Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Luns, 21 de xaneiro de 2019 Páx. 3776

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2018, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se resolven as solicitudes de subvencións ao abeiro da Resolución do 12 de setembro de 2018 destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do IRPF, para o ano 2018 (SI452A).

Mediante Resolución do 12 de setembro de 2018, da Secretaría Xeral da Igualdade, establecéronse as bases reguladoras e convocáronse para o ano 2018 as subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas.

Segundo o artigo 16.1 das bases reguladoras, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva e de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións destas subvencións serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación.

Unha vez rematada a fase de instrución das solicitudes recibidas na Secretaría Xeral da Igualdade, avaliadas as solicitudes pola comisión de valoración prevista no artigo 13 das bases reguladoras, vista a proposta de resolución formulada polo órgano instrutor e tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder as subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, que se indican nos anexos I e II pola contía resultante, logo da aplicación do establecido nos artigos 5.d) e 13.2 das bases reguladoras, nas dúas liñas establecidas no artigo 5, e por un importe total de 457.067,82 euros, logo da ampliación de crédito realizada ao abeiro da Resolución do 20 de decembro, con cargo ás aplicacións orzamentarias que se indican a seguir:

Programa

Aplicación orzamentaria

Crédito total

Liña 1. Actuacións no ámbito da promoción da igualdade entre homes e mulleres.

05.11.313B.481.2

227.444,91

Liña 2. Accións de prevención e loita contra a violencia de xénero e apoio ás súas vítimas

05.11.313D.481.0

229.622,91

Total

457.067,82

Segundo. Excluír e declarar desistidas as solicitudes que se relacionan no anexo III, con indicación da causa específica, por non cumpriren algún dos requisitos establecidos nas referidas bases reguladoras, ou por non cumpriren o requisito de emenda e/ou achega dos documentos preceptivos no prazo establecido.

Terceiro. De acordo co establecido no artigo 17 das bases reguladoras, unha vez notificada a resolución de concesión, a entidade beneficiaria deberá comunicar no prazo de dez días (10) a súa aceptación, e comprometerse a executar o programa ou actuación subvencionada no prazo e nas condicións establecidas na convocatoria. No caso de non comunicar o dito aspecto no prazo indicado, entenderase tacitamente aceptada.

Cuarto. Segundo o artigo 3 das bases reguladoras, estas subvencións son compatibles con outras subvencións, axudas e ingresos ou recursos para a mesma finalidade procedentes de calquera outra Administración ou ente público ou privado, agás aquelas da mesma natureza que sexan outorgadas pola Administración xeral do Estado en virtude das súas competencias e sen prexuízo daqueles gastos que poidan ser imputables ás subvencións que se concedan nos respectivos ámbitos.

Non obstante, estas axudas son incompatibles para o mesmo programa, actuación ou actividade coas subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade convocadas anualmente pola Secretaría Xeral da Igualdade.

Quinto. De conformidade co artigo 22 das bases reguladoras, o pagamento realizarase dunha soa vez en concepto de anticipado, que se fará efectivo unha vez notificada a resolución de concesión e, en todo caso, na anualidade 2018.

Sexto. A data límite de presentación da documentación xustificativa da realización do programa subvencionado, de acordo co artigo 23 das bases reguladoras, é o 15 de febreiro de 2020.

As actuacións correspondentes aos programas subvencionados xustificaranse a través de conta xustificativa con achega de xustificantes de gasto ou a través de conta xustificativa con achega de informe de auditoría, e coa documentación xustificativa prevista nas bases reguladoras e segundo o establecido no artigo 23.

O período de referencia para o desenvolvemento do programa e para a imputación dos gastos subvencionables é o ano 2019, segundo o establecido no artigo 5.b).

Sétimo. As entidades beneficiarias deberán cumprir, en todo caso, cos requisitos e obrigas exixidos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como coas condicións e obrigas establecidas no artigo 21 das bases reguladoras e demais que resulten exixibles segundo a normativa de aplicación e, en particular, as seguintes:

a) Executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención e cumprir o seu obxectivo.

b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento da finalidade da subvención, a realización da actividade ou adopción do comportamento que fundamentou a súa concesión e o seu custo real, de acordo co establecido no artigo 23.

c) Destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos e realizar as actuacións que integran o proxecto subvencionado, segundo o estipulado no artigo 41 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

d) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan axiña como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

e) Consentir expresamente a inclusión dos datos relevantes da subvención nos rexistros públicos que proceda, conforme coa disposición adicional do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o exercicio 2006, e artigo 16 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

f) Conservar os documentos xustificativos orixinais da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

g) Someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar o órgano concedente e ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

h) Incorporar de forma visible no material de difusión dos programas subvencionados o seu financiamento público.

i) Ter subscrito unha póliza de seguro de accidentes e de enfermidade e de responsabilidade civil a favor do persoal voluntario que participe nos programas subvencionados conforme o previsto nos artigos 7.g) e 11.i) da Lei 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria.

j) Cumprir coa obriga de subministración de información nos termos establecidos no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

k) Calquera outra obriga imposta ás entidades beneficiarias na normativa estatal ou autonómica aplicable, así como nesta resolución.

Oitavo. Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a secretaria xeral da Igualdade, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao desta publicación, de conformidade co establecido nos artigos 112, 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao desta publicación, de acordo co establecido nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2018

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO I

Concesións de liña 1. Actuacións no ámbito da promoción da igualdade entre homes e mulleres

Nº expte.

Entidade solicitante

NIF

Puntos

Denominación do programa

Importe solicitado

Importe concesión

23

Cruz Roja Española

Q2866001G

85,75

Acollemento, atención e asesoramento

118.515,64

23.743,71

29

Agrupación de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, Lugo e Ourense

R1500053B

85,50

Promoción da saúde integral das mulleres en situación de vulnerabilidade

431.034,33

23.743,71

9

Fundación Mujeres

G80974702

85,00

Actívate creando empresas

60.535,69

18.996,94

14

Radio ECCA Fundación Canaria

G35103431

83,50

Muller avanza. Igualdade

28.479,37

8.779,51

20

Fundación Ronsel

G15752660

82,00

Xerentas: empoderamento da muller a través da promoción do autoemprego

59.098,28

17.891,30

12

Fundación Juan Soñador

G24452435

77,75

Itinerarios de empoderamento

75.000,00

21.528,56

34

Fundación Acción Contra el Hambre

G81164105

77,00

Vives Emprende

22.197,76

6.310,34

27

Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG)

G15068091

75,75

Empoderamento mulleres xordas

12.753,95

3.566,82

44

ONG Ecos do Sur

G15354483

74,50

Programa Olimpia

28.068,25

7.720,14

16

Fundación Secretariado Gitano

G83117374

73,50

Programa Calí

74.436,66

20.198,89

17

Fundación Érguete-Integración

G36861078

70,50

Achégate

21.871,43

5.692,72

37

Asociación pola Igualdade e a Coeducación (Apico)

G94088549

70,50

Charlas á mocidade para a eliminación de estereotipos de xénero. Mocidade=Igualdad. Apico no rural 2019

15.350,00

3.995,31

25

Red española de entidades por el empleo, Red Araña

G58579806

68,50

Mujer TIC

42.712,12

10.801,77

8

Acadar, Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia

G70223417

67,00

Aloumiño

27.463,09

6.793,25

30

Fundación Matrix, investigación y desarrollo sostenible

G36984367

66,50

Dalia

14.138,00

3.471,06

7

Fundación Amigos de Galicia

G15859911

64,50

Medrando en igualdade

52.200,00

12.430,35

53

Federación de Mulleres Rurais de Galicia, Fademur-Galicia

G70101647

64,00

Insírea Rural

53.923,69

12.741,27

2

Alume Saúde Mental

G27198977

58,00

Coñecendo a sexualidade das mulleres, promovendo a igualdade

7.000,00

1.498,92

35

Fundación de Solidaridad Amaranta

G84913946

53,50

Érguete muller-achegamento ao medio

14.318,28

2.828,12

5

Alar Galicia

G15775901

47,50

RexenéraTe

56.308,00

9.874,54

19

Asociación Educando en Familia

G27437581

45,00

Muller: «Educa en igualdade»

29.118,65

4.837,68

ANEXO II

Concesións de liña 2. Accións de prevención e loita contra a violencia de xénero e apoio ás súas vítimas

Nº expte.

Entidade solicitante

NIF

Puntos

Denominación do programa

Importe solicitado

Importe concesión

32

Médicos del Mundo

G79408852

90,00

Violencia contra as mulleres e atención

61.504,00

29.405,35

14

Radio ECCA Fundación Canaria

G35103431

83,50

Muller avanza. Violencia Xénero

26.344,45

11.685,74

29

Agrupación de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, Lugo e Ourense

R1500053B

82,50

Programa Clepsidra

129.176,00

35.857,84

24

Asociación Comisión Católica Española de Migración (ACCEM)

G79963237

80,00

Programa centralizado destinado a prover e mellorar os servizos de atención e protección integral das vítimas de trata con fins de explotación sexual e/ou persoas prostituídas

44.570,90

18.941,83

18

Asociación Amicos

G15747678

75,50

A discapacidade e o mal trato

50.651,04

20.314,95

44

ONG Ecos do Sur

G15354483

74,50

Programa Matriuska

46.931,72

18.573,90

37

Asociación pola igualdade e a coeducación (Apico)

G94088549

62,50

Difusión dos riscos da violencia

11.500,00

3.818,20

17

Fundación Érguete-Integración

G36861078

60,50

Súmate

9.304,76

2.990,48

45

Asociación Faraxa pola abolición da prostitución

G27728658

59,25

Iguala na diferenza en Galicia

31.108,03

9.791,32

25

Red española de entidades por el empleo, Red Araña

G58579806

58,50

Hiedra

30.603,32

9.510,53

30

Fundación Matrix, investigación y desarrollo sostenible

G36984367

56,50

Promuller

60.488,00

18.155,08

38

Asociación Xarela formación e animación

G32261307

55,75

SEFI

49.495,00

14.658,40

8

Acadar Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia

G70223417

55,00

VI07 Ver para erradicar

25.149,44

7.348,04

40

Aliad Ultreia

G27021120

49,25

Construíndo xuntos/as a igualdade

13.980,00

3.657,58

47

Centro sociocultural artístico e recreativo de Valladares

G36617082

46,50

De nós para nós mesmas

10.381,80

2.564,52

11

Asociación Mujeres en Igualdad de Burela (Bumei)

G27441153

46,00

Enténdote, colle a miña man!

37.500,00

9.163,67

49

Asociación Mirabal

G70312954

45,50

Atención integral e acompañamento

16.500,00

3.988,19

4

Asociación socio-educativa para la educación- ASEDUC

G70067830

45,00

Prevención do amor romántico

9.450,00

2.259,04

15

Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense

G32237869

45,00

Mundo en violeta

29.024,02

6.938,25

ANEXO III

Solicitudes denegadas e desistidas

Nº expte.

Entidade solicitante

CIF

Liña

Causas de denegación

1

Fundación integra para la discapacidad intelectual

G36880615

1

Non acreditar que está inscrita na área de igualdade do RUEPSS (art. 4.1.a).

3

Unión de asociaciones de mujeres autonómas y emprendedoras -UATAE Mujer

G86223153

1

Non acreditar que está inscrita na área de igualdade do RUEPSS (art. 4.1.a).

6

Instituto galego de xestión para o 3º sector- Igaxes

G15784978

1

Non acreditar que está inscrita na área de igualdade do RUEPSS (art. 4.1.a).

10

Asociación Otro tiempo

G85835908

1

Non acreditar que está inscrita na área de igualdade do RUEPSS (art. 4.1.a).

13

Fundación Anar

G80453731

2

Non acreditar que está inscrita na área de igualdade do RUEPSS (art. 4.1.a).

21

Asociación de mulleres en igualdade de Vigo

G27712306

1

Non acadan a puntuación mínima global (artigo 13)

22

Federación galega de redeiras artesas O Peirao

G15969868

1

Non acadan a puntuación mínima global (artigo 13)

26

Asociación de diagnosticadas de cáncer de mama (Adicam)

G36380301

1

Non acadan a puntuación mínima global (artigo 13)

28

Asociación Edeidades para a integración social e laboral da muller

G27431873

1

Non acadan a puntuación mínima global (artigo 13)

31

Fundación amigos de la barrera

G32321978

2

Non acreditar que está inscrita na área de igualdade do RUEPSS (art. 4.1.a).

33

Asociación ciudadana de lucha contra la droga «Alborada”»

G36624963

1

Non acreditar que está inscrita na área de igualdade do RUEPSS (art. 4.1.a).

35

Fundación de solidaridad Amaranta

G84913946

1

Non acadan a puntuación mínima global (artigo 13)

36

Asociación de empresarias de Galicia

G27826999

1

Non acadan a puntuación mínima global (artigo 13)

39

Fundación taller solidaridade

G83105783

1

Non acreditar que está inscrita na área de igualdade do RUEPSS (art. 4.1.a).

41

Asociación Antonio Noche

G15210388

1

Non presenta documentación completa e básica para a valoración do gasto elixible

42

Ayuda y atención al preso

G15414667

2

Non presenta documentación completa e básica para a valoración do gasto elixible

43

Federación española de mujeres directivas, ejecutivas, profesionales y empresarias (FEDEPE)

G80160211

1

Non acreditar que está inscrita na área de igualdade do RUEPSS (art. 4.1.a).

46

Asociación Érguete

G36642726

1

Non acadan a puntuación mínima global (artigo 13)

47

Centro socultural artístico e recreativo de Valladares

G36617082

1

Non acadan a puntuación mínima global (artigo 13)

48

Lares asociación: unión de residencias y servicios del sector solidario

G89963659

1

Non acreditar que está inscrita na área de igualdade do RUEPSS (art. 4.1.a).

50

Asociación de acción social, educación permanente y de servicios a la juventud y a la mujer Tempus

G15681000

1

Non responder ao requirimento

51

Crea- centro de recursos asociaciones y ayuntamientos

G98615115

1

Non acreditar que está inscrita na área de igualdade do RUEPSS (art. 4.1.a).

52

Natural Ardai: terapia, ocio y formación

G32456097

1,2

Non acreditar que está inscrita na área de igualdade do RUEPSS (art. 4.1.a).