinco anos. En ambos os dous casos, o inicio do cómputo destes prazos comezará a partir da data máis tardía entre as de xustificación desa subvención ante a Administración competente ou o cobramento da dita axuda.

8. Traballos ou investimentos empezados ou realizados, con anterioridade á data de solicitude de axuda, agás os seguintes gastos sempre que estean realizados dentro do ano anterior á data de solicitude de axuda:

a) Honorarios técnicos, estudos de viabilidade económica, técnica, xeotectónica, de mercado, avaliación de impacto ambiental e similares, a adquisición de patentes e licenzas e os permisos e seguros de construción.

b) Almacenamento de materiais de construción e encarga ou compra de maquinaria, incluso a subministración, pero non a montaxe, instalación e proba.

9. A compra de material amortizable normalmente nun ano (botellas, embalaxes, material funxible de laboratorio e similares).

10. Obras de ornamentación e equipamentos de recreo.

11. As tarimas, caixóns-tarima e caixas de campo.

12. A compra e instalación de maquinaria e equipamentos de segunda man.

13. A compra de cubas, pipas e tinos de madeira de calquera capacidade, agás cando derive dun aumento da capacidade produtiva da adega, sexan de nova adquisición e teñan unha vida útil igual ou superior á durabilidade prevista no artigo 5. Ademais, para que estes elementos poidan ser subvencionados, deberanse cumprir simultaneamente as seguintes condicións:

a) Cada un dos elementos obxecto de axuda deberá contar cun código alfanumérico ou matrícula, individualizado, no cal se incluirá o código asignado polo órgano xestor da solicitude de axuda. Este código deberá estar marcado de forma indeleble e facilmente accesible aos controladores da subvención.

b) Ao longo do período de durabilidade, estes elementos non poderán destinarse ao almacenamento de produtos distintos dos produtos vitivinícolas nin almacenarse en espazos distintos dos dedicados a elaboración ou crianza.

c) Se, na data de presentación da solicitude de axuda, o establecemento conta con elementos deste tipo, os ditos elementos deberán estar inventariados ou ben o solicitante deberá demostrar documentalmente o número destes elementos de que dispón e a súa capacidade total na data de presentación da solicitude.

d) Con independencia do anterior, á hora de avaliar a capacidade de cubas, pipas e/ou tinos instalados nun establecemento non se terán en conta aqueles presentes no establecemento pero que non sexan propiedade da empresa solicitante, ou doutras con que manteña vínculos de asociación ou vinculación.

e) En todo caso, ao longo do período de durabilidade, o número neto de elementos en uso produtivo desta natureza propiedade do solicitante no establecemento, independentemente de que se atopen subvencionados, non poderá ser obxecto de diminución.

14. Os gastos relativos ao traslado de maquinaria xa existente ata o local ou sitio no que se vai a realizar a operación de investimento.

15. As reparacións e obras de mantemento. Non teñen a consideración de reparacións as operacións realizadas sobre maquinaria instalada para ampliar a súa capacidade ou mellorar as súas prestacións.

16. Os debidos á aplicación do imposto sobre o valor engadido (IVE).

17. As taxas, as contribucións ou outros impostos.

18. As edificacións destinadas a vivenda.

19. Vehículos relativos a transporte exterior e vehículos que requiran de matriculación, incluídos remolques e carrozamentos especiais.

20. Os gastos de aluguer de equipamentos de produción e os investimentos financiadas mediante arrendamento financeiro.

21. A man de obra propia nin os materiais de igual procedencia. Neste sentido non serán subvencionables os honorarios de proxecto, dirección de obra ou asesoramento técnico cando no provedor dos ditos servizos concorra algunha das seguintes circunstancias:

a) Que estea vinculado laboralmente coa empresa solicitante ou beneficiaria da axuda.

b) Que teña a condición de socio da empresa solicitante ou beneficiaria da axuda.

c) Que teña facultades de administración e/ou representación sobre a empresa solicitante ou beneficiaria da axuda.

22. Os gastos por transaccións financeiras, xuros debedores ou de mora, as comisións por cambio de divisas e as perdas, así como outros gastos puramente financeiros.

23. As multas, sancións financeiras e gastos de procedementos legais.

24. Rótulos ou indicadores en vías públicas ou outros espazos públicos ou privados que non se atopen no establecemento, tenda, instalación, predio ou recinto do solicitante.

25. Investimentos en enoturismo.

26. Gastos de asesoramento ou elaboración da solicitude de axuda.

27. Compra de edificios ou instalacións que estean alugados ou noutro réxime de tenza polo solicitante na data da solicitude.

28. A adquisición de mobiliario, agás os seguintes:

a) O específico para laboratorios.

b) O correspondente a zonas de cata e exposición de produtos, agás cando nese establecemento se desenvolvan actividades de enoturismo.

29. Os gastos relativos á promoción (postos en exposicións, conferencias, folletos, catálogos, publicidade, etc.).

30. Os gastos pagados polo beneficiario en especie ou en metálico.

B. Conceptos con módulos e outras limitacións.

O importe destes límites máximos aplicarase tamén como investimento máximo subvencionable para a adquisición de edificacións, incluído o seu acondicionamento ou reforma.

I. Urbanización.

Soamente se admitirán investimentos no peche da parcela, explanadas e firmes, coas seguintes limitacións en todo caso:

– En peches o perímetro máximo subvencionable será igual, en valor absoluto, á suma do número de metros cadrados construídos e/ou que se pretenden construír dentro do establecemento obxecto da operación de investimento, cun custo máximo admisible de 35 €/metro lineal, incluídos todos os elementos singulares distintos ás portas.

– En explanadas e firmes a superficie máxima atendible será igual ao dobre da superficie nova construída, cun custo máximo admisible de 30 €/m2.

II. Edificacións.

O importe máximo subvencionable ascenderá a:

– 450 euros por metro cadrado construído, cando o investimento se execute en España.

– 500 euros metro cadrado cando o investimento se execute noutros países da Unión Europea.

Para a aplicación deste límite teranse en conta tanto os gastos de adquisición como os de obra civil en edificación nova ou reformada, incluíndo as súas divisións interiores. Para este fin, os ditos límites non poderán ser superados incluso nos supostos en que sobre unha mesma superficie se dean de forma simultánea máis de un deses gastos.

Neste límite non se terán en conta os gastos relativos a instalacións como saneamento, fontanaría, electricidade, telecomunicacións, climatización, ventilación ou outras similares.

III. Outras limitacións aplicables a zonas e equipamentos específicos.

No caso de superficies dedicadas a salas de catas ou dedicadas especificamente dentro da adega á exposición e venda polo miúdo dos produtos, a superficie máxima subvencionable será do 15 % da superficie da adega resultante tras a execución da operación.

IV. Outras limitacións ao importe do investimento auxiliable e á súa clasificación.

Os investimentos en estudos de viabilidade técnica e económica, así como a avaliación de impacto ambiental, serán admisibles sempre que o estudo se presente coa solicitude, sendo en todo caso o importe máximo admisible de 1.700 euros por cada un dos dous conceptos.

Os investimentos relativos á creación de tendas on line limitaranse a 3.000 euros.

Cando entre os investimentos obxecto da axuda se inclúan cubas de madeira de entre 210 e 230 litros de capacidade, ás veces denominadas como bordalesas, estas deberán cuantificarse e orzamentarse de maneira diferenciada, en función da orixe da súa madeira, de acordo coa seguinte clasificación:

– De carballo francés.

– De carballo americano.

– De carballo mixto ou doutras orixes, para calquera outro tipo de cuba que non pertenza aos dous anteriores.

ANEXO III

Criterios de valoración

1. Priorización de solicitantes. Máximo 30 puntos

Puntuación

1.1. Priorización das entidades asociativas prioritarias recoñecidas para o sector do viño (incluídas multisectoriais) de acordo co Real decreto 550/2014, do 27 de xuño, polo que se desenvolven os requisitos e o procedemento para o recoñecemento das entidades asociativas prioritarias e para a súa inscrición e baixa no Rexistro Nacional de Entidades Asociativas Prioritarias, previsto na Lei 13/2013, do 2 de agosto, de fomento da integración de cooperativas e de outras entidades asociativas de carácter agroalimentario. Así mesmo, serán priorizadas as súas entidades de base (recoñecidas tamén para o sector do viño). Tamén serán priorizadas as entidades asociativas prioritarias rexionais ou figuras análogas reguladas a nivel autonómico, así como as súas entidades de base (recoñecidas tamén para o sector do viño).

1 punto

1.2. Priorización dos solicitantes asociativos (non acumulativos)

1.2.1. Cooperativas e outras entidades asociativas agroalimentarias (SAT, sociedades mercantís sempre que máis do 50 % do seu capital social pertenza a cooperativas ou SAT)

7 puntos

1.2.2. Asociacións, con personalidade xurídica propia, participadas maioritariamente (máis dun 50 %) por produtores dos produtos mencionados no anexo VII parte II do Regulamento 1308/2013, sexa directamente ou a través de sociedades e non mencionadas no punto 1.2.1.

4 puntos

1.3. Priorización de empresas que cumpren o decálogo para a sustentabilidade integral da industria agroalimentaria e que están inscritas na listaxe de adhesión do MAPA.

1 punto

1.4. Priorización de solicitantes cuxas instalacións dispoñen de certificación medioambiental, que deberá ser achegada xunto coa solicitude.

1.4.1. Segundo o Regulamento comunitario EMAS (Regulamento (CE) Nº 1221/2009) ou a norma ISO 14.001

1 punto

1.4.2. Certificado Wineries for Climate Protection.

1 punto

1.5. Priorización de empresas que teñan implantados sistemas de pagamento de uva por calidade para a totalidade dos pagamentos como mínimo durante os tres anos anteriores á data da solicitude. Será acreditado mediante a achega de normas de vendima aprobadas por acordo de asemblea, xunta reitora ou órganos da empresa.

4 puntos

1.6. Priorización de operadores de produtos vitivinícolas ecolóxicos

2 puntos

1.7. Priorización de operadores acollidos a DOP ou IXP

4 puntos

1.8. Priorización de microempresas, pequenas e medianas empresas

6 puntos

1.9. Priorización de solicitantes que sexan elaboradores de viño e embotellen máis do 51 % do viño elaborado. Para tal fin tomaranse como referencia as elaboracións da campaña vitivinícola inmediatamente anterior á data de rexistro da solicitude de axuda.

3 puntos

2. Priorización de operacións. Máximo 70 puntos

Puntuación

2.1. Priorización das operacións con investimentos orientados ao incremento da eficiencia enerxética, sempre que isto supere o 30 % do importe do investimento no momento da solicitude. No caso de mellora de instalacións o solicitante deberá achegar un certificado emitido por un experto independente que acredite un aforro enerxético mínimo do 15 % nos conceptos afectados polo investimento. Para efectos da valoración deste criterio, entenderanse incluídos exclusivamente os conceptos que se detallan na subepígrafe II desta epígrafe.

13 puntos

2.2. Priorización das operacións con investimentos en uso de enerxías renovables exclusivamente para o seu propio consumo, sempre que isto supere o 20 % do importe do investimento no momento da solicitude. Para efectos da valoración deste criterio, entenderanse incluídos exclusivamente os conceptos que se detallan na subepígrafe III desta epígrafe.

13 puntos

2.3. Priorización das operacións con investimentos en valorización, tratamento e/ou xestión de residuos e/ou depuración de efluentes líquidos sempre que isto supere o 20 % do importe do investimento no momento da solicitude.

13 puntos

2.4. Priorización das operacións con investimentos destinados á transformación da totalidade da produción de uva propia do solicitante. Para tal efecto o solicitante non deberá ter a titularidade dunha instalación de elaboración dos produtos acollidos ao presente real decreto e deberá achegar a titularidade dun viñedo.

3 puntos

2.5. Priorización das operacións que se orientan en todo ou en parte á obtención de produtos ecolóxicos.

5 puntos

2.6. Priorización das operacións que se orientan en todo ou en parte aos produtos acollidos a réximes de calidade (non acumulativos).

2.6.1. Denominación de orixe protexida.

13 puntos

2.6.2. Indicación xeográfica protexida.

10 puntos

2.6.3. Viño sen indicación xeográfica con indicación de colleita ou variedade.

3 puntos

2.7. Priorización das operacións que se orientan á comercialización nunha porcentaxe orzamentaria maior ou igual ao 30 %. Para efectos da valoración deste criterio, entenderanse incluídos exclusivamente os conceptos que se detallan na subepígrafe I desta epígrafe.

2 puntos

2.8. Priorización das operacións destinadas á implantación da industria 4.0 (industria conectada). Para os efectos da valoración deste criterio, entenderanse incluídos exclusivamente os conceptos que se detallan na subepígrafe IV desta epígrafe. Ademais, o solicitante deberá presentar o informe da análise da madurez dixital da empresa a través da ferramenta de autodiagnóstico dixital avanzada l (Fada).

2 puntos

2.9. Priorización de operacións de investimento provenientes do resultado dun grupo operativo de innovación da Asociación Europea para a Innovación.

1 punto

2.10. Priorización de investimentos tanxibles orientados á implantación no seo da empresa de novos produtos e novas presentacións. Non se considerará unha ampliación ou mellora de algo xa existente nas instalacións do solicitante.

5 puntos

I. Priorización das operacións que se orienten á comercialización nunha porcentaxe orzamentaria maior ou igual ao 30 %.

Entenderanse incluídos exclusivamente os seguintes conceptos para os efectos de comercialización:

(a) A construción, adquisición ou mellora de bens inmobles.

• Establecementos de presentación e venda:

Adquisición/construción/renovación/modernización da infraestrutura de venda e instalacións de presentación,

a.1. Sempre que o establecemento non compaxine a súa actividade co enoturismo:

• Viñotecas.

• Salas de exhibición (exposición de produtos vitivinícolas).

a.2. Sempre que a actividade de venda se limite aos produtos mencionados no anexo VII, parte II, do Regulamento (UE) 1308/2013.

• Salas de venda.

• Punto fixo de venda (polo miúdo) fóra das instalacións da empresa, no territorio nacional e noutros Estados membros da UE.

• Punto de venda nas instalacións da empresa (pero fora das unidades de produción) (puntos de venda directa).

• Almacéns, centros loxísticos e oficinas comerciais:

Establecemento de almacéns, centros loxísticos ou oficinas comerciais noutro EM da UE que non sexa o EM onde radican as instalacións produtoras do solicitante e sempre que a actividade de venda se limite aos produtos mencionados no anexo VII, parte II do Regulamento (UE) 1308/2013.

• Adquisición.

• Construción.

• Acondicionamento de edificios.

(b) A compra de nova maquinaria e equipamentos, incluídos os programas informáticos.

• Maquinaria e equipamentos para os establecementos de presentación e venda:

Maquinaria e equipamentos para as infraestruturas de venda e instalacións de presentación, sempre que a actividade de venda se limite aos produtos mencionados no anexo VII, parte II, do Regulamento (UE) 1308/2013 e non se compaxine o seu emprego con actividades de enoturismo:

• Viñotecas.

• Salas de exhibición (exposición de produtos vitivinícolas).

• Salas de venda.

• Punto fixo de venda (polo miúdo) fóra das instalacións da empresa, no territorio nacional e noutros Estados membros da UE.

• Punto de venda nas instalacións da empresa (pero fóra das unidades de produción) (puntos de venda directa).

• Almacéns, centros de loxística e oficinas comerciais:

Establecemento de almacéns, centros loxísticos ou oficinas comerciais noutro EM da UE que non sexa o EM onde radican as instalacións produtoras do solicitante e sempre que a actividade de venda se limite aos produtos mencionados no anexo VII, parte II, do Regulamento (UE) 1308/2013:

• Maquinaria e equipamentos.

• Instalacións tecnolóxicas.

• Software.

• Equipamentos para a loxística e a comercialización do viño e sempre que a actividade de venda se limite aos produtos mencionados no anexo VII, parte II, do Regulamento (UE) 1308/2013:

– Creación, desenvolvemento ou adaptación de plataformas loxísticas, para racionalizar e mellorar a organización da cadea de transporte no mercado nacional e internacional.

– Máquinas, instalacións tecnolóxicas ou equipamentos que inclúan software para ser utilizado no marco da distribución, loxística ou comercialización dos produtos.

• Hardware, software, plataformas web para comercio electrónico e sempre que este se limite aos produtos mencionados no anexo VII, parte II, del Regulamento (UE) 1308/2013: hardware e software para o comercio electrónico

c) Rexistro de marcas colectivas.

II. Priorización das operacións con investimentos orientadas ao incremento da eficiencia enerxética, sempre que isto supere o 30 % do importe do investimento no momento da solicitude.

No caso de mellora de instalacións, o solicitante deberá achegar un certificado emitido por un experto independente que acredite un aforro enerxético mínimo do 15 %.

Entenderanse incluídos exclusivamente os seguintes conceptos para os efectos de incremento da eficiencia enerxética:

– Illamentos térmicos e ventás que melloren a eficiencia enerxética.

– Iluminación de baixo consumo e LED en edificios.

– Equipamentos de climatización e arrefriadoras de auga de alta eficiencia enerxética.

– Caldeiras de alta eficiencia enerxética.

– Radiadores por auga a baixa temperatura e chans/teitos radiantes.

– Sistemas de climatización de distrito (district heating).

– Ascensores e elevadores de alta eficiencia enerxética.

– Sistemas de xestión, control e regulación da iluminación e climatización en edificación.

– Illamentos de equipamentos e tubaxes en industria.

– Arrefriadoras de auga de alta eficiencia enerxética.

– Caldeiras industriais de alta eficiencia enerxética.

– Motores eléctricos de alta eficiencia enerxética.

– Variadores de velocidade electrónicos de motores eléctricos.

– Máquinas de absorción.

– Rehabilitación enerxética da envolvente térmica dos edificios existentes.

– Mellora da eficiencia enerxética das instalacións térmicas dos edificios existentes.

– Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación interior nos edificios existentes.

– Construción de novos edificios e rehabilitación dos existentes con alta cualificación enerxética.

– Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de frío comercial.

– Construción ou rehabilitación de edificios de consumo de enerxía case nulo.

– Auditorías enerxéticas.

– Mellora da tecnoloxía de equipamentos e procesos (MTD).

– Implantación de sistemas de xestión enerxética.

III. Priorización das operacións con investimentos en uso de enerxías renovables exclusivamente para o seu propio consumo, sempre que isto supere o 20 % do importe do investimento no momento da solicitude.

Entenderanse incluídos exclusivamente os seguintes conceptos para os efectos de uso de enerxías renovables:

– Enerxía solar.

• Térmica.

• Fotovoltaica.

– Bioenerxía.

• Biomasa.

– Enerxía xeotérmica.

– Enerxía eólica.

IV. Priorización das operacións de investimento destinados á implantación da industria 4.0 (industria conectada).

Entenderanse incluídos exclusivamente os seguintes conceptos para efectos de implantación da industria 4.0:

1. Solucións de negocio e plataformas colaborativas:

a) Aplicacións innovadoras de xestión que procesen e dean uso á información obtida das actividades da cadea de produción vitivinícola, actividades de subministración, e comerciais, de forma conxunta en toda ou a maior parte da cadea de valor do solicitante.

b) Solucións de negocio interempresa utilizando sistemas ou elementos, físicos, virtuais ou ciberfísicos que permitan a interacción entre a empresa solicitante cun ecosistema determinado xa establecido (empresas, clientes, provedores e centros de investigación).

2. Tratamento masivo de datos, orientado a proxectos de innovación en materia de organización e procesos, e que han de enfocarse cara a solucións para a industria vitivinícola que traten sobre métodos, ferramentas de desenvolvemento para sistemas de datos intensivos e/ou aplicacións altamente distribuídas, sistema de visualización de datos e integración.

3. Robótica avanzada enfocada cara a solucións avanzadas de robótica para o sector industrial, entre outras, aumentar a capacidade cognitiva, robótica colaborativa persoa-máquina, percepción, configurabilidade, monitorización, capacidade de manipulación, navegación ou outras similares dos robots, así como nas súas aplicacións concretas aos procesos produtivos da empresa.

4. Sensores e sistemas embebidos.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO VI

Operación de investimento

Constará como mínimo de:

A. Información técnica:

Incluirá unha memoria explicativa dos obxectivos estratéxicos e xerais, así como das accións que compoñen a operación obxecto de axuda, cunha xustificación razoada dos investimentos que é necesario acometer para conseguir eses obxectivos. Así mesmo, especificaranse os recursos técnicos necesarios para garantir a realización da operación e indicarase a localización exacta dos investimentos, en particular, cando se trate de investimentos en comercialización que se realizarán fóra de Galicia.

A iso engadirase unha relación desagregada e cuantificada dos investimentos en:

1.1. Urbanización: indicando dimensións, características, medicións, materiais e custos desagregados por unidades obra.

1.2. Construcións: indicando dimensións e características (distribución de superficies e destino destas, xustificación do dimensionamento), medicións, materiais e custos desagregados por unidades obra.

1.3. Instalacións: indicando dimensións e características, medicións, materiais e custos desagregados por unidades obra, para cada tipo de instalación (auga, electricidade, vapor, depuración e tratamento de residuos, frío, etc.).

1.4. Maquinaria e equipamentos: indicando para cada liña de produción as características técnicas de cada elemento, así como o seu custo.

1.5. Estudos, proxecto, dirección de obra e adquisición de patentes e licenzas: características e custos.

Incluirá, así mesmo, un resumo do orzamento previsto por accións.

Nos capítulos de edificios e construcións, instalacións e maquinaria indicarase a súa localización mediante os planos que se consideren necesarios. O dimensionamento e uso dos locais e superficies construídas deben xustificarse.

2. Planos.

Polo menos, os seguintes:

– Plano de situación e localización.

– Plano en que se especifiquen, se for o caso, as actuacións previstas en urbanización, delimitando con precisión as superficies de actuación.

– Plano xeral do conxunto de obras e instalacións básicas, antes e despois do investimento.

– Plano de distribución da maquinaria e outras instalacións, antes e despois do investimento.

– Planos cotados de seccións e alzados antes e despois do investimento.

3. Xustificación dos investimentos.

Para o investimento obxecto da axuda, xustificarase o custo previsto da seguinte forma:

– Urbanización, construcións e instalacións: factura pro forma ou orzamento da empresa construtora ou instaladora e desagregado por unidades obra.

– Maquinaria, equipamentos e outros conceptos: ofertas ou facturas pro forma dos subministradores.

Para todos os gastos incluídos na solicitude de axuda deberase solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo. As ofertas solicitadas para cada gasto deberán cumprir os seguintes requisitos:

– Deberán proceder de empresas que teñan como obxecto social –ou o epígrafe do imposto de actividades económicas no momento da emisión da oferta– a fabricación ou subministración dos bens ou servizos incluídos na oferta agás na compra de terreos e edificacións. Tamén serán admisibles as ofertas de empresas con páxinas web en que figuren referencias ao material ou servizo ofertado.

– Non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas nin co solicitante, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público.

– Deberán incluír como mínimo o NIF, nome e enderezo da empresa oferente, o nome ou razón social da empresa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados. Para que a descrición dos conceptos se considere detallada deberá incluír, no caso de obra civil e instalacións, a relación pormenorizada e cuantificada das unidades de obra que inclúe, no caso de subministración de maquinaria e equipamentos a súa marca, modelo e características técnicas e, no caso de prestación de servizos, a descrición detallada destes.

Non se considerarán admisibles as ofertas presentadas que non reúnan estes requisitos, o que poderá dar lugar á exclusión como subvencionable do gasto xustificado con esa oferta.

A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía e debe xustificarse expresamente nunha memoria a elección, baseada nos criterios sinalados, cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. No caso de non ser así, considerarase como importe máximo subvencionable para ese concepto o correspondente á proposta económica máis vantaxosa.

Excepcionalmente, no caso de conceptos subvencionables que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren, a moderación de custos poderá xustificarse alternativamente mediante un informe de taxador, perito ou dun organismo público autorizado en que se determine xustificadamente o seu valor de mercado.

Non se considerarán subvencionables os gastos en que non se xustifique a moderación de custos consonte os criterios e requisitos sinalados neste punto.

En todo caso, o solicitante presentará todas as ofertas solicitadas relativas aos investimentos que se van realizar, xunto cun cadro resumo asinado e que figura como anexo VII, no cal se indicarán para cada elemento as ofertas solicitadas, a oferta elixida, o criterio de elección e a xustificación, se for o caso, da elección da oferta económica distinta da máis vantaxosa.

4. Calendario de execución.

Indicarase o calendario de execución correspondente aos investimentos pagados para cada anualidade (ata o 30 de abril).

B. Información xeral, económica, financeira e social:

Constará, como mínimo, de:

1. Situación actual.

Descrición resumida de actividades desenvolvidas.

Indicar o tipo de empresa (micro empresa/pequena/mediana/non peme con menos de 750 empregados ou cuxo volume de negocios sexa inferior a 200 mill. €/non peme con 750 empregados ou máis e cuxo volume de negocios sexa igual ou superior a 200 mill. €) tal como se definen na Recomendación 2003/361/CE da Comisión (DO L 124, do 20.5.2003). Conforme iso, para a súa determinación terase en conta a súa facturación, balance (no caso de sociedades) e número de empregados, calculados, sen prexuízo do sinalado na Recomendación 2003/361/CE, da seguinte forma:

• Se a empresa non participa nin está participada en máis dun 25 % por outras empresas, os datos serán os da propia empresa.

• Se a empresa participa e/ou está participada en máis dun 25 % por outras empresas, os datos serán os das contas consolidadas do grupo empresarial ás cales se sumarán, se for o caso:

– Os datos das empresas en que participa e/ou polos que está participada en máis dun 50 % e non incluídas nas contas consolidadas.

– A parte proporcional (á participación) dos datos das empresas en que participa e/ou pola que está participada nun 25-50 % e non incluídas nas contas consolidadas.

• Se a empresa é de nova constitución, os datos que se consideren serán os previsionais.

• En todo caso, se a empresa participa e/ou está participada en máis dun 25 % por outras empresas, deben indicarse expresamente as empresas en que participa e/ou pola que está participada, así como as porcentaxes de participación e os datos de facturación, balance e número de empregados desas empresas. Deberá unirse, ademais, a copia das contas desas empresas presentadas no Rexistro Mercantil correspondentes ao último ano, agás no caso de que o solicitante se declare non peme.

– Indicar se se trata dunha entidade asociativa prioritaria recoñecida para o sector do viño, presentando certificado de inscrición no correspondente rexistro.

– No caso de asociacións diferentes a SAT ou cooperativas de produtores, participadas maioritariamente (máis do 50 %) por produtores dos produtos mencionados no anexo VII, parte II, do Regulamento 1308/2013 que sexan titulares de explotacións agrarias, deberase presentar a xustificación da inscrición das explotacións no Reaga. Neste caso debe, ademais, indicarse a relación de todos os socios da empresa coas súas porcentaxes de participación.

– Indicar se a empresa solicitante cumpre o decálogo para a sustentabilidade integral da industria agroalimentaria, presentando a inscrición na correspondente lista de adhesión do MAPA, se for o caso.

– Indicar se as instalacións do solicitante dispoñen dalgún tipo de certificación ambiental.

– Produción: descrición do proceso. Capacidade de produción (referirase á capacidade inscrita no Rexistro de Industrias Agrarias, de ser o caso). Instalacións e tecnoloxía dispoñible. Produtos vendidos: debe incluírse unha relación pormenorizada deles indicando tipos, cantidades e prezos de venda.

En caso de facturar produtos amparados por unha denominación de calidade recoñecida, indicar tipos, cantidades e prezos de venda. Debe xuntarse, ademais, certificado de inscrición do consello regulador correspondente, así como certificado do consello regulador sobre a produción declarada e a cantidade de viño verificado no último ano.

– Comercialización: indicar para cada tipo de produto os seus destinos e as principais canles de comercialización.

– Materias primas utilizadas: procedencia (produción propia ou adquisición a terceiros), relación con produtores. Indicar se a empresa ten implantados sistemas de pagamento de uva por calidade para a totalidade dos pagamentos como mínimo durante os tres anos anteriores á data de presentación da solicitude. Achegar, se for o caso, as normas de vendima aprobadas por acordo de asemblea, xunta reitora ou órganos da empresa.

– No caso de materia prima propia ou dos socios da empresa ou cooperativa, indicar cantidades e porcentaxe sobre o total de materias primas utilizadas. Ademais, no caso de que o solicitante vaia transformar a totalidade da produción de uva propia, este non deberá ter a titularidade dunha instalación de elaboración e deberá achegar a titularidade dun viñedo.

– Outros consumos do proceso produtivo, indicando os prezos de compra.

– Persoal: relación dos traballadores existentes por categorías laborais e o período de ocupación (días/ano). Custo total.

– Outros gastos de explotación: servizos, gastos financeiros, amortizacións, subministracións...

Xuntar balance e contas de resultados dos tres últimos anos. No caso de persoas físicas declaración da renda dos últimos tres anos. Se a empresa ten ou forma parte dun grupo empresarial, debe presentarse tamén o balance e contas consolidadas do último ano do grupo.

2. Situación tras o investimento.

– Indicar en que medida o investimento afectará a capacidade de produción, tecnoloxía utilizada, producións, materias primas utilizadas, relación con produtores, comercialización, persoal contratado. Realizarase unha análise comparativa tendo en conta a situación inicial presentada no punto 1 e a incidencia dos investimentos sobre as materias primas utilizadas e os produtos transformados/comercializados.

– No caso de proxectos innovadores recoñecidos no marco da Asociación Europea para a Innovación, debe indicarse expresamente e achegar certificado acreditativo da unidade responsable correspondente.

– No caso de novas industrias, indicar expresamente as previsións a curto prazo nas relacións cos produtores galegos (materias primas agrarias de procedencia galega, contratos escritos ou homologados previstos).

– Contas de explotación previsionais para os tres exercicios consecutivos desde o fin dos investimentos. Estimaranse as variacións previsibles como consecuencia dos investimentos e respecto da situación actual nos seguintes aspectos:

– Vendas: volume e estimación xustificada do prezo probable da venda.

– Custos: compras de materias primas.

– Gastos variables: persoal, subministracións e servizos, portes, etc.

– Previsión de balances (en sociedades) e contas de resultados para os próximos tres anos.

3. Financiamento dos investimentos.

Recursos propios. Subvencións. Créditos e préstamos, indicando a repartición dos distintos préstamos subscritos ou que se pretendan subscribir cos seus respectivos tipos de xuros e prazos en anos. Outras fontes de financiamento.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file