Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) para a realización das actuacións: dinamización da rede galega de reservas de biosfera, rede galega de espazos naturais protexidos, exposicións itinerantes, exposicións no Castelo de Santa Cruz, reunión do Observatorio Galego de Educación Ambiental e Asesoramento e Documentación do Centro de Documentación Ambiental.
|
Elaboración completa do formulario da candidatura Illas Cíes-Parque Nacional das Illas Atlánticas para a inclusión na Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO segundo o modelo establecido no anexo 5 das directrices operativas para aplicar a Convención do Patrimonio Mundial.
|
29.11. 2018
|
56.000,00 €
|
Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a Fundación Oso Pardo para o desenvolvemento das actuacións previstas no proxecto LIFE16 NAT/ES/000573 Actions to favour cantabrian brown bear expansion to new territories in Serra do Courel (Galicia, Spain).
|
Addenda ao Convenio do 22 de novembro de 2017 que implica redistribución das cantidades asignadas, así como trasladar o importe destinado á execución da obra da edificación para o manexo e recuperación de oso pardo ao 2019.
|
24.10.2018
|
35.200,00 €
|
Acordo de resolución do acordo de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Axencia Turismo de Galicia para o financiamento da xestión no proxecto GERÊS-XURÉS_DINÁMICO aprobado na primeira convocatoria do programa INTERREG V-A ESPAÑA-PORTUGAL (POCTEP), cofinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
|
Resolver, por mutuo acordo o acordo de colaboración para o financiamento da xestión no proxecto Gerês_Xurés_Dinámico aprobado na primeira convocatoria do programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP), cofinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
|
23.11.2018
|
Sen achega económica da consellería
|
Proposta de liquidación do Convenio de colaboración entre o Ministerio de Medio Ambiente e a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, para o desenvolvemento do programa de posta en valor da rede de camiños naturais non motorizados de Galicia.
|
Liquidar o Convenio de colaboración entre o Ministerio de Medio Ambiente e a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, para o desenvolvemento do Programa de posta en valor da rede de camiños naturais non motorizados de Galicia.
|
11.12.2018
|
Sen achega económica da consellería
|
Addenda nº 1 ao Convenio de colaboración entre a extinta Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Padrón para a humanización interior do núcleo urbano de Padrón.
|
Modificación do contido da cláusula terceira –compromisos da Xunta de Galicia–, e a vixencia establecida na cláusula novena, co fin de axustar os importes das súas anualidades para unha adecuada execución dos compromisos establecidos no indicado acordo.
|
30.11. 2018
|
61.526,58 €
|
Addenda nº 4 ao Convenio de colaboración entre a extinta Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Melide para as obras de reforma e posta en valor do Cantón de San Roque e avda. de Lugo, camiño de Santiago.
|
Modificación do contido da cláusula terceira –compromisos da Xunta de Galicia–, e a vixencia establecida na cláusula novena, co fin de axustar os importes das súas anualidades para unha adecuada execución dos compromisos establecidos no indicado acordo.
|
30.11.2018
|
353.199,94 €
|
Addenda nº 3 ao Convenio de colaboración entre a extinta Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Miño para o equipamento multideportivo na Galea fase II A Regueira.
|
Modificación do contido da cláusula terceira –compromisos da Xunta de Galicia–, e a vixencia establecida na cláusula novena, co fin de axustar os importes das súas anualidades para unha adecuada execución dos compromisos establecidos no indicado acordo.
|
15.11.2018
|
378.722,19 €
|
Addenda nº 1 ao Convenio de colaboración entre a extinta Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Ribeira para as obras de acondicionamento e dotación de servizos na avenida da Coruña en Ribeira (treito comprendido entre os números 109 e 123 na súa marxe esquerda).
|
Modificación do contido da cláusula terceira –compromisos da Xunta de Galicia–, e a vixencia establecida na cláusula novena, co fin de axustar os importes das súas anualidades para unha adecuada execución dos compromisos establecidos no indicado acordo.
|
27.12.2018
|
45.443,54 €
|
Addenda nº 1 ao Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da extinta Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, e o Concello de Lugo para dotar de equipamento escénico o auditorio de Lugo.
|
Modificación do contido do punto 1 da cláusula terceira –compromisos da Xunta de Galicia, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos no indicado acordo.
|
21.11.2018
|
3.730.717,46 €
|
Addenda nº 1 ao Convenio de colaboración entre a extinta Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Ourense para as obras de reforma e adaptación da Alameda da Ponte en Ourense.
|
Modificación do contido da cláusula terceira –compromisos da Xunta de Galicia–, e a vixencia establecida na cláusula décima, co fin de axustar os importes das súas anualidades para unha adecuada execución dos compromisos establecidos no indicado acordo.
|
19.11.2018
|
203.837,93 €
|
Addenda nº 5 ao Convenio entre a extinta Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes e o Concello de Ourense para financiamento da redacción da revisión do Plan xeral de ordenación municipal do concello de Ourense.
|
Modificación do punto 1 da cláusula segunda do convenio e a vixencia establecida na cláusula sétima.
|
14.12.2018
|
522.000,00 €
|
Addenda nº 5 ao Convenio entre a extinta Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Baiona para a Actuación no contorno da praza Victoria Cadaval e no tramo da rúa Julián Valverde, desde o cruzamento coa rúa José Pereira Troncoso ata a rúa Porta do Sol enmarcada na fase II do concurso de ideas «Humanización da travesía interior de Sabarís en Baiona».
|
Modificación do contido da cláusula terceira –compromisos da Xunta de Galicia–, e a vixencia establecida na cláusula oitava, co fin de axustar os importes das súas anualidades para unha adecuada execución dos compromisos establecidos no indicado acordo.
|
7.12.2018
|
1.166.102,73 €
|
Addenda nº 1 ao Convenio de colaboración entre la extinta Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Vigo para o financiamento da continuidade nos traballos de redacción da revisión do Plan xeral de ordenación municipal do concello de Vigo.
|
Modificación do contido da cláusula primeira. Obxecto, cláusula segunda. Compromisos da Xunta de Galicia, cláusula terceira. Compromisos do concello de Vigo e cláusula cuarta. Procedemento de xestión, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos.
|
19.12.2018
|
1.028.500 €
|
Acordo de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia, para o desenvolvemento de actuacións de cálculo intensivo dos modelos numéricos para o servizo de predición meteorolóxica de Galicia.
|
Colaboración para o desenvolvemento de actuacións de cálculo intensivo dos modelos numéricos para o servizo de predición meteorolóxica de Galicia.
|
27.12.2018
|
34.629 € mensuais
|